o outono no nivel III
Que ben o pasamos este tempo descubrindo todo o que ocorre no noso entorno: caen as follas, aparecen as castañas e as landras, as noces, os cogumelos… Experimentamos con todo o que nos poñen ó noso alcance… Tamén seguimos traballando coa profe de horto, cociñamos…e por suposto avanzamos na autonomía.
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración:
Ata a próxima! Aquí seguiremos traballando e aprendendo máis e máis cousiñas!!