ANIVERSARIO DE ALEX
Na aula dos máis pequenos estámonos facendo maiores, e esta vez tocoulle a Alex celebrar o seu primeiro aniversario.
O que máis lle gustou foi soprar a vela, xa que levaba uns días practicando.
Despois degustamos o biscoito con moitas gañas e pracer.
Alex estaba encantado ca gran festa, cos globos e ca música.
Despois tocou un pouco de baile cos nosos amigos/as.
Como podedes ver Alex estaba gozando moitísimo, e non quitou a coroa en ningún momento. Parabéns Alex!





