AS NOSAS SILUETAS
Na aula do “Rato Paco”, decidimos facer as nosas siluetas e este foi o resultado. Aínda que foi un traballo moi laborioso…
Comezamos marcándoas en papel continuo…
Para que cada neno/a fixera a súa. Despois pintámolas con moitas cores…
E mirade que bonitas quedaron!
Tamén lle puxemos a nosa foto para estar ben guapos/as.




