ANIVERSARIO DE PAULA

Na aula da “Eiruga larpeira” celebramos o aniversario de Paula, que estaba moi contenta e orgullosa de ter a tódolos/as amigos/as de festa.

Preparouse para soprar, e como xa é moi maior apagou a vela á primeira.

E despois todos a comer biscoito con boliñas de chocolate.

Paula recibiu unha gran sorpresa que foi a visita de Fany, a súa mamá, que como traballa na escola pudo acompañarnos na celebración.

E despois de comer, movemos o corpo acompañados de boa música e de globos.

Ata nos animamos a bailar por parellas!

E para rematar, unha foto con tódalas crianzas da clase. Parabéns Paula!

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe