OBRADOIRO DE FROITAS

Seguindo cos obradoiros como tempo de lecer neste verán, esta semana nas aulas lúa e marte  trouleamos un pouco coas froitas.

Nenos e nenas asimilan o seu contorno a través dos sentidos; por iso comezamos manipulando as froitas para descubrir o seu aroma, a súa textura, a súa cor e como non, e seu sabor.

Algúns-as levaron unha sorpresa co sabor ácido do limón, as framboesas ou mesmo as fresas en comparación con outras máis doces como o plátano, amoras, pera ou mazá.

Houbo quen non pestanexaba nin sacaba os ollos do prato.

Outras puxéronse moradas comendo (nunca mellor dito).

Unha vez recoñecidas as froitas chegou o  momento de esmagalas e pintar un mural con elas. E como podedes ver, pasáronno divinamente.

Como o resultado se asemellaba a un gatiño; pintámoslle orellas, ollos, nariz e bigotes.

O último día puxémonos a estampar con mazás, e houbo alguén que se enfadou porque quería comelas e non estragalas pintando.

Que vos parece?A que quedou bonita a nosa obra de arte?

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe