Arquivos da categoría ‘ANPA’

MEMORIA DA ANPA NEMOS 2011-2012

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Setembro 2012 07:47

Estimadas familias:

No seguinte enlace tedes un documento en formato pdf feito pola ANPA Nemo, onde figuran todas as actividades organizadas pola propia ANPA durante o pasado curso 2011-2012.

Temos que destacar o traballo feito pola nosa ANPA neste curso, xa que non só organizou actividades e eventos senón que colaborou co centro sempre que nos fixo falta.

Para o equipo educativo da escola, a ANPA é unha ferramenta fundamental no día a día da escola e aconsellamos ás familias que axuden e sigan a diante coa asociación.

memoria-2011-2012-para-blogue

Destacaron entre as actividades feitas pola ANPA: a festa de fin de curso, a visita dos Reis Magos, as alfombras florais… así como actividades extraescolares como piscina ou inglés.

Ademais é unha ferramenta de defensa e de protesta que tedes todas as familias do centro.

Sen máis, unha grande felicitación para todos e todas os/as membros/as da ANPA polo seu bo traballo realizado!

ORDE DO DÍA DA XUNTANZA COAS FAMILIAS

Escrito por Equipo Educativo, o 4 Setembro 2012 15:08

<!– @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –>

ORDE DO DÍA DA XUNTANZA COAS FAMILIAS DO 4 DE SETEMBRO DE 2012

  1. BENVIDA E PRESENTACIÓN DO PERSOAL.

  2. DISTRIBUCIÓN DAS AULAS.

  3. ORGANIZACIÓN DO COMEZO DO CURSO

  • PORTAS ABERTAS

  • ENTREVISTAS

  • ADAPTACIÓN

  1. LECTURA DAS NORMAS.

  2. CAMBIOS NO RRI.

  3. MATERIAIS

  4. ANPA.

  5. REPRESENTANTES DO CONSELLO DE PARTICIPACIÓN.

  6. BLOGUE

  7. ROGOS E PREGUNTAS

FESTA DE DESPEDIDA ORGANIZADA POLA ANPA

Escrito por Equipo Educativo, o 27 Agosto 2012 07:50

A ANPA NEMO da nosa escola quere organizar unha festa o vindeiro venres 31 de agosto para despedir como se merecen ás crianzas que se van da nosa escola para o cole d@s maiores!

A FESTA SERÁ A PARTIR DAS 10:00 ATA ÁS 12:00 HORAS!!!

NON FALTEDES!!!

CONCENTRACIÓN EN RIANXO

Escrito por Equipo Educativo, o 28 Marzo 2012 08:26
Dende a ANPA de Rianxo queremos facer chegar este escrito a tódalas
Asociacións de Nais e Pais da rede de escolas infantís a Galiña Azul
que compartan o noso malestar polas modificacións levadas a cabo no
Regulamento de Réxime Interno; así como pola forma na que está
actuando o Consorcio sen ter en conta ás familias.
Dende que xurdeu toda esta problemática a nosa Asociación xa levou a
cabo diferentes actuacións como son a recollida de firmas, a
presentación de diferentes escritos ante o Consorcio, así como unha
concentración diante da escola da que fixemos partícipes a diferentes
medios de comunicación locais. Buscamos tamén o apoio do concello de
Rianxo o cal presentou unha moción nun dos últimos plenos que tiveron
para enviar ao consorcio.
Solicitamos unha reunión con algún responsable do Consorcio, e, aínda
que inicialmente nola concederon, acabaron por cancelala sen motivo
unha vez que se coñeceu que a escola ia quedar como escola de agarda.
Con todo isto e a pesar de manter aberta a nosa escola durante o mes
de Agosto (como escola de agarda); as familias aínda non nos damos por
satisfeitas, pois consideramos que outros temas como a suba das taxas
(escolares e de comedor) ou o cobro anticipado non foron nin tan
sequera mencionados por parte da directiva do Consorcio.
Dende a nosa Asociación, gustaríanos que xa que estamos falanda dunha
"rede" de escolas infantís, fose posible unirnos un gran número de
asociacións para seguir na loita contra o sistema que está impoñendo o
consorcio e os medios que emprega actuando ás espaldas das familias e
olvidandose da conciliación da vida laboral e familiar.
É por iso que nós decidimos levar a cabo unha concentración na porta
do concello á cal imos invitar a diferentes medios de comunicación
para protestar por:

-O malestar das familias ante a actitude dictatorial do Consorcio.

-A suba das taxas e o cobro anticipado.

-A publicación do novo Regulamento unha vez iniciado o curso escolar
con efecto inmediato

-A solicitude de diferentes documentos, como pode ser un certificado
que acredite que o neno se pode reincorporar á escola logo dunha baixa
por enfermidade, que complican a conciliación da vida familiar e
laboral.

-O intento de privatización desta rede de escolas que nalgún caso xa é patente.

-E, en conclusión, as trabas para a conciliacion da vida laboral e
familiar tan necesaria nestes tempos e coa finalidade pola que estas
escolas foron creadas.

OS AGASALLOS DOS REIS MAGOS

Escrito por Equipo Educativo, o 18 Xaneiro 2012 07:18

A ANPA Nemo debe de ter algún tipo de contacto ou enchufe coas altas esferas, xa que non só conseguiron que viñeran anticipadamente os Reis Magos senón que ademais trouxeron un agasallo para cada neno e para cada nena!!!

Dende os máis pequenos ata os máis maiores recibiron un detalle!!!

Para as crianzas foi un momento espectacular…

… estaban nerviosísim@s e moi emocionad@s!

Unha vez que abriron o seu agasallo non o soltaban nin de broma!

Estas familias da ANPA Nemo como se moven!!!

Mirade que content@s quedaron!

TOD@S AO COLO DOS REIS MAGOS

Escrito por Equipo Educativo, o 16 Xaneiro 2012 07:55

Parecía que lles ía costar un montón subirse ao colo dos Reis Magos, pero pouco a pouco foron perdéndolle o medo e non quixeron perder a ocasión…

Os primeiros en pedirlles os seus desexos foron os bebés…

… que como vedes conversaron coas maxestades telepáticamente.

Logo xa os nenos e as nenas de 1-2 anos botáronse para diante e foron subindo ao colo de tres en tres:

Incluso tivemos algún invitade de excepción como foi Iván, que veu a darnos unha visita!

AS profes tamén quixemos aproveitar a oportunidade e pedimos algunhas cousiñas  que outras…!!!

OS REIS MAGOS VIÑERON Á ESCOLA

Escrito por Equipo Educativo, o 13 Xaneiro 2012 07:18

Esta foi a expectación que produciu nas crianzas e nas súas profesoras cando a ANPA Nemo nos informou de que os Reis Magos ían pasar pola nosa Escola…

E aquí están saudando ao persoal!!!

Ao principio non daban crédito de ter ás maxestades diante…

Como cortesía, as nosas crianzas leváronlle un pouco de turrón para que repuxeran forzas.

Pero a maior sorpresa foi cando os Reis Magos sacaron das súas grandes bolsas os diferentes agasallos que a ANPA Nemo lles escribiu na carta…

Volvéronse tolos e tolas cando recibiron cada un o seu agasallo!!!

A verdade é que moi ben se portaron estas crianzas durante todo o ano e os agasallos foron moi pero que moi merecidos…

MOITÍSIMAS GRACIAS AOS REIS MAGOS POR VIR DE TAN LONXE E TAMÉN A ANPA NEMO QUE FOI QUE LLES MANDOU A CARTA!!!

XA ESTÁN CHEGANDO!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 4 Xaneiro 2012 07:00

ACABAN DE INFORMARNOS DENDE A ANPA QUE OS REIS MAGOS E MAILOS SEUS CAMELLOS ACABAN DE ATRACAR NO PORTO DO XUFRE NA ILLA DE AROUSA…

CALCÚLASE QUE SOBRE AS 10:30 HORAS CHEGARÁN Á ESCOLA!!!

NON FALTEDES!!!

ÚLTIMA HORA!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 3 Xaneiro 2012 15:26

DESPOIS DE HORAS DE DURAS NEGOCIACIÓNS, A ANPA DA ESCOLA CONSEGUÍU QUE MAÑÁN PASEN POLA ESCOLA OS REIS MAGOS DE ORIENTE!!!

VAI SER TODO UN ACONTECEMENTO, XA QUE CHEGAN DUNHA LARGUÍSIMA VIAXE NOS SEUS CAMELLOS:

PODEMOS ANTICIPAR A PRESENCIA DOS TRES REIS, QUE SEGUNDO A ANPA DO CENTRO, VAN TRAER ALGÚN QUE OUTRO AGASALLO!!!

A HORA ESTIMADA PARA A CHEGADA Á ESCOLA É ÁS 10:30H.

NON O PERDADES!!!

HOXE TEMOS XUNTANZA!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 1 Decembro 2011 09:00

RECORDADE FAMILIAS QUE HOXE ÁS 17:00 HORAS TEDES UNHA XUNTANZA COA COORDINADORA DE ZONA DO CONSORCIO, QUE VOS ACLARARÁ TODAS AQUELAS DÚBIDADAS E QUEIXAS QUE TEÑADES.

ATA A TARDE!!!

XUNTANZA CO CONSORCIO

Escrito por Equipo Educativo, o 30 Novembro 2011 11:15

FAMILIAS!!!:

RECORDADE QUE MAÑÁN 1 DE DECEMBRO, ÁS 17:00 HORAS, HABERÁ UNHA XUNTANZA NA ESCOLA ENTRE AS FAMILIAS E UNHA REPRESENTANTE DO CONSORCIO. TRATARANSE TEMAS COMO O PECHE DE AGOSTO OU OS CONTINUOS CAMBIOS DE HORARIO ENTRE OUTRAS CUESTIÓNS.

É IMPORTANTE QUE TODAS AS FAMILIAS ASISTAN Á XUNTANZA XA QUE AFECTA EN MAIOR OU EN MENOR MEDIDA A TOD@S.

VÉMONOS MAÑÁN!!!

REUNIÓN DE NAIS E PAIS COA COORDINADORA DO COSNSORCIO

Escrito por Equipo Educativo, o 28 Novembro 2011 15:12

CIRCULAR DA ANPA NEMO

CON MOTIVO DOS CAMBIOS ESTABLECIDOS NO NOVO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DAS ESCOLAS INFANTÍS, SOLICITOUSE UNHA REUNIÓN COA COORDINADORA DE ZONA PARA QUE AS FAMILIAS POIDAMOS FACER AS PREGUNTAS QUE SE CREAN NECESARIAS, ASÍ COMO AS REIVINDICACIÓNS OPORTUNAS.

ESTA REUNIÓN TERÁ LUGAR O XOVES DÍA 1 DE DECEMBRO NO COMEDOR DA ESCOLA ÁS 17:00 HORAS.

DADA A IMPORTANCIA DOS TEMAS A TRATAR ESPERAMOS A MAIOR ASISTENCIA POSIBLE XA QUE AFECTA A TODOS/AS.

ESCRITO DA ANPA AO XERENTE DO CONSORCIO

Escrito por Equipo Educativo, o 16 Novembro 2011 08:21

Este é o escrito que enviou a ANPA Nemo da Escola Infantil da Illa de Arousa ao xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez.

Nel aparecen as reivindicacións que fan as familias no tocante ao cambio do regulamento de réxime interno sen previo aviso e un mes despois de ter iniciado o curso:

DIARIO DE AROUSA

Escrito por Equipo Educativo, o 8 Novembro 2011 09:42

Esta outra noticia pertence ao Diario de Arousa:

FARO DE VIGO

Escrito por Equipo Educativo, o 7 Novembro 2011 14:01

FARO DE VIGO

Escrito por Equipo Educativo, o 7 Novembro 2011 13:36

Esta foi a noticia que saíu no Faro de Vigo o días seguinte á reunión das familias:

HOXE TEMOS XUNTANZA COAS FAMILIAS!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 2 Novembro 2011 07:38

FAMILIAS!!!!

LEMBRADE QUE HOXE MÉRCORES 2 DE NOVEMBRO ÁS 17:00 HORAS, TERÁ LUGAR UNHA XUNTANZA CON TODAS AS FAMILIAS NA ESCOLA.

O PRINCIPAL MOTIVO DESTA REUNIÓN É TRATAR DE ESCLARECER AS MODIFICACIÓNS NO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA, ADEMAIS DE TOMAR AS MEDIDAS OPORTUNAS QUE SE ADOPTEN.

PREGAMOS QUE ASISTADES TODOS E TODAS POSTO QUE CONSIDERAMOS QUE É UN TEMA MOI IMPORTANTE E QUE AFECTA AS FAMILIAS DIRECTAMENTE.

MOITAS GRACIAS.

REUNIÓN COAS FAMILIAS

Escrito por Equipo Educativo, o 31 Outubro 2011 08:33

O VINDEIRO MÉRCORES 2 DE NOVEMBRO ÁS 17:00 HORAS, TERÁ LUGAR UNHA XUNTANZA CON TODAS AS FAMILIAS NA ESCOLA.

O PRINCIPAL MOTIVO DESTA REUNIÓN É TRATAR DE ESCLARECER AS MODIFICACIÓNS NO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA, ADEMAIS DE TOMAR AS MEDIDAS OPORTUNAS QUE SE ADOPTEN.

PREGAMOS QUE ASISTADES TODOS E TODAS POSTO QUE CONSIDERAMOS QUE É UN TEMA MOI IMPORTANTE E QUE AFECTA AS FAMILIAS DIRECTAMENTE.

MOITAS GRACIAS.

AGASALLO DA ANPA NEMO

Escrito por Equipo Educativo, o 28 Outubro 2011 08:50

A ANPA Nemo tivo o gran detalle de agasallarnos con este maravilloso cadro feito por Cris, a nai de Carla. Foi un agasallo de despedida xa que a promoción de 2-3 anos do ano pasado xa non está con nós.

debuxou este precioso galeón e puxo a cada un dos nenos e das nenas nel, ademais de non deixar atrás a ningunha profesora… A laura e a Begoña (as súas profesoras) representáronas nin máis nin menos que de sereas!!!

… e ao resto de peixes ou incluso de cebo!!!

MOITAS GRACIAS!!!

A DURA DESPEDIDA…

Escrito por Equipo Educativo, o 24 Setembro 2011 08:00

Que duras son as despedidas e sobre todo cando despois de tanto tempo e de ver crecer a estas crianzas….

… pois si, se nos fan maiores e se nos van!!!

Este foi un agasallo que nos fixo a ANPA Nemo a todo o persoal educativo do centro: unha preciosa flor e un bonito marcapáxinas elaborado por Mari, unha das nais da Anpa.

Ademais, por se fora pouco, Cris (a nai de Carla) físonos este precioso debuxo na que aparecen as caras de todo o persoal educativo da escola. Unha auténtica obra de arte!!!

En contrapartida, Begoña deu un pequeno discurso en nome de todo o persoal, que emocionou ata ás prantas!!!

agradecementobegona

ATA SEMPRE FAMILIAS!!!

ACTUACIÓN DO GRUPO DORNA

Escrito por Equipo Educativo, o 21 Setembro 2011 07:57

As familias da ANPA Nemo quixéronse despedir de nós neste curso que rematou 2010-2011, organizando unha festa de despedida…

Como sorpresa e parte principal da festa foi a actuación do Grupo Dorna, da Illa de Arousa, que fixo as delicias das crianzas tocando pezas con gaitas, bombo, tambores e demais…

A actuación foi no patio, xa que nos acompañou un día extraordinario…

Grandes e pequen@s estabamos moi atentos e encantados coas pezas que nos tocaron…

… incluso as profes estaban tan ledas que se puxeron a bailar!!!

Un forte aplauso para o grupo Dorna!!!

MOITAS GRACIAS Á ANPA E AO GRUPO DORNA!!!

VIDEO MONTAXE: O TREN DOS SABORES

Escrito por Equipo Educativo, o 20 Xuño 2011 08:00

Na seguinte video-montaxe podedes ver con máis detenimento a costrucción dos trens das diferentes aulas:

tren_0001

QUE BEN O PASAMOS!!!

AS CORES: Vermello

Escrito por Equipo Educativo, o 15 Maio 2011 10:02

A outra cor coa que quixemos experimentar foi o vermello:

A algúns como a Samu encantoulles meterse dentro das tendas para xogar na intimidade…

… mentres que outros coma Xabi, Jorge ou Aarón prefiriron degustar alimentos vermellos como a sandía!

Outros zampáronse as fresas de dúas en dúas!!!

Incluso pintaron coas froitas coma as fesas ou coa sandía…

Quedounos bastante claro que o prato estrela foron as fresas… unmmmm!!!

… e logo a sandía!!

Pero moito coidado non lles tocara una fresa un pouco verde como a Iván! Mirade que cara…

E por último uns contos relacionados coas cores para finalizar a sesión programada pola Anpa Nemo!!!

MOITAS GRACIAS Á ANPA NEMO POR PROGRAMAS ESTA ACTIVIDADE PARA A ESCOLA!!!

AS CORES: Verde

Escrito por Equipo Educativo, o 14 Maio 2011 11:01

Outra das tendas era a da cor verde:

que tamén estaba acompañada dunha mesa con alimentos de cor verde.

As crianzas tocaban, olían, probaban…

… ademais de escoitar uns contos relacionados coa cor.

Parecía que os nenos e as nenas non facían outras cousas que pensar en verde…

Ata nos acostumamos a ver alimentos verdes no noso prato á hora da comida!!!

As crianzas pasárono pipa xogando e manipulando!

E despois da tenda de cor verde, cal tocará logo?

AS CORES: Amarelo

Escrito por Equipo Educativo, o 12 Maio 2011 09:27

A ANPA Nemo, xunto coas educadoras da escola, diferenciou as tendas de campaña por cores. Esta é a tenda do amarelo:

Ao lado da tenda había unha mesa de experimentación onde só había froitas e obxectos amarelos…

… ademais de pegar gomets de cor amarelo.

Probaron plátanos, limóns, mazáns…

… e manipularon todo tipo de materiais amarelos.

Ata usaban as froitas para pintar!

Aínda que o mellor para algún foi a merendola que se pegou!!!

ACTIVIDADE DA ANPA: AS CORES

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Maio 2011 09:35

Outra actividade que a ANPA Nemo quixo organizar  para facer na escola foi a seguinte…

Un obradoiro de cores donde as crianzas experimentaron con alimentos, obxectos, contos…

Utilizamos as tendas de campaña que usaramos para o poboado indio para diferenciar as cores.

Ademais cada mesa tamén estaba destinada a unha cor…

… onde os nenos e as nenas manipulaban os obxectos desa cor.

Probaron alimentos coma fresas que lles encantaron…

… e tamén desfrutaron dunha pequena sesión de contacontos!

… coa que nos agasallaron as nais da ANPA!

VIDEO-MONTAXE: LENDO NO POBOADO INDIO

Escrito por Equipo Educativo, o 8 Maio 2011 05:26

Na seguinte video-montaxe podedes seguir máis detalladamente como foi o día no que un poboado indio nos visitou no patio da escola!!!

indios_0001

DANZA DA CHOIVA

Escrito por Equipo Educativo, o 7 Maio 2011 10:26

Despois de tanto ler, desfrutamos dunha representación da danza da choiva que nos fixeron as amigas da biblioteca….

… como podedes ver a expectación foi máxima!

Algúns creían que ía a arder todo o patio con semellante fogueira…

Ata que comezou o ritual da danza, ao carón da fogueira.

Logo levantámonos e puxémonos a danzar coma os indios!

A verdade é que é unha estampa moi divertida, verdade?


LENDO NO POBOADO INDIO

Escrito por Equipo Educativo, o 6 Maio 2011 09:54

A ANPA Nemo, organizou no patio de herba da escola unha actividade para a animación á lectura.

Trouxeron unhas tendas de campaña ao estilo indios, e as dispuxeron de tal maneira de que en cada unha delas houbera alguén contando un conto.

Todos os nenos e todas as nenas pasaban por todas as tendas, sen perderse o conto que había en cada tenda.

Os contos eran relatados por unhas rapazas que son asiduas á biblioteca e que fixeron as delicias das crianzas!

Entre os contos e as tendas, as crianzas estaban encantadas!

Foi algo novo para eles e tamén para as familias da ANPA, que viron como é traballar con tant@s nen@s.

Foi unha moi boa experiencia …

… e cunha finalidade moiinteresante que non era outra que ir acostumbrando á lectura ás crianzas!

Ademais tivemos moita sorte de contar con estas contadoras de historias tan boas!

MOITAS GRACIAS Á ANPA NEMO E ÁS CONTADORAS DE HISTORIAS!!!

FESTA DE ENTROIDO: Video de “Eu reciclo, ti reciclas, nós reciclamos”

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Marzo 2011 19:44

Aquí tedes un par de videos onde podedes ver a representación da Anpa “Nemo Produtions”

reciclo

A que o fixeron moi ben?

reciclo2

FESTA DE ENTROIDO: “Eu reciclo, ti reciclas, nós reciclamos”

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Marzo 2011 18:34

A Anpa da nosa escola tamén quixo aportar o seu granciño de area facendo unha representación da obra “Eu reciclo, ti reciclas, nós reciclamos”…

Esta é unha obra de creación propia da Anpa, que traballou moi duro nos días anteriores á festa para facer os disfraces.

Foi una obra moi didáctica, xa que as crianzas aprenderon cales son os contedores de reciclaxe…

… ademais de pasar un moi bo rato!

A verdade é que non parecían nais e pais, senon actores e actrices de nivel!

Como podedes ver os disfraces das personaxes estaban moi traballados…

… e ao final da representación as nais e pais da Anpa repartiron camisetas nas que se podían ler: “Na Illa de Arousa reciclamos tod@s”

MOITAS GRACIAS Á ANPA POLA COLABORACIÓN, FIXÉSTEDELO MOI BEN!

“OS PEQUENOS CONTACONTOS”

Escrito por Equipo Educativo, o 1 Decembro 2010 10:48

A ANPA Nemo infórmavos de que hoxe mércores 1 de decembro ás 17:30 horas na biblioteca municipal da Illa de Arousa, estades todos e todas convidados a desfrutar dun contador de historias moi especial: “Os pequenos contacontos”.

Trátase dunha actividade pensada para que as vosas crianzas desfruten con todos os seus sentidos e representada por nenos e nenas asiduas á biblioteca municipal que prepararon diversos contos con moito cariño e esmero.

PROXECTO MICROSCOPIO

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Novembro 2010 17:46

A ANPA Nemo anúnciavos que mañán martes día 30 de novembro ás 17:30 horas, estades todos e todas convidados a descubrir o microscopio do bosque do gnomo. Terá lugar no auditorio municipal da Illa de Arousa.

Excursión á granxa Serantellos

Escrito por Equipo Educativo, o 21 Xullo 2010 07:07

A Anpa da nosa Escola comezou a funcionar neste curso e a verdade é que o fixo con moitos folgos e ánimos.

Colaboraron coa Escola na festa de fin de curso, organizaron actividades como a piscina ou excursións como un paseo en dorna ou esta visita á granxa Serantellos de Cambados.

videogranxa

Como vedes no video as crianzas desfrutaron moitísimo e puideron descubrir como son en realidade algúns dos animais que temos nos contos…

Noraboa Anpa Nemo!

As familias participaron na festa…

Escrito por Equipo Educativo, o 2 Xullo 2010 10:35

Unha das actividades das que desfrutamos o pasado venres na festa de fin de curso estivo protagonizada polas familias da ANPA Nemo, que quixeron contribuir cantando e representando as seguintes cancións: “Xoan pequeno” e “Chocaron dous coches” como podedes ver no seguinte video!!!

cancionsanpa

Moi ben familias, fixéstedelo moi ben!!!

Os murais familiares das Letras Galegas

Escrito por Equipo Educativo, o 8 Xuño 2010 06:57

Ademais do teatro de Chiqui Pereira e da actuación do grupo de música tradicional galego Dorna, a ANPA Nemo quixo colaborar co centro facendo unha actividade coas familias.

Propuxeron que cada familia e cada aula fixeran un mural sobre Uxío Novoneyra e este foi o resultado:

Mural da Aula Saturno 0 - 1 anos:

Mural da aula Marte 1 - 2 anos:

Mural da Aula Lúa 1 - 2 anos:

Mural da Aula Sol 2 -3 anos:

E estas foron as creacións que fixeron as familias coa axuda das crianzas na casa:

  • Alma, Lucas, Bieito e Asier:

  • David, Kira, Isaac e Kiara:

  • Hugo, Adriel, Iker e Iván:

  • Tais, Tais, Eloy e Ingrid:

  • Xurxo e Daniel:

Moitas gracias a tódalas familias participantes!!!

Como desfrutamos do grupo DORNA!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 4 Xuño 2010 09:03

A nosa gran ANPA Nemo non quiso deixar pasar a oportunidade de celebrar o Día das Letras Galegas por todo o alto.

Para iso, organizou como actividade extraescolar unha actuación do grupo de música tradicional galega Dorna.

Este grupo da Illa de Arousa fixo as delicias de familias …

… e tamén das crianzas!!!

Desfrutamos de máis dunha hora de música e bailes tradicionais galegos…

Ademais, os compoñentes do grupo Dorna tiveron  o detalle de deixarlle os instrumentos aos nenos e as nenas…

… o que resultou moi pero que moi simpático!!!

Por todo iso, moitas gracias á Anpa Nemo e tamén ao grupo Dorna que o fixeron moi ben!!!

GRACIAS