DVD’S DAS FOTOS
Todas as fotos e videos que sacamos o ano pasado gravámolos nun dvd para que as familias puideran desfrutar delas na casa…
Pero antes de mandalas para casa, tiñamos que facerlle unha funda decorada e pintada polas propias crianzas, como vedes na seguinte foto a Damián:
Tamén gravamos outro dvd coas cancións que usamosdurante o pasado curso…
Vera decorou os seus dous sobres moi ben!
Aquí tedes a Paula mesturando as diferentes cores facendo unha verdadeira obra de arte…
De paso tamén nos serviu para ir tomando contacto coa nova aula e ir facendo novas actividades…
… como a que neste caso está facendo Eloy:








8 de Outubro de 2011 ás 16:43
[...] Comentar, e compartir experiencias: Como por exemplo na escola da illa de arousa quenos contan cómo entregan dvds das fotos ós pais ó final do curso e centos de experiencias que outros compañeiros están xa a compartir na [...]