@S RATIÑ@S E @S COELLIÑ@S NO OUTONO

Coa chegada do outono caeron as follas, as castañas saíron dos ourizos e naceron as mazorcas, as noces, as landras, as granadas… Así que aproveitamos todos estes elementos naturais para aprender, xogar e disfrutar!

Descubrimos e manipulamos follas secas e mazorcas…

Descubrimos e coñecemos as castañas…

Traballamos a psicomotricidade fina intentando quitarlle a monda ás castañas cocidas para comelas no almorzo de media mañá.

E tamén descubrimos os sentidos da vista e do gusto pintando castañas xigantes e saboreando a choco-pintura.

Bueno familias, nós seguimos por aquí traballando duramente…

Ata a próxima!