Arquivos da categoría ‘Aula Con do Crocodilo (2-3 anos)’

VIDEO COLE

Escrito por begonha_arousa, o 6 Setembro 2011 08:50

Na seguinte video montaxe podedes ver todas as fotos das crianzas na excursión que fixeron a coñecer o colexio d@s maiores, onde irán a maioría nospróximos días:

coledosmaiores_0001

coledosmaiores_00011

VIDEOS NO PABELLÓN DO COLE DOS MAIORES

Escrito por begonha_arousa, o 5 Setembro 2011 08:50

Como unha imaxen vale máis que mil palabras, imaxinade canto debe valer un video….

Aquí tedes uns videos das crianzas facendo exerciocio no pabellón do colexio dos maiores:

dscf8620

dscf8618

dscf8616

dscf8615

EXCURSIÓN AO PABELLÓN DO COLE DOS MAIORES

Escrito por begonha_arousa, o 3 Setembro 2011 08:44

Aproveitando que a aula do Con do Crocodilo fomos de visita a ver como era o cole d@s maiores, leváronos de visita ao pabellón do centro…

Nada máis chegar ao pabellón as caras das crianzas cambiaron completamente, xa que nunca viran un espazo tan grande para poder xogar!

Logo a profe de educación física do CEIP A Torre fixo unha sesión de psicomotricidade coas crianzas…

… que fixo as delicias de todas elas!

Xogaron caos pelotas grandes, fixeron un grande circuito, saltaron na colchoneta…

… ara que quedaron rendid@s de tanto esforzo…

… pero valeu a pena, xa que as caras de felicidade que tiñan as crianzas ao chegar á escola era tremenda!

EXCURSIÓN AO COLE D@S MAIORES

Escrito por begonha_arousa, o 2 Setembro 2011 08:18

As crianzas do Con do Crocodilo despídense de nós nestes días… e como é de rigor, fixemos unha excursión ao cole dos maiores para que se foran acostumbrando…

…e que content@s ían tod@s, exceptuando claro está , as súas mestras, que xa ían cunha cariña de pena ao saber que só lles quedaban uns días coas súas crianzas…

Mirade que ben se portaron na excursión, parecían xa dese colexio!

Leváronnos por todo o cole, polas aulas, pola sala usos múltiples e incluso mostráonnos unha pizarra de última xeración coa que os nenos e as nenas alucinaron…

Como no colexio dosmaiores se portaron mooi ben con nós, entregámoslles un pequeno agasaio onde aparecía a nosa foto, que fomos facendo na clase esa semana.

Tamén nos levaron á biblioteca e nos deixaron coller os libros e os contos que máis nos gustaban…

… e a verdade é que todas as crianzas e as profes tamén, quedamos encantadas co colexio dos maiores!

asd

ANIVERSARIO DE CINTHIA E IVÁN

Escrito por begonha_arousa, o 30 Agosto 2011 08:16

Mirade que guapos-as estaban Cinthia e Iván no seu terceiro aniversario.

Así de ben e ansiosos-as sopraron as tres velas.

Bicáronse tenramente porque estaban moi contentos-as

Pronto comezou o reparto do biscoito que tivo unha grande acollida.

Máis tarde fixeron unha foto grupal para recordar este precioso e ledo día.

E como no podía ser doutro xeito, a festa rematou cun gran baile de música e globos.

Moitas felicidades!!!!!!!!

A RICA PIZZA

Escrito por begonha_arousa, o 29 Agosto 2011 08:20

Un dos obradoiros que fixemos este verán foi o da elaboración de pizzas…

Foi un traballo duro pero que  a recompensa que conseguimos vale a pena!!

Primeiro fixeron a masa…

… a cal amasaron durante un bo rato para que quedara ben planiña.

Logo déronlle a forma…

… un pouquiño de aceite para que non se pegara ao metela no forno…

… e a comer!!!

GRACIAS KIARA!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 28 Agosto 2011 10:00

Un dos valores que intentamos difundir na nosa escola é o de compartir as túas cousas cos demais.

Kiara e seus pais o teñen moi claro. Posto que tiñan xoguetes que Kiara xa non usaba de cando era bebé e decidiron donalos á aula de bebés.

Mirade con que responsabilidade Kiara ensinaba aos demais nenos e nennas os xoguetes que trouxo da súa casa :

MOITÍSIMAS GRACIAS KIARA!!!

VIDEO-MONTAXE DA EXCURSIÓN AO CHIRINGUITO DE LOLI

Escrito por Equipo Educativo, o 26 Agosto 2011 09:53

Esta é unha video-montaxe moi divertida sobre a excursión que fixeron as crianzas da aula de 2-3 anos ao Chiringuito de Loli (nai de Lucas) que está na praia do Cabodeiro:

Video en formato flv:

chiringuito_0001

Video en formato avi:

chiringo

Esperamos que vos guste!!!

DO CHIRINGUITO AO PARQUE…

Escrito por Equipo Educativo, o 26 Agosto 2011 08:24

Despois de desfrutar dun grande aperitivo e un delicioso vermut infantil, aínda tivemos tempo de gozar e soltar toda a nosa adrenalina no parque que tiñamos ao lado do Chiringo de Loli…

… e logo de facer un perfecto tren…

… tocou desfrutar correndo por todo o parque, subindo aos tobogáns…

Un dos sitio onde mellor o pasaron foi nos columpios, onde había que facer cola para poder subir.

Parecía que nunca se ían cansar ata que…

… increíblemente decidiron unilateralmente sentarse a descansar!!!

Esta é a foto do grupo que fomos ata o chiringo de Loli e que despois xogamos no parque…

Así que outra vez moitas gracias Loli por facernos tan felices no teu chiringo!!!

EXCURSIÓN AO CHIRINGUITO DE LOLI

Escrito por Equipo Educativo, o 25 Agosto 2011 10:13

Hai uns días, a aula d@s maiores (Con do Crocodilo) tivo a grande fortuna de ir de excursión ao Chiringuito de Loli que está na praia do Cabodeiro.

Como vedes, Loli é a nai de Lucas, que estaba todo emocionado coa visita d@s seus/súas compañeir@s ao seu chiringuito, do cal está moi orgulloso e sempre fala.

Ademais contamos cun camareiro de luxo, nada máis e nada menos que o irmán de Lucas, o gran Yerai!!!

Todas as crianzas estaban moi ilusionadas coa visita ao chiringo xa que durante toda a semana non falaban doutra cousa na clase.

Ademais, temos que dicir que se portaron moi ben, parecían auténticos adultos!!!

Por fin chegou a hora do aperitivo e do vermut. Cando serviron todo esto nas mesas as nenas e os nenos volvéronse toliños!

E como non podía ser doutra forma nun chiringo desta calidade, un maravilloso cocktail, eso si, feito todo con zume!

Aquí tedes a Loli que currou un montón para facer felices a estas crianzas que o pasaron xenial.

E por suposto, tamén houbo un zumiño moi rico para as profes que tamén o merecían!

MOITÍSIMAS GRACIAS LOLI POR FACERNOS DESFRUTAR TANTO DO TEU CHIRINGUITO!!!

PEPIÑO COELLO

Escrito por begonha_arousa, o 20 Agosto 2011 10:02

Como aos maiores do con do crocodilo lles gusta tanto o conto de Pepiño Coello, Bárbara (que estivo na escola facendo prácticas) quixo agasallalos-as cunhas lindas orellas de coelliño. Nesta foto, vémolos moi guapos-as.

Estaban tan a gusto que ata se animaron eles sós a contar o conto de Pepiño Coello

e a cantar a súa canción

ANIVERSARIO DE CARLA

Escrito por Equipo Educativo, o 17 Agosto 2011 08:19

Esta rapaza tan salada que tedes aquí é Carla, da clase dos maiores. Está toda orgullosa coa súa coroa porque estaba celebrando o seu aniversario…

… nunha grande festa que ninguén se quixo perder, como podedes ver nesta foto:

Ahí onde a vedes, Carla xa cumpriu 3 anazos!!!

Mirade que estilo ten neste video:

carla

Carla coma sempre cun enorme sorriso na boca!

Despois de comer o biscoito, sacamos a foto de grupo para a posteridade:

E por fin…. a bailar!!!

PARABÉNS CARLA!!!

ENTREGA DE ORLAS E AVALIACIÓNS DO CON DO COCRODILO

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Agosto 2011 16:13

Os últimos en recoller as orlas e as avaliacións, como maiores que son, foron as crainzas da aula do Con do Crocodilo:

Asier, Bieito e Brais:

Ivonne, Carla e David:

Iker, Isaac e Iván:

Ivonne, Kira e Kiara:

Lucas, Silvia e Lola:

Xurxo e Xiana:

No seguinte video veredes como recollen as orlas e as avaliacións as crianzas do Con do Crocodilo:

crocodiloorlas

VIDEO MONTAXE DESPEDIDA AULA CROCODILO

Escrito por Equipo Educativo, o 9 Agosto 2011 08:13

Todo o persoal da Ecola Infantil da Illa de Arousa queremos despedirnos das nenas e dos nenos da aula do Con do Crocodilo con moita pena e tristura por unha parte, pero tamén moi orgullos@s destas crianzas.

Para iso, fixemos esta video-montaxe onde podedes ver a evolución desta promoción de nenos e nenas dende que entraron na Escola de bebés ata agora.

Esperamos que vos gusten:

despedida-crocodilo-blogue

OS VIDEOS ESTÁN EN FORMATO AVI E FLV.

@S QUE NON POIDADES VER OS VIDEOS PODEDES DESCARGAR ESTOS PROGRAMAS GRATUITOS NESTES ENLACES:

http://media-player-classic-espanol-2000-xp.softonic.com/

http://flv-player.softonic.com/descargar

OBRA DE TEATRO: A TOUPIÑA

Escrito por Equipo Educativo, o 8 Agosto 2011 08:38

Despois da actuación dos pais de Xiana, chegoulle o turno ás crianzas da aula do Con do Crocodilo (a dos maiores). Como este ano se despiden de nós, quixeron facer un recordo a modo de agasallo teatral, representando o conto da Toupiña.

Con tod@s vos e coa colaboración de “Con do Crocodilo Produtions”, ás crianzas do Con do Crocodilo:

toupinha

Bravísimo!!!!!!!!!!!!!!!!!!

LUCAS FAI DE CANGURO

Escrito por Equipo Educativo, o 26 Xullo 2011 08:25

Cando as educadoras da tarde estamos un pouco atereadas, sempre podemos contar con algún tipo de axudiñas como a que veredes a continuación:

Lucas, que sempre se presta a axudar, quixo coidar de Paula…

… e levala a dar un paseo pola escola!

Tamén quixo xogar un pouco con ela e subiuse á silla para facerlle conpañía…

Mirade que content@s quedaron os dous!!!

O DEBUXO DE IVONNE

Escrito por Equipo Educativo, o 25 Xullo 2011 08:42

Algunha vez vístedes un debuxo coma este???

Ou coma este, que parecen feitos por un neno ou unha nena de 4 anos!!!

Pois os fixo Ivonne, unha nena da clase do Con do Crocodilo, que debuxou con esta claridade unhas caras de persoa!

Fixo ollos, nariz, boca, orellas e incluso puxo o pelo de punta!!!

QUE BONITO QUEDOU IVONNE!

PSICOMOTRICIDADE DE TARDE

Escrito por Equipo Educativo, o 7 Xullo 2011 08:30

As crianzas da tarde tivemos unha pequena sesión de psicomotricidade para soltar os músculos…

Como facía moi bo día e unha temperatura agradable, sacamos todos os aparellos de psicomotricidade para fora…

… e montamos este gran circuito:

Ao principio eran un pouco reticentes a facelo…

… pero así como empezou Marcos, xa tod@s quixeron participar!

Como había algúns exercicios un pouco difíciles, precisaban de axuda.

foi unha sesión moi divertida na que as crainzas pasárono en grande!

VIDEOS AUGA DE SAN XOAN

Escrito por Equipo Educativo, o 1 Xullo 2011 08:38

Nas seguintes ligazóns podedes ver os videos da auga de san Xoan:

sanxoan

E ver como se lavaron a cara nada máis chegar á escola…

augasanxoan

Por último, como desfrutaron comendo no biscoito de san Xoan:

pasteldesanxoan

AUGA DE SAN XOAN

Escrito por Equipo Educativo, o 30 Xuño 2011 09:03

Despois de deixar as herbas de san Xoan toda a noite metidas na auga…

… tocou o momento de lavar a cara con ela!!!

Xa a prmeira hora da mañán as crianzas chegaron con moitas ganas de lavar a súas caras na auga de san Xoan.

Estaban sorprendidísimos co seu rico aroma.

Tiñan unha felicidade logo de lavarse…

…que querían repetir.

E por último desfrutamos dun biscoito de san Xoan acompañado cunha crema de chocolate que fixeron as delicias das crianzas!

Video-montaxe da elaboración de pan

Escrito por Equipo Educativo, o 18 Xuño 2011 09:49

No seguinte video-montaxe podedes ver como foi a elaboración do pan das crainzas da aula d@s maiores:

elaborandopan

ELABORACIÓN DE PAN

Escrito por Equipo Educativo, o 17 Xuño 2011 09:00

As crianzas do Con do Crocodilo fixeron gala da súa experiencia nesta escola e elaboraron un currusco de pan para levar á súa casa…

Primeiro esmeráronse en amasar e darlle forma á masa…


Logo, cos seus gorros de cociñeir@s, levaron a masa para o forno da nosa cociña…

… e coa axuda da nosa cociñeira María José, meteron o pan dentro do forno!

Uns minutiños despois…. este foi o resultado!!!

Mirade con que ganas comían cada un o seu pan!

As crianzas estaban moi orgullosas do seu traballo e de comer un pan feito por eles e que lles levou moito traballo.

Despois de comer un dos dous pan que fixeron, tocou levar o outro para casa…

… nesta preciosa bolsa que fixeron Begoña e máis Laura!

BAILANDO CO MAIO

Escrito por Equipo Educativo, o 2 Xuño 2011 08:51

Unha vez rematado o maio, so quedaba cantarlle e xogar con él…

Todos e todas cantamos e bailamos ao redor, tirando dos seus lazos.

Mirade a todos os maiores e a todas as maiores como danzaban ao son das cancións do maio…

… ben agarrad@s dos lazos que antes decoraron pegándolle gomets.

Tocounos desfrutar do maio que tanto traballiño lles deu ás crianzas, pero valeu a pena…

A verdade é que foi unha moi boa despedida do maio por este ano!

O NOSO MAIO

Escrito por Equipo Educativo, o 30 Maio 2011 09:58

Así que despois de tanto experimentar e manipular coas flores e follas da primavera…

… puxémonos a facer o maio da escola!!!

Primeiro pedímoslles ás familias que nos surtiran de todo tipo de flores e follas típicas dos maios.

Xuntamos un montón de material que pouco a pouco (porque levou moito traballo) íamos colocando na base do maio.

E iso que contamos coa axuda das nosas colaboradoras en prácticas María e Bárbara!

Algunha tiña moita presa e xa quería rematar o maio o primeiro día, empezando por arriba…

Foi un traballo de moita maña, xa que tiñamos que acertar a meter os fentos pola rede que era moi finiña!

Pero xa veredes o resultado….

O CADRO DOS MAIOS

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Maio 2011 10:54

Antes de comezar coa elaboración do maio, no Con do Crocodilo experimentamos coas súas flores e follas típìcas deste mes.

Puxémonos mans á obra e fixemos un cadro cos materiais que se fan o maio…

Mirade a Iván e Xurxo que entretenidos estaban!

Ademais, buscaban a cooperación e colaboración dos compañeiros e das compañeiras para que quedara máis chulo!

Foi un traballo de moita concentración, como podedes ver:

A verdade é que os cadros quedaron moi bonitos colgados no corredor da escola!

ASÍ QUEDOU A NOSA LINGUA GALEGA…

Escrito por Equipo Educativo, o 25 Maio 2011 09:17

E este que vedes é o resultado do traballo feito sobre a nosa lingua galega!!!

Recortamos as linguas e as profes nos pegaron o lema: “Temos unha lingua galega”.

Mirade que contentas estaban coa súa lingua…

…e os que aínda non a tiñan, pedíanna deste xeito:

A Silvia, Kira e Aldara case houbo que dicirlle que se gardaran a súa lingua porque non había maneira…

A verdade é que marcharon todos e todas moi content@s para casa coa súa lingua.

Aquí tedes a foto do grupo tod@s orgullos@s:

A LINGUA GALEGA DO CON DO CROCODILO

Escrito por Equipo Educativo, o 24 Maio 2011 12:56

s crianzas da aula do Con do Crocodilo entenderon moi ben que é o Día das letras Galegas….

… e para demostralo fixemos a nosa lingua pintada con pintura de dedos!

Toda a lingua pintada de vermello, ao máis puro estilo Rolling Stones!!!

Todos e todas traballaron moi duramente na elaboración da nosa lingua, pero sempre con moita ilusión!

Puxéronlle moito empeño e fixádevos con que dedicación as pintaron:

Unhas pasadas de pinceis máis e….

…próximamente veredes o resultado!!!

AS LETRAS GALEGAS DA TARDE

Escrito por Equipo Educativo, o 19 Maio 2011 09:07

As crianzas que nos quedamos a merendar na escola, tamén quixemos celebrar o día das Letras galegas cun pequeno mural…

Primeiro pintamos con pintura de dedos e esponxas o que posteriormente serán as letras do mural…

A verdade é que tivemos que apresurarnos, xa que as nosas familias logo nos veñen a buscar!!!

Despois cos rodillos pintamos de vermello unha lingua…

… a nosa lingua!!!

Este é o resultado do mural das letras:

E aquí tedes a nosa lingua galega!!!

DESCUBRINDO OS OFICIOS VIII: PERIODISTA

Escrito por begonha_arousa, o 10 Maio 2011 10:03

Fito, pai de Silvia, veu á escola para explicarnos en que consiste o seu traballo no rotativo Faro de Vigo como periodista. Como bo rastrexador  de novas que é, tamén se interesou por si acontecera no noso contorno algunha noticia salientable.

E com así foi, púxose a recabar información de primeira man. Os-as nenos-as  explicáronlle como transcurrira unha das actividades lúdicas desenvolvidas no centro.

Pero tamén precisou algunha que outra axuda de algún aspirante a periodista.

Fito regalounos unhas libretiñas e uns lápices que son os complementos esenciais para anotar toda nova interesante sin que se esqueza nada.

Despois aprendemos a mercar o diario no quiosco,

E a disfrutar coa súa lectura.

Finalmente posamos moi animados-as por se saíamos no Faro de Vigo.

Moitas gracias Fito.

PREPARÁNDONOS PARA IR AO POBOADO INDIO…

Escrito por Equipo Educativo, o 5 Maio 2011 09:35

Na aula d@s maiores estivémonos preparándonos para ir ao poboado indio que tiñamos montado no patio de herba…

Pintámonos as caras, puxémonos a pluma india e marchamos ao grito dos indios!

Algúns e algunhas aínda non sabían a sorpresa que ían recibir…

… e así se lles quedaba as caras:

Últimos retoques e…

… a desfrutar dun día de animación á lectura nas tendas de campaña indias!!!


A QUE NOS SABE A LÚA?

Escrito por Equipo Educativo, o 4 Maio 2011 10:10

Na aula do Con do Crocodilo fixeron unha bonita actividadede desenvolvemento sensorial, aproveitando que ás crianzas lles encanta o conto de “A que sabe a lúa”…

Levamos diferentes alimentos como queixos, olivas, uvas, pasas…

… para que discriminaran os sabores doces dos salgados.

Ao principio degustaron con un pouco de temor os alimentos porque non sabían como ían a saber.

… pero ao final zamparon todo canto había sen deixar nada.

A pesar de todo, creemos que teñen un bo paladar xa que todos e todas preferían os alimentos doces aos salgados!

DESCUBRINDO OS OFICIOS VII: Concelleira de turismo

Escrito por begonha_arousa, o 3 Maio 2011 14:39

As caras que vedes de formalidade non eran para menos porque visitounos Fátima (nai de Lola) que é concelleira de turismo na Illa de Arousa. O despregamento de medios foi de agradecer porque tentar explicarlles en que consistía o seu labor no concello era un pouco complicado.

Aínda que o reto era difícil conseguiuno e realmente quedaron abraiados  mirando o proxector.

A través del amosounos diferentes imaxes da Illa da Arousa:  concello, auditoria, museo da conserva, as bonitas praias e das diferentes festas que se celebran aquí: Samaín, Carmen, Entroido, Reis Magos etc.Tamén explicou as posibles visitas guiadas que ofrece o concello e a visita de Pepe Carreiro (creador dos Bolechas) á biblioteca pública.

Despois amablemente repartiu unhas bolsiñas cheas de ”tesouros” (conto dos Bolechas ”O Con da Illa”, pelota de praia, lápiz e un DVD “Imaxínate o Salnés”).

Con gran rápidez comezaron a ver o seu regalo e co que máis disfrutaron foi co libro

Moitas gracias Fátima pola túa visita.

Descubrindo os oficios: Monitora infantil

Escrito por Equipo Educativo, o 2 Maio 2011 10:24

Mónica, a nai de Xiana, veu a explicarnos en que consistía o traballo de monitora infantil….

… e para iso preparounos unha sesión de psicomotricidade con paracaídas!

Aproveitando que facía un día estupendo, saímos ao patio de herba para extender o paracaídas…

… e ondealo ata levantalo.

Mónica explicounos como tiñamos que facer…

… e á de tres!!!

Todos e todas collemos con moita forza o paracaídas…

… para despois poñernos debaixo del!

Tamén gatexamos por enriba do paracaídas e ondeamos a pelota!

DESCUBRINDO OS OFICIOS VII: Educador medioambiental

Escrito por begonha_arousa, o 26 Abril 2011 10:05

Xoan (pai de Xurxo) veu a escola para amosarnos o interesante mundo das plantas porque traballa como Educador Medioambiental.

Trouxo unha ampla mostra de plantas para probar,

oler, chupar,

 

e pegar na roupa.

Algún incluso quería incarlle o dente sen cocer a acelga.

Todos-as quedaron sorpredidos-as cando lles ensinou a Aloe Vera tanto por fora como por dentro.

Mirade que axóuxere tan bonito se pode facer con sementes.

Xoan explicoulles  tamén como transplantar e regar.

E como colofón unha foto ben bonita todos-as xuntos-as.

DESCUBRINDO OS OFICIOS VI

Escrito por begonha_arousa, o 25 Abril 2011 13:55

Señoras e señores a fortuna quizais nos acompañe  nestes días porque veu visitarnos a nai de Carla. Cristina rexenta a administración de lotaría San Xulián na IIla de Arousa (a administra como di Carla). E todo é posible, porque noutras ocasións xa deron premios como este que amosa na foto.

Cristina explicounos o concepto de “aposta” e ensinounos como facer para cubrir os diferentes boletos.

e como efectuar o pago

Pero Facenda somos todos-as e Cristina tivo que pagar a parte proporcional das súas ganacias.

s

Aquí vémolos comprobando o seu boleto

Ollade con que seriedade garda Isaac o seu boleto sellado na mochila. Non vaia a ser que se extravíen os millóns!!

Mirade que orgullosos-as ensinan os seus décimos de lotaría.

E para rematar unha foto de despedida todos-as xuntos-as, quentando motores por si toca. Que a sorte nos acompañe!!!!!!!!!!!!!!

DESCUBRINDO OS OFICIOS V

Escrito por begonha_arousa, o 19 Abril 2011 10:05

A nai de Lucas (Loli) veu facernos unha visita para poñernos ao tanto do seu oficio, e literalmente “montou o chiringo”. Como é propietaria dun chiringuito de praia no Cabodeiro tivo a ben ensinarnos en que consiste seu traballo . Como primeiro paso fixemos granizado de limón. Aquí podedes ver aos-as nenos-as cheirando a froita.

Mentres se facía o granizado montamos entre todos-as as mesas e as sombrillas no xardín, porque como acompañaba o tempo, apetecía disfrutar dun día tan soleado.

A demostración non pudo ser máis realista. Non faltou detalle. Mirade se non as sombrilliñas a modo de floreiro.

Disfrutamos do lindo tomando o granizado e comendo aperitivos;

bueno uns máis que outros

Ollade a Xiana estirándose para buscar outro prato máis cheo.

As bebidas foron sen alcohol pese a esta cara:

O sol acariciabános a cara e ao sorber pola palliña era un deleite.

Os-as comensais estiveron moi ver servidos en todo momento.

E despois de rematar coas viandas foi o momento de mover o esqueleto bailando

Gracias Loli e María por alegrarnos a mañán.

DESCUBRINDO OS OFICIOS (IV): Deseñadora de complementos

Escrito por begonha_arousa, o 18 Abril 2011 11:55

Esta semana veu a visitarnos  Lucía  (nai de Kiara) para achegarnos o seu traballo como deseñadora de complementos, tan laborioso como encantador.

O primeiro paso da súa demostración foi ensinarnos os materiais que de cotío utiliza para a confección dos seus deseños. Aquí vemos aos-as nenos-as manipulando lazos.

Mirade que estilo tiñan Kira e Ivonne poñendo os lazos a modo de cinturón.

Disfrutaron moitísimo poñendo os lazos nos cabelos e facendo deles gravatas.

O que máis lles gustou foron as diademas.

E como os nosos nenos non teñen complexos tamén se animaron a probalas

Logo Lucía explicounos amablemente os pasos necesarios para a confección dunha diadema.

Á maioría chamoulles moito a tención o muestrario desta tempada de Coquetilla (así lle chaman ao taller de Lucía).

E tamén algunha profe emocionouse mirando e probando os artigos.

Gracias Lucía pola túa visita.

DESCUBRINDO OS OFICIOS (III): Camareira

Escrito por begonha_arousa, o 13 Abril 2011 12:21

Estes días recibimos a visita de Luisa (nai de Iker) para amosarnos o seu traballo como camareira. Como rexenta un bar en Cambados, está moi práctica nas tarefas de organizar e servir nunha cafetería. Moi amablemente explicóunos a montaxe das mesas e o xeito de servir  o café.

Todos-as estiveron moi atentos-as á montaxe das mesas e ás explicacións de Luisa.

 

 

Aínda que houbo algún que estivo máis interesado en acaparar provisións.

A mayoría semellaban que isto de “tomar café” fose a súa profesión pola desenvoltura que tiñan ao poner o azúcar,

ou beber pola palliña.

Mirade as caras de satisfacción que tiñan algunhas.

Como xesto de agradecemento e solidariedade, todos-as  axudaron a recoller e limpar.

E para despedirnos demóslle un gran aplauso a Luisa.

DESCUBRINDO OS OFICIOS: Charcuteira

Escrito por begonha_arousa, o 12 Abril 2011 05:27

No Con do Crocodilo tivemos a visita de Susana (nai de Asier) para explicarnos en que consiste o seu traballo como charcuteira nun supermercado. Amablemente díxonos como tiña que ir vestida para respectar as normas de seguridade e hixiene no traballo.

Aquí podedes ver que guapa estaba facéndonos unha demostración de atención ao público vendendo embutidos:

Como podedes ver estaban moi ansiosos, ou máis ben non lle quitaban ollo ao chourizo

Despois deleitounos cunha saborosa degustación.

Mirade como comían; bueno, uns máis que outros.

E para rematar unha foto todos-as xuntos-as e un grande aplauso pola amabilidade de Susana.

DESCUBRINDO OS OFICIOS (I)

Escrito por begonha_arousa, o 11 Abril 2011 05:21

O Con Crocodilo está a desenvolver a unidade didáctica “Eu tamén quero ser..” relacionada cos oficios; por iso comezamos a explicarlles a profesión ou tarefa que realiza o persoal do centro. O primeiro día tocoulle a Mª José a cociñeira. Había que velos o felices que ían cara a cociña para que a cociñeira lles amosara os seus  segredos culinarios.

E non deixou nada atrás, limpeza, cortado e preparación de alimentos, útiles culinarios……..

sen esquecer  a limpeza e saneamento como parte esencial na cociña.

En resumo, a experiencia foi do máis interesante e divertida.

Os compadres no Con do Crocodilo

Escrito por Equipo Educativo, o 9 Abril 2011 00:54

No Con do Crocodilo tamén celebramos o día dos compadres disfrazándonos de homes…

… con preciosas garabatas…

… ou con chapeu e gafas como Carla.

Viñeron moi ben combinados,como Brais…

… e estabamos tan emocionad@s que fixemos unha conga e puxémonos a bailar.

Xurxo viu moi moderno….

… e Isaac preferiu vir un pouco máis clásico….

Mirade Ivonne que leda estaba coa súa garabata…

…e aquí estamos tod@s debatindo sobre os nosos traxes!!!

Disfrad@s da casa no Con do Crocodilo

Escrito por Equipo Educativo, o 3 Abril 2011 00:31

A aula dos maiores e das maiores encheuse de crianzas disfrazadas e non tan crianzas…

Todos e todas posaron con grande elegancia…

Estaban orgullosísimos cos seus disfraces!

Parece que a Lucas gústalle o disfraz de Cinthya…

… e tamén o de Xurxo!!

Brais e Carla facían moi boa parella…

…e Asier parecía todo un Napoleón.

Incluso tiñamos uns chef profesionais que nos ían facer de comer!!!

Carla e súa nai terminando a Pichirilo!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 9 Marzo 2011 12:10

Para terminar, Carla e súa nai Cris, tiveron unha idea fantástica…

Trouxeron un montón de boletos de lotería da administración da nai e puxéronllos a Pichirilo!

Mamá Cris quedou moi contenta co traballo que fixeron as dúas…

… e porque Carla traballou moi duramente na elaboración de Pichirilo!

MOITAS GRACIAS A CARLA E SÚA NAI POR COLABORAR COA ESCOLA NESTA ACTIVIDADE!!!

Silvia, seus pais e Pichirilo…

Escrito por Equipo Educativo, o 25 Febreiro 2011 12:38

Silvia tiña moitas ganas de fecer a Pichirilo e non lle valía con que viñera á escola  súa nai ou  seu pai…

…non, papá Fito e mamá Sofi tiveron que vir para axudarlle a Silvia!

Entre os tres fixeron un grande traballo poñéndolle as patas a Pichirilo!

MOITAS GRACIAS SILVIA, MAMÁ SOFI E PAPÁ FITO!!!

Isaac e a súa nai facendo a Pichirilo…

Escrito por Equipo Educativo, o 23 Febreiro 2011 13:45

Isaac puxo todo o seu empeño en que viñera súa nai a axudarlle a elaborar a Pichirilo…

Como vedes deixaron o lombo do cabalo precioso!!!

No duro traballo tamén coicidiron con Carla e súa nai…

… que posaban así de contentas co traballo realizado!

MOITAS GRACIAS A ISAAC E A SÚA NAI POR VIR A COLABORAR COA ESCOLA!!!

David e a súa nai tamén axudaron a facer a Pichirilo…

Escrito por Equipo Educativo, o 21 Febreiro 2011 15:42

Pois si, mamá Carmen e David tamén colaboraron na confección do cabalo Pichirilo…

 

Usaron diferentes teas…

… e este foi o resultado!!!

MOITAS GRACIAS A DAVID E A MAMÁ CARMEN  POR COLABORAR COA ESCOLA!!!

Kira e a súa avoa facendo a Pichirilo

Escrito por Equipo Educativo, o 21 Febreiro 2011 00:00

Kira e a súa avoa tamén quixeron colaborar coa aula do Con do Crocodilo na elaboración de Pichirilo…

… pegando nas costas do animal diferentes cartóns…

De feito a avoa Marina púxolle moito empeño na actividade o que é digno de agradecer…

… e Kira tamén o agradeceu posto que se mostrou moi pero que moi orgullosa da súa avoa!

MOITAS GRACIAS A KIRA E A SÚA AVOA MARINA!!!

IVÁN E A SÚA NAI FACENDO A PICHIRILO

Escrito por Equipo Educativo, o 18 Febreiro 2011 12:54

Na aula dos maiores tiveron unha xenial idea para pechar a unidade dos animais…

Quixeronque as familias fixeran ao cabalo Pichirilo, aportando cada unha delas a súa creatividade e imaxinación…

Aquí tedes a Iván coa súa nai colaborando na creación de Pichirilo…

… pegándolle la na cola de Pichirilo.

Encheu todo o rabo de Pichirilo para que non lle collera o frío…

…e mirade que ben lle quedou!!!

MOITÍSIMAS GRACIAS A IVÁN E Á SÚA NAI!

O tren de Martiño

Escrito por begonha_arousa, o 12 Febreiro 2011 18:03

Como Papá Noel non lle teme á competencia, regalounos o conto “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”

Aos-as nenos-as gustoulles tanto que decidimos facer un gran tren para poñer no corredor da escola

Como podedes ver dende todas as perspectivas, disfrutaron do lindo pintando e pegando papeis nos vagóns…

Xa son verdadeiros-as artistas no arte de colocar lás sen que se lles queden pegadas nas mans. Aqui vémolos-as facendo o penico de Martiño.

O último que fixeron foi  a locomotora que tamén pintaron con moita maña.

E así posaron todos-as para a foto orgullosos-as do seu traballo.

@s maiores despiden a Chispas!

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Febreiro 2011 13:50

Antes de marchar para a súa casa, Chispas quixo despedirse da aula dos maiores…

… onde todo o mundo quería collela nos seus brazos.

Bieito tiña moitas ganas de tocala e de ver como estaba a auga da súa casiña…

… e a Isaac gustoulle un montón a palmera de mentira que tiña Chispas.

En fin, que a o pasamos moi ben e a coidamos moito!