os bebés coñecen o outono

Mirade cantas cousiñas fixemos no noso primeiro outono. Somos uns bebés moi espelidos!

Pasámolo moi ben xogando con cabazas, castañas, landras, espigas de millo, pinas e follas secas. Algunhas cousiñas pican un pouco pero non nos importa. Así coñecemos o mundo, explorando.

Teñen un montón de cores e texturas que nos dan moito traballo, xa que temos que probalo todo.

Esperemos seguir disfrutando das cousas que nos ofrece a natureza xa que son sempre sorprendentes e moi divertidas.

Ata pronto! Xa seguiremos contándovos todo o que facemos.