A VISITA DA SEÑORA DO OUTONO

Este martes tivemos unha agradable sorpresa: a Señora do Outono fíxonos unha visita para convidarnos á festa do magosto que celebraremos este venres.

Ademais da invitación, a Señora do Outono veu acompañada de cancións do outono e de follas que voaban por todas partes…

Xa o di o refrán:

“As mellores visitas, son as inesperadas”!