Escrito por acanteira, o 14 Maio 2012 15:16

Queridas familias:

Dado que a cámara de fotos da escola se averiou, non poderemos seguir publicando fotos, aínda que si é posible que publiquemos algunhas máis que foran sacadas antes deste mes de maio.

Desculpade as molestias.

Atte. O equipo educativo.

Listas provisionais de admitidos e excluídos nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio para o curso 2012/2013

Escrito por acanteira, o 14 Maio 2012 11:45

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas provisionais de admitidos/as e de lista de agarda nas escolas do Consorcio para o curso 2012-2013, establecéndose un prazo de reclamacións de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación.
Nota: As listas provisionais non outorgan dereito a praza xa que poden sufrir modificacións durante o periodo de reclamacións.
As listas definitivas publicaranse o vindeiro 11 de xuño.

LISTAS

MENU MAIO

Escrito por acanteira, o 30 Abril 2012 14:11

click na imaxe para agranadr

aprendemos cousiñas do corpo!

Escrito por acanteira, o 17 Abril 2012 11:40

As aulas do nivel III aprendemos un montón de cousas relacionadas co noso corpo e tamén co corpo dos animais. O colofón final a este centro de interese foi a saída ó Acuarium pero levabamos tempo traballando na escola e experimentando co noso corpo. Aquí vos deixamos unha mostra do que estivemos a facer durante o mes de marzo.

Grazas pola colaboración familias!

¿Qué facemos o longo do día na sala do Polo Pepe e da Porca Clea?

Escrito por acanteira, o 11 Abril 2012 10:14

Como todos os días os que mais  madrugamos esperamos aos compañeiros e compañeiras xogando pola aula; hoxe subimos e baixamos do coche e o cabalo, sentámonos na alfombra a encaixar tapóns e aneis de cortina nos buratos das caixas…

2.

O cú sento na alfombra que imos contar

Un conto moi bonito que a todos vai gustar

Espertamos as orellas hai moito que escoitar

Pechamos a boquiña non debemos molestar

Xa recoñecemos que é o momento de achegarse a alfombra e escoitar o conto, hoxe imos contar a historia da Porca Clea e o polo Pepe, que sin dúbida algunha son os nosos preferidos.

3. Ao rematar o encontro estamos saíndo ao estanque para facer a actividade da mañá; algúns xa imos camiñando e outros gatexando con moita rapidez.

4.!Qué divertida a sorpresa que nos estaba esperando…! descubrimos luces de cores e perseguimos a luz da lanterna pola parede. Que difícil era collela coa man!

5. Unha galleta son xa veras que boa estou con azucre fariña ovo e mel medrarei e medrarei.

Este é un momento de tranquilidade para disfrutar todas e todos xuntos na colchoneta; dependendo do día comemos paíños, galletas ou froita…hoxe puxémonos as botas coas galletas.

6. Ao chegar a aula e antes de ir durmir repoñemos forzas tomando un pouco de auga…; como agora xa somos un pouco mais maiores  empregamos os vasos sen tetina.


7. E despois de tanta actividade necesitamos un momento para descansar un pouquiño

8. Xantamos para repoñer forzas. !Algúns amigos xa sentan na mesa!

9. Imos asearnos e a durmir unha boa e ben merecida sesta, mentres algúns amigos marchan

10.  A medida que imos espertando, saímos ao estanque para realizar a actividade da tarde. ! Qué divertido!

11.!Listos para merendar!

12. Aseámonos e xogamos na aula ata que nos veñen a buscar e así acabamos este día tan divertido. Ata mañán

VISITA Ó ACUARIUM

Escrito por acanteira, o 4 Abril 2012 12:48

Que ben o pasamos! O pasado 23 de marzo os nenos, nenas, familias e profes do nivel III saímos da escola para ir visitar os peixes! Encantounos ir en autobús, que grande! chegar ó acuario e ver que había tantas cousas: focas, peixes, quenllas, estrelas…. Toda unha aventura!

Dende a escola queremos agradecer ás familias a colaboración prestada, sen vós non sería posible, e especialmente á ANPA, por organizar esta excursión tan divertida! GRAZAS

MENÚ ABRIL

Escrito por acanteira, o 2 Abril 2012 08:26

click na imaxe para ampliar

A PRIMAVERA CHEGOU Á CANTEIRA!!!

Escrito por acanteira, o 22 Marzo 2012 16:00

Coa chegada desta nova estación, @s ratiñ@s e @s coelliñ@s do Nivel II saímos a pasear polo xardín da nosa escola para recoller flores silvestres.

E no xardín pequeno tamén pasámolo moi ben coas flores que trouxemos das nosas casas: observámolas, manipulámolas, ulímolas e como non, xogamos con elas!!!

Graciñas familias polas vosas aportacións florais!!! 

ASÍ NOS RELAXAMOS @S COELLIÑ@S E @S RATIÑ@S

Escrito por acanteira, o 20 Marzo 2012 13:58

Bos días a tod@s!

@s coelliñ@s e @s ratiñ@s xa comezamos coas sesións de relaxación antes do xantar. Unhas veces facemos xogos de respiración e outras veces deitámonos a escoitar música relaxante…

Moitas gracias familias por colaborar con eses coxíns tan bonitos e tan cómodos.

Ata outra!

MENÚ MARZO

Escrito por acanteira, o 9 Marzo 2012 12:37

click na imaxe para agrandar