XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Para inicialo novo curso 2010-2011, na Escola da Illa de Arousa fixemos unha xornada de portas abertas!!!

De este modo, calqueira familiar, veciñ@, ou xente dos arredores puido acudir á nosa escola para ver as instalacións, coñecer ao persoal e solicitar información.

Durante a mañán desfrutamos cos novos nenos e coas novas nenas da escola no patio…

…e tamén nas aulas!

Para ser o primeiro día do curso non estivo mal, xa que só se escoitaban risas e gritos de ledicia.

A verdade é que acudiu moita xente e o equipo educativo quedou moi contento desta xornada:

Esperamos que o novo curso transcurra polos mesmos cauces que o anterior e que as novas familias queden contentas de formar parte desta escola.

Así que moitas gracias por asistir e moita sorte e moito ánimo para este novo curso que comeza!!!

Unha resposta para “XORNADA DE PORTAS ABERTAS”

  1. Tamara Di:

    Seguro que será outro ano fantástico, que menos con ese pedazo educadores que hai en illa de arousa :) Un saúdo e unha aperta, vótasevos de menos!!

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe