CADRO PRIMAVERAL

Escrito por laura_arousa, o 18 Maio 2012 08:41

Na aula dos máis pequenos/as, como nos encanta pintar, fixemos un cadro primaveral cunhas cores moi chamativas. Aquí temos a Blanca facendo a súa gran creación artística.

Mateo, que preferia usar mellor as mans que o pincel para deixar voar a súa imaxinación…

Adriana parecía toda unha profesional, collía o pincel con moita precisión.

Alex, para non perder o tempo prefería usar as dúas mans, unha para pintar e a outra para coller o pincel.

Olaia, antes de comezar a pintar sempre ten que probar a pintura, seguro que é polas súas cores chamativas.

Christian comezou pintándose a frente, como bo artista, e despois púxose a traballar.

E por último Xoel, concentradísimo e con moito entusiamo, parece un pintor de verdade.

MONICREQUES DE CALCETÍN

Escrito por laura_arousa, o 17 Maio 2012 08:31

Na aula do “Rato Paco”, elaboramos monicreques con calcetíns e materiais reciclados (botóns, la, pegatinas…).

Comezamos presentando os diferentes materiais que empregamos na actividade.

Manipulámolos e empregámolos, na medida do posible.

Cada neno/a tiña o seu calcetín, e comezamos a decoralos poñéndolle pegatinas.

Gustábanos xogar con eles, e poñelos nas nosas mans.

Decidimos facer as personaxes do conto de “O coelliño Branco”, así deste xeito, poderíamos representalo.

Puxémoslle nariz, boca, ollos…

Gustounos descubrir que ademais de para poñer nos pés, os calcetíns tamén serven para facer monicreques.

Unha vez rematados, xogamos cos monicreques e foi moi divertido.

Quedaron todos estupendos! Ahora ven o momento de representar o conto!

EXPOSICIÓN DAS ALFOMBRAS FLORAIS

Escrito por laura_arousa, o 16 Maio 2012 08:09

E despois de todo o traballo feito por tódolos nenos e nenas da escola, este foi o resultado, unha gran exposicón feita no corredor da escola. Temos a “Cebra Camila”.

A alfombra da “Eiruga larpeira”:

Temos que decir que durante o tempo que durou a exposicón a escola tiña un cheiro impresionate…

Aquí temos a alfombra do “Rato Paco”.

E por último, a de “Onde perdeu Lúa a risa”.

ALFOMBRAS FLORAIS II

Escrito por laura_arousa, o 15 Maio 2012 08:23

Na aula “Onde perdeu Lúa a risa” tamén fixeron unha alfombra floral ben fermosa.

Cubrimos cada recunchiño de debuxo con flores e con herbas.

Os brazos, as pernas, a barriga… que será o noso debuxo?

Como xa somos moi maiores, fixemos cada movemento con moito coidado e precisión para que quedara moi ben.

Tamén empregamos café e sales pintadas de diferentes cores.

E pouco a pouco o noso debuxo iba collendo forma…

E pronto nos demos conta de que se trataba da “Cebra Camila”, un dos contos que máis nos gusta.

Aquí temos a irmán de Olaia, que nos axudou moitísimo, así como a súa nai e o pai de Vera e Lucas.

E aquí está o resultado, xa esta listo para a exposición.

ALFOMBRAS FLORAIS I

Escrito por laura_arousa, o 14 Maio 2012 08:56

Na aula do “Rato Paco” tamén fixemos a nosa alfombra de flores.

Encantounos sacarlle os pétalos as flores, porque eran moi bonitas e cheiraban moi ben…

Despois fómolas agrupando por diferentes cores…

Para despois comezar a elaborar a alfombra, enchendo tódolos ocos con café, pétalos, sales..

Que cheiro máis rico tiñamos na escola! E pouco a pouco foi collendo a forma de rato Paco.

E aquí temos o resultado. Damoslle as gracias a nai de Alén, María, e o pai de Xiao, Antonio, polo seu traballo e organización.

ALFOMBRAS FLORAIS

Escrito por laura_arousa, o 11 Maio 2012 08:47

E coa Semana Santa chegaron as alfombras florais, organizadas pola ANPA da ecola.

Comezamos manipulando as flores e quitándolle os pétalos…

Despois xuntábamos as flores dependendo da súa cor.

Tamén pintamos sales con xices de diferentes cores.

Logo tocounos explorar o café, que tamén usariamos para a creación da alfombra.

E coas flores, o sal e o café fomos recheando a nosa alfombra floral…

Puxemos a cara de sales de cores, o corpo con diferentes pétalos de flores, botámoslle herba…

E pouco a pouco a nosa alfombra foi collendo forma, e como podedes ver tratábase da eiruga larpeira.

Vaia obra de arte, quedounos espectacular. Temos que agradecerlle o seu traballo a toda a Anpa e en especial a Paula, a mamá de Vera e Lucas, polo seu traballo e compromiso.

ANIVERSARIO DE XOEL

Escrito por laura_arousa, o 10 Maio 2012 08:31

E na aula da “Cebra Camila” seguimos festexando aniversarios. Esta vez tocoulle cumprir o seu primeiro ano a Xoel.

Non lle gustaba moito a idea de ter a coroa na cabeza, pero estaba encantado de que os seus compañeiros/as formaran parte de festa.

Sopramos a vela, e encantadísimos puxemonos a comer o pastel.

Todos comemos un anaquiño, e ata repetimos.

E como a Olaia lle gustaba moito, Xoel animouse a darlle un trociño.

E aquí temos a mamá de Xoel, que non quixo perderse a troula. Parabéns!

l

VISITA DA AUTORA DE MALA MALONA

Escrito por laura_arousa, o 9 Maio 2012 08:22

E despois de facer a representación do conto de “Mala Malona tiña tal… rabo”, recibimos a visata da súa escritora Cristina F.

Que nos fixo unha fermosa exposición cos seus contos.

Tamén podíamos ver as diferentes ilustracións que forman parte das historias de Mala Malona.

Este espazo foi moi ben acollido polas crianzas, xa que era moi accesible e podían desfrutar dos contos en calquera momento.

Moitas grazas Cristina F. pola túa visita e polo agasallo que nos deixaches na escola.

MALA MALONA CON MONICREQUES DE PAU

Escrito por laura_arousa, o 8 Maio 2012 08:32

Despois de facer os monicreques de pau do conto de Mala Malona, fixemos unha pequena obra de teatro para representalo.

Puxémonos ben cómodos, e esperamos impacientes para ver a actuación.

Toda a escola estaba invitada…

E Fany mostrounos as súas dotes de actriz protagonista na representación.

Que foi axudada por tódolos nenos/as, xa que se sabían todo o conto enteiriño.

As caras de ledicia demostran o ben que o pasamos, e canto nos gustan os contos.

Dámoslle as grazas a clase do Rato Paco e en especial a Fany polo seu traballo. Repetiremos a experiencia!

ELABORACIÓN DE MONICREQUES DE PAU

Escrito por laura_arousa, o 7 Maio 2012 08:38

Na aula do “Rato Paco” traballamos como centro de interese a creación de monicreques feitos con garfos e culleres de pau.

Os cales serán elaborados con materiais reciclados: botóns, la, teas…

Comenzamos pintando os garfos e as culleres con pintura de dedos.

Despois decorámolos cos diferentes materiais de refugallo…

Puxémoslle ollos, boca, pelo… quedaron moi bonitos!

Unha vez rematados, representamos o conto de “Mala malona tiña tal rabo”, que foi todo un éxito.

DOCE E AMARGO

Escrito por laura_arousa, o 4 Maio 2012 08:12

Na aula da “Cebra Camila” descubrimos o doce que é a laranxa e o amargo que é o limón.

Comezamos manipulando as dúas froitas por fora, tocando a súa pel.

Despois mondámolas para descubrir como era o seu interior…

E como non, probámolas e disfrutamos cos novos sabores…

Aínda que o sabor amargo do limón non foi de agrado para nós, como vemos nas nosas caras.

MENÚS DE MAIO

Escrito por david_arousa, o 3 Maio 2012 14:12

Xa están dispoñibles no blogue os menús do mes de maio:

menu-xeral-maio12

Aquí tedes o de bebés:

menu-bebes-maio121

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

Escrito por laura_arousa, o 30 Abril 2012 08:23

Gozamos correndo, saltando, movéndonos, trepando, gateando…

E como non facendo os circuítos de psicomotricide.

Cada vez facémolos máis difíciles…

E xa casi sabemos subir sós as escaleiras.

Pero unha das cousas onde máis disfrutamos é no túnel. Encántanos recorrelo.

OBRADOIRO DE TEAS

Escrito por laura_arousa, o 26 Abril 2012 08:25

Na aula da “Cebra camila” fixemos un obradoiro con diferentes tipos de teas de distintas texturas, cores, formas, tamaños…

Encantábanos xogar con elas, sobre todo a taparnos a cara e a escondernos.

Usámolas para poñernos ben guapos/as como bufandas e fulares.

Descubrimos novas teas como: angora, terciopelo, franela, seda, lana, paño, gasa…

Foi moi divertido, repetiremos con moita máis variedade e máis colorido.

VÍDEOS: XOGANDO CO PAPEL TRITURADO

Escrito por laura_arousa, o 25 Abril 2012 11:11

Aquí vos deixamos uns vídeos da actividade do papel triturado.

papeltriturado1

Mirade que ben o pasaron.

papeltriturado

XOGANDO CO PAPEL TRITURADO

Escrito por laura_arousa, o 25 Abril 2012 08:38

Na aula da “Eiruga larpeira” manipulamos e xogamos co papel triturado.

Encantábanos lanzalo ó aire…

Botalo pola cabeza, así como por encima dos nosos amigos/as!

Meternos por debaixo, lanzalo moi alto, xogar a que fora chuvia…

E sobre todo escondernos e xogar a buscarnos.

PINTANDO COS PÉS

Escrito por laura_arousa, o 24 Abril 2012 08:56

Como nos encanta pintar, decidimos cambiar a forma de facelo e empregar os pés.

A experiencia foi moi boa, aínda que ó principio a nova textura nos daba un pouco de grima…

Pero cando lle fomos collendo o gusto, non deixamos nin un oco baleiro.

E o resultado foi un impresionante mural cheo de colorido e de pegadas.

O LABIRINTO DO RATO PACO

Escrito por laura_arousa, o 23 Abril 2012 08:57

Na aula do “Rato Paco” fixemos un labirinto onde poder xogar e pasalo ben, construído con diferentes materiais de refugallo.

Comezamos pintando as caixas con pinturas moi chamativas empregando os pinceis.

Todos/as participamos con moito gusto e entusiasmo para que quedara ben bonito.

O resultado foi espectacular,un precioso labirinto onde divertirnos e xogar cos compañeiros/as.

Como pequenos/as ratiños/as que somos pasámolo moi ben co noso novo xoguete.

O COMEDOR DA EIRUGA LARPEIRA

Escrito por laura_arousa, o 21 Abril 2012 08:41

Na “Eiruga larpeira” disfrutamos moito do momento do comedor. Encántanos toda a comida, e como non a pasta.

Saboreamos e degustamos, usando a culler e o garfo.

E cando temos moita fame tamén usamos as mans.

Como nos gusta comer cos nosos/as amigos/as!

ANIVERSARIO DE OLAIA

Escrito por laura_arousa, o 20 Abril 2012 08:48

Na aula da “Cebra Camila” seguimos de celebración. Esta vez tocoulle a Olaia cumprir o seu primeiro aniño, e convidamos á clase da “Eiruga larpeira”.

Mirade que biscoito tan espectacular! Ten forma de oso.

Olaia estaba asombrada ca vela, a súa cara o demostra.

E despois a camelo, que está moi delicioso!

A todos/as nos gustou moito, e repetimos ata rematalo todo.

Como disfrutou do seu día, parabéns Olaia!

ANIVERSARIO DE CHRISTIAN

Escrito por laura_arousa, o 19 Abril 2012 08:59

Na aula da “Cebra Camila” celebramos o primeiro aniversario de Christian. Estaba moi contento, aínda que o de ter a coroa na cabeza non lle gustaba moito.

O que lle encantou foi a vela prendida, e a súa cara de sorpresa cando se apagou e comezou a botar fume…

E despois a comer o biscoito… e a desfrutar dos novos sabores que nos encantan.

E a repartir entre os/as compañeiors/as que estaban encantados.

Christian emocionouse comendo biscoito, como lle gustaba! Parabéns Christian!

kkñ

ANIVERSARIO DE HÉCTOR

Escrito por laura_arousa, o 18 Abril 2012 08:12

Héctor xa cumpreu 2 anos, e para celebralo organizamos unha festa por todo o alto.

Pasámolo moi ben comendo bizcoito e tomando zume.

Aquí temos unha foto para o recordo, cas profes Fanny e Pili.

E despois a bailar con tódolos compañeiros/as.

Que ben o pasamos! Como gozamos ca música, sobre todo o anfitrión que vemos en tódalas fotos.

Parabéns Héctor!

UNHA SESIÓN DE MÚSICA

Escrito por laura_arousa, o 17 Abril 2012 08:18

Como bos festeiros que somos, encántanos a música, tanto escoitar as creacións dos demais como as nosas propias.

E cada vez que temos unha sesión de música gozamos como auténticos artistas.

Só fai falta ver a nosa cara de felicidade cando temos na man un instrumento.

E a concentración ca que tocamos, somos verdadeiros profesionais.

COMADRES E COMPADRES NO RATO PACO

Escrito por laura_arousa, o 16 Abril 2012 08:49

Os días de Entroido foron de moita troula en toda a escola, e como non na aula do “Rato Paco”.

Vestímonos moi guapos/as para a gran festa, xa que na Illa de Arousa son días de moita celebración.

Disfrazámonos de homes e de mulleres, e estábamos encantados.

Disfraces, maquillaxe e moita música!

E o ben que o pasamos no entrido, somos moi festeiros!

DISFRAZÁMONOS NO RATO PACO

Escrito por laura_arousa, o 13 Abril 2012 07:59

Na aula do “Rato Paco” viñemos disfrazados das nosas casas para festexar o entroido.

Sabela veu de sevillana, Gael de indio, Rafa de león, Breogán de surfeiro e Brais de pastorciño.

Aquí temos a Marta vestida de irlandesa e a Raysa de gatiña.

E por último a foto de todo o grupo ca profe Fany.

A CAIXA MÁXICA

Escrito por laura_arousa, o 12 Abril 2012 08:25

Na aula do “Rato Paco” tivemos unha gran sorpresa…

Recibimos a caixa máxica, e nela encontramos moitos agasallos…

Un bote para facer burbullas de xabón! Foi moi divertido, nos tamén probamos a soprar.

E unha fantástica caixa con láminas de alimentos!

Cantas cousas novas descubrimos!

UNHA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NA AULA DO RATO PACO

Escrito por laura_arousa, o 11 Abril 2012 08:18

Na aula do rato Paco fixemos unha sesión de psicomotricidade, na que nos divertimos moitísimo.

Algo que nos gustou moitísimo foi o túnel, mirade a cara de Uxía.

Subimos, baixamos, saltamos, chocamos, reptamos…

Canto exercicio fixemos!

MURAL DA PAZ NA AULA DO RATO PACO

Escrito por laura_arousa, o 10 Abril 2012 08:06

Na aula do “Rato Paco”, fixemos un gran mural para celebrar o día da Paz.

Pintamos con pinceis e pinturas de moitos cores.

E despois fixemos as pegadas das nosas mans…

Xuntándoas todas para formar unha palabra ben fermosa: PAZ

E o resultado foi un gran mural para o noso corredor.

SESIÓN DO CESTO DOS TESOUROS

Escrito por laura_arousa, o 9 Abril 2012 08:53

As nenas e os nenos da aula da “Cebra Camila” temos un grande afán por experimentar e descubrir novas experiencias e sensacións.

Por iso nos propuxemos facer a actividade do cesto dos tesouros.

Trátase dunha actividade lúdica na que as crianzas aprendemos por nós mesmas, con materiais e obxectos da vida cotiá.

O xogo consiste en que nos sentemos ao redor dun cesto de mimbre cuns 50 ou 60 0bxectos que buscan despertar ao máximo os nosos sentidos e os manipulamos con total liberdade, aínda que baixo a supervisión das profes.

Esta actividade facémola tódalas semanas, polo que xa iremos vendo diferentes fotos das sesións.

MENÚS DO MES DE ABRIL

Escrito por david_arousa, o 7 Abril 2012 08:57

Aquí tedes o menú dos bebés:

menu-xeral-abril12

E a continuación o menú xeral:

menu-bebes-abril12

ANIVERSARIO DE BLANCA

Escrito por laura_arousa, o 6 Abril 2012 08:55

Xa chegaron os aniversarios á aula de “A cebra Camila”, e a primeira foi Blanca, cumprindo o seu primeiro aniño.

Púxolle moita emoción para soprar a vela, aínda que estaba un pouco asustada coa coroa na cabeza e con tanto alboroto.

Viñeron os nenos/as da clase de “A eiruga larpeira” a celebrar a festa con nós, polo que quedamos encantados.

Este foi o primeiro pastel que comemos na clase dos bebés, pero aínda nos quedan moitos aniversarios por celebrar.

Comemos un anaquiño con moito gusto!

E despois de comer o biscoito fixemos un pouco de exercicio para mover o corpo…

Aquí temos a nosa foto de recordo de todo o grupo da festa de aniversario de Blanca. Parabéns!

ANIVERSARIO DE ALÉN

Escrito por laura_arousa, o 5 Abril 2012 08:28

E despois do aniversario de Diego e de Nicole, chegou o de Alén. Foi unha festa de auténtico glamur, vestidos para a gran celebración.

Alén estaba moi contento e emocionado esperando a chegada do pastel.

Comemos o pastel e gozamos da compañía dos amigos/as e das profesoras.

Pero antes Alén soprou as dúas velas… con algunha pequena axuda.

E despois baile e moita troula! Os nenos/as da aula de “O raro Paco” son moi festeiros!

E o pobre Alén quedou ben cansadiño despois de tanta celebración, e que mellor que recuperarse cun bo descanso sentado no sofá. Parabéns Alén!

XA COMEMOS ENTEIRO!

Escrito por laura_arousa, o 4 Abril 2012 08:26

Os maiores da aula dos bebés xa empezamos a comer comida enteira. A verdade é que lles gustou moito probar os alimentos sin bater, así como usar o garfo para coller a comida. Christian parecía todo un experto.

Blanca, o seu primeiro día foi máis observadora, aínda que tamén se animou a coller o garfo e probar as novas texturas disfrutando da novidade.

Por outra banda Olaia disfrutou moitísimo. Comeu as patacas e o peixe, e ata se animou coas xudías. E todo o que probaba lle gustaba. Canto gozamos comendo!

ANIVERSARIO DE NICOLE

Escrito por laura_arousa, o 3 Abril 2012 08:38

Esta cara de felicidade é a de Nicole que vai a celebrar o seu aniversario cos seus compañeiros/as.

Estaba moi emocionada e con moitas ganas de disfrutar da celebración…

Soprou e soprou e o bizcocho papou!

E os amigos/as felices con tanta festa, xa que a todos/as lles gusta moito a troula…

Como podedes ver nestas fotos, que non hai festas sen baile!

E xa sin coroa para poder moverse mellor, Sabela e Nicole demóstrannos que son das máis festeiras. Parabéns Nicole!

ANIVERSARIO DE DIEGO

Escrito por laura_arousa, o 2 Abril 2012 08:38

Na aula de “O rato Paco” fixeron a festa do aniversario do ratiño Diego.

Todos/as esperamos con entusiasmo a chegada do biscoito, e o que máis o anfitrión.

E cando chegou, puxemos as dúas velas e Diego preparouse para soprar…

E apagou as dúas velas dun só soprido posto que xa é moi maior.

Despois comezamos a comer e a comer e só nos quedou un pequeno anaquiño…

Que repartimos co resto dos compañeiros/as da escola para que así tamén disfrutaran da celebración.

E por último a bailar, mirade Diego e máis Sabela como gozan ca música. Parabéns!

UN AGASALLO PARA JUANA

Escrito por laura_arousa, o 30 Marzo 2012 08:58

Na aula da “Eiruga larpeira”, fixemos con moito cariño un agasallo de despedida para Juana, que rematou o seu traballo na nosa escola.

Comezamos pintando con esponxas e pintura laranxa.

Cubrimos ben o fondo da cartulina para que quedara ben bonito.

Despois fixemos as nosas pegadas coas mans.

Empregando diferentes cores. Como nos gusta pintar!

O resultado foi un impresionante cadro feito polos mellores artistas.

E por último, tocounos lavar moi ben as mans para estar ben limpos/as. Esperamos que a Juana lle gustara moito o noso agasallo.

FACEMOS A COROA PARA O ANIVERSARIO DE BLANCA

Escrito por laura_arousa, o 29 Marzo 2012 08:05

Na aula dos bebés fixemos a nosa primeira coroa para o aniversario de Blanca, a maior da clase.

Animámonos todos a participar pintando a coroa con diferentes cores.

Pintamos de amarelo, laranxa, azul… quedounos unha coroa ben bonita!

E ata nos animamos a pintar coa boca!

Cada vez gústanos máis pintar e usar os pinceis.

Así como pintar coas mans e probar o sabor da pintura, parece que a Olaia non lle disgustaba!

MAÑÁN HAI FOLGA XERAL

Escrito por david_arousa, o 28 Marzo 2012 09:00

<!– @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –>

Estimadas familias.

O vindeiro xoves 29 de marzo hai convocada unha xornada de folga xeral.

O establecemento de servizos mínimos neste centro non garante o seu funcionamento e atención aos usuarios/as nas condicións habituais da prestación dos servizos, circunstancia que consideramos importante poñer no coñecemento dos usuario/as.

Lamentamos as eventuais molestias que tal situación lles poda ocasionar.

Un saúdo

CONCENTRACIÓN EN RIANXO

Escrito por david_arousa, o 28 Marzo 2012 08:26
Dende a ANPA de Rianxo queremos facer chegar este escrito a tódalas
Asociacións de Nais e Pais da rede de escolas infantís a Galiña Azul
que compartan o noso malestar polas modificacións levadas a cabo no
Regulamento de Réxime Interno; así como pola forma na que está
actuando o Consorcio sen ter en conta ás familias.
Dende que xurdeu toda esta problemática a nosa Asociación xa levou a
cabo diferentes actuacións como son a recollida de firmas, a
presentación de diferentes escritos ante o Consorcio, así como unha
concentración diante da escola da que fixemos partícipes a diferentes
medios de comunicación locais. Buscamos tamén o apoio do concello de
Rianxo o cal presentou unha moción nun dos últimos plenos que tiveron
para enviar ao consorcio.
Solicitamos unha reunión con algún responsable do Consorcio, e, aínda
que inicialmente nola concederon, acabaron por cancelala sen motivo
unha vez que se coñeceu que a escola ia quedar como escola de agarda.
Con todo isto e a pesar de manter aberta a nosa escola durante o mes
de Agosto (como escola de agarda); as familias aínda non nos damos por
satisfeitas, pois consideramos que outros temas como a suba das taxas
(escolares e de comedor) ou o cobro anticipado non foron nin tan
sequera mencionados por parte da directiva do Consorcio.
Dende a nosa Asociación, gustaríanos que xa que estamos falanda dunha
"rede" de escolas infantís, fose posible unirnos un gran número de
asociacións para seguir na loita contra o sistema que está impoñendo o
consorcio e os medios que emprega actuando ás espaldas das familias e
olvidandose da conciliación da vida laboral e familiar.
É por iso que nós decidimos levar a cabo unha concentración na porta
do concello á cal imos invitar a diferentes medios de comunicación
para protestar por:

-O malestar das familias ante a actitude dictatorial do Consorcio.

-A suba das taxas e o cobro anticipado.

-A publicación do novo Regulamento unha vez iniciado o curso escolar
con efecto inmediato

-A solicitude de diferentes documentos, como pode ser un certificado
que acredite que o neno se pode reincorporar á escola logo dunha baixa
por enfermidade, que complican a conciliación da vida familiar e
laboral.

-O intento de privatización desta rede de escolas que nalgún caso xa é patente.

-E, en conclusión, as trabas para a conciliacion da vida laboral e
familiar tan necesaria nestes tempos e coa finalidade pola que estas
escolas foron creadas.

OS BEBÉS CELEBRAN COMPADRES E COMADRES

Escrito por laura_arousa, o 27 Marzo 2012 07:35

O xoves e o venres de Entroido celebramos o día dos compadres e comadres. Así que viñemos disfrazados da casa con roupa de nenos e de nenas.

As nosas familias foron moi orixinais á hora de vestirnos con todo tipo de complementos e ata con maquillaxe.

Pintáronnos os ollos, lunares, bigotes… estábamos guapísimo/as!

E ata puxemos gravatas para estar moi elegantes.

Pasámolo moi ben bailando e disfrutando de tantos días de Entroido.

Como pode ser a escola do mañá?

Escrito por david_arousa, o 26 Marzo 2012 07:43

“O pasado mes de febreiro tivo lugar no Auditorio do Parque das Ciencias de Granada, unha conferencia do psicopedagogo Francesco Tonucci, referente mundial na atención educativa á primeira infancia, co suxerinte título:

“Como pode ser a escola do mañá?”

Na súa intervención fai un percorrido pola escola que foi e a súa evolución ao longo deste últimos anos, centrando o discurso na importancia de facer da escola do mañá unha escola para todas e todos non unha escola para uns poucos como acontecía noutros tempos.”

Pódese acceder á información completa sobre esta conferencia, na ligazón do Blogue: “Tecendo os fíos da rede”, que aparece ao final desta nova.

Máis información:

 http://escolasinfantis.net/blogue_persoa…

OS BEBÉS VÍSTENSE DE GALA PARA O ENTERRO DA SARDIÑA

Escrito por laura_arousa, o 25 Marzo 2012 07:35

O mércores de cinza puxemos as nosas mellores galas para o enterro da sardiña. Vestímonos de loito para a festa, como Xoel  e Christian que o pasaron moi ben ca súa nova vestimenta.

Así como Adriana, Mateo e Blanca, que atá puxeron o paño na cabeza para estar máis guapas.

E Alex e Olaia cos seus gorros de festa, sin olvidarnos da súa gravata e a chaqueta de pelo.

E aquí temos a parte da clase antes de ir ó enterro, pareciamos auténticos choróns e choronas.

FESTA DE ENTROIDO: VIDEO A BAILAR!

Escrito por david_arousa, o 24 Marzo 2012 09:05

Na seguinte ligazón podedes ver un video das crianzas bailando na festa de Entroido:

dscf2164

FESTA DE ENTROIDO: A BAILAR!

Escrito por david_arousa, o 23 Marzo 2012 07:30

Despois de tanta actuación  e representación…

… as crianzas querían mover o seu esquelete…

Momento que aproveitaron  as profes para sacarse fotos coas crianzas!

Así bailaron dende a lambada…

… ata o Ai se te pegho!!!

ANIVERSARIO DE XABI

Escrito por laura_arousa, o 22 Marzo 2012 11:31

Aquí temos outra festa máis na aula de “Onde perdeu lúa a risa”. Desta vez tocoulle a Xabi a celebración do seu aniversario.

Na clase dos maiores están encantados con tanta festa. Tódalas semanas temos aniversarios que celebrar!

Música, biscoito, zume, baile… e como non, moitas ganas de pasalo ben con boa compañía.

A soprar Xabi que xa eres moi maior. Parabéns!

ANIVERSARIO DE GUSTAVO

Escrito por laura_arousa, o 21 Marzo 2012 07:35

Despois do aniversario de Jorge, tocoulle a Gustavo facer tres anos. Xa somos moi maiores!

Como en toda celebración non podía faltar o biscoito e as ganas de pasalo moi ben.

Despois da gran merendola, bailamos e cantamos para mover o corpo e disfrutar da festa.

Seguro que Gustavo non esquecerá este día, xa que é o último aniversario na escola. Parabéns Gustavo!

ANIVERSARIO DE JORGE

Escrito por laura_arousa, o 20 Marzo 2012 10:24

Na aula dos maiores, ” Onde perdeu lúa a risa”, celebramos o aniversario de Jorge. Como xa é todo un experto, soprou moi ben as tres velas.

Jorge estaba moi contento e orgulloso ca celebración da súa festa.

Disfrutamos do biscoito que acompañamos cun gran vaso de zume.

Como vedes sobran as palabras, a cara de Jorge nos demostra que a celebración foi todo un éxito. Parabéns!

Xuntanza sobre Educación Infantil en Oslo organizada pola OCDE

Escrito por david_arousa, o 17 Marzo 2012 08:36

“O pasado día 23 e 24 de xaneiro tivo lugar en Noruega unha reunión de alto nivel sobre a Educación Infantil, baixo o título “Comezando forte: complementando políticas para asegurar a calidade da Educación Infantil”, organizada pola OCDE (Organización para a cooperación e o desenvolvemento económico), institución que ofrece un foro onde os gobernos poden traballar conxuntamente para compartir experiencias e atopar solucións para os problemas comúns.

A temática da xuntanza centrábase en cuestións relativas á calidade da Educación Infantil así como ás políticas necesarias para a mellora neste ámbito:

  • Establecer obxectivos de calidade.
  • Deseñar e implantar currículos e normas.
  • Mellorar as condicións de traballo, cualificacións e formación.
  • Involucrar á familias e comunidades.
  • Avanzar na investigación e experimentación.

Esta oportunidade de encontro axuda a xerar criterios comúns para seguir traballando en políticas centradas na mellora da calidade de Educación Infantil, sobre todo no ámbito do 0-3, onde as e os profesionais seguimos traballando para desvincular a atención educativa á primeira infancia da garda e custodia das máis pequenas e pequenos.

Esta nova, é un recoñecemento a todas e todos os profesionais que co voso traballo diario facedes posible unha educación de calidade para as nenas e nenos do ciclo 0-3 da Rede de Escolas Infantís de Galicia, a través da innovación, formación e avaliación permanente na vosa labor directa coas crianzas, familias e outras e outros profesionais. Sabendo que todo isto é posible grazas a grandes doses de esforzo e ilusións compartidas nun obxectivo común: o recoñecemento da importancia da educación nestes primeiros anos de vida.

FESTA DE ENTROIDO: REPRESENTACIÓN DO RATO PACO

Escrito por david_arousa, o 16 Marzo 2012 07:31

A aula do Rato Paco quixo poñer o seu granciño de area na festa de Entroido…

… facendo unha representación do conto que da nome á súa clase!

Así que Fani e Pili puxéronse mans á obra…

… e disfrazadas do rato paco…

… e coa axuda de Rafa…

… fixeron unha magnífica representación!

OS DISFRACES D@S MÁIS PEQUEN@S

Escrito por laura_arousa, o 15 Marzo 2012 07:15

O luns de Entroido decidimos vir da casa vestidos coas nosas mellores galas. Xa podedes ver os guap@s que estabamos.

Alex disfrazado de coello, Olaia de Caperuchiña Vermella e Christian do rato Mickye.

Xoel veu de toro e Adriana de tirolesa, así como Blanca que vemos máis abaixo.

E como non, para celebrar este día fixemos unha pequena festa na aula dos bebés.