Escolas infantis

Consellería Traballo e Benestar. Abre nunha nova ventá

Últimas novas

(10/05/2012)» Os nenos e nenas da Escola Infantil Fonte da Balsa foron de excursión á GRANXA-ESCOLA de BELELLE

Os nenos e nenas da Escola Infantil Fonte da Balsa foron de excursión á GRANXA-ESCOLA de BELELLE
Última actualización: 10/05/2012

Os nenos e nenas da aula dos “terrícolas” da Escola Infantil Fonte da Balsa, realizaron unha excursión moi especial á granxa-escola de Belelle (Neda A Coruña), na cal puideron ver e tocar in situ a moitos animais típicos de granxa...

[Ler máis]


(08/05/2012)» Obradoiro de “monicreques de pau” na Escola Infantil da Illa de Arousa

Obradoiro de “monicreques de pau” na Escola Infantil da Illa de Arousa
Última actualización: 08/05/2012

Na aula do “Rato Paco” da Escola Infantil da Ila de Arousa, realizaron un obradoiro moi interesante sobre a creación de monicreques empregando garfos e culleres de pau. Para o cal empregaron materiais reciclados, tales coma: botóns, la, teas…

[Ler máis]


(08/05/2012)» OBSERVAR: ALGO MÁIS QUE MIRAR

OBSERVAR: ALGO MÁIS QUE MIRAR
Última actualización: 08/05/2012

Entre as profesionais e os profesionais da Educación Infantil, é acordado e unánime falar sobre valores educativos como a liberdade, autonomía, diversidade, complexidade… Pero tamén é certo que existen distancias entre, o decidir, o facer, o crer e o sentir. Distancias que marcan a diferenza entre unha actitude educativa coherente ou incoherente. Estes abismos sempre se dan, pero o importante é tomar consciencia sobre eles para intentar acurtar as distancias...

[Ler máis]


(04/05/2012)» Na Escola Infantil de Betanzos realizan unha sesión de psicomotricidade

Na Escola Infantil de Betanzos realizan unha sesión de psicomotricidade
Última actualización: 04/05/2012

Na aula dos “reloxos” da Escola Infantil de Betanzos realizaron unha sesión moi divertida e movida de psicomotricidade para manterse en plena forma...

[Ler máis]


(03/05/2012)» Unha animalada de semana, na Escola Infantil de As Landras (Carballo)

Unha animalada de semana, na Escola Infantil de As Landras (Carballo)
Última actualización: 03/05/2012

Fai uns días na Escola Infantil de As Landras de Carballo, tiveron unhas visitas moi especiais, xa que algúns dos compañeiros trouxeron as súas mascotas: gozaron por tanto dunha “animalada de semana”.

[Ler máis]


(03/05/2012)» Celebracións do “maio”, na Escola infantil de Bueu

Celebracións do “maio”, na Escola infantil de Bueu
Última actualización: 03/05/2012

O pasado venres na Escola Infantil de Bueu tiveron unha celebración moi especial: a chegada dos maios. Para elo contaron coa colaboración das familias que se encargaron de traer o material necesario: flores, fiuncho, xestas… co que face un precioso “maio”...

[Ler máis]


(30/04/2012)» Cando ler é mirar e escoitar

Cando ler é mirar e escoitar
Última actualización: 30/04/2012

Contar contos é unha actividade moi gratificante, non só para quen escoita senón tamén para quen narra. Dende as nosas escolas podemos e debemos aproveitar o gran interese que amosan as crianzas cara os contos e así favorecer a paixón pola lectura.

[Ler máis]