Arquivos da categoría ‘Eventos’

A CANTAREIRA

Escrito por estefania_arousa, o 19 Marzo 2013 08:26

Despois do entroido comezamos a traballar a unidade didáctica ” A Cantareira”. Primeiro cada aula ensaiou algunhas cancións que cantamos a miudo e despois xuntámonos para cantalas todos xunt@s e grabalas.

Así que  todas as aulas fomos á aula das Filloas, fixemos esta gran roda e puxémonos a cantar.

Tiñamos un gran repertorio, pero ellexíamos por preferencia as que máis nos gustaban.

Ata houbo quen se atreveu a saír ó medio para cantar, como fixo Paula na canción “A caracola Manola”.

Estaban todos moi atentos e reproducindo con xestos cada canción.

Pasámolo moi divertido, temos que repetir!

Agora levaredes un cd para a casa para que os vosos pequen@s poidan escoitar estas cancións que tanto lle gustan na escola. Eso sí, non teñades en conta os desafinos dos educadores, que algún haberá por ahí.

CHOCOLATADA DE FIN DE ANO

Escrito por equipo educativo, o 15 Xaneiro 2013 08:45

E como cada Nadal, na Illa de Arousa, celebramos o remate do ano cunha gran chocolatada.

Aquí estamos todos/as moi ansiosos/as agardando a que chegue o chocolate.

E cando por fin chega, saboreámolo con moito gusto en cada recunchiño da nosa boca…

Acompañámolo cuns deliciosos churros moi doces…

Estaba todo boísimo!

Mirade as nosas caras de ledicia!

E de pracer… con tanto azucre!

Uns dos que máis disfrutaron foron Tamara e Xabi, encantoulles! Non pararon de comer en ningún momento.

E Mon foi un gran devorador de churros!

Todos/as comemos con moitas ganas…

Como nos gustan as celebracións con sabor a chocolate!

Gústannos tanto que non paramos de chupar os dedos! Estaba todo delicioso!

kkjklk

CHEGOU O APALPADOR!!!

Escrito por equipo educativo, o 10 Xaneiro 2013 08:23

Un ano máis veu o apalpador a facernos unha visita. Xa tiñamos todo preparado para este acontecemento…

Primeiro comezou Pili contándonos o conto do apalpador.

E despois de esperar un bo anaco…

Apareceu pola porta o señor Apalpador!!!

As crianzas da escola quedarón abraiadas, aínda que houbo algunhas que levaron un bo susto!

O señor Apalpador, como é costume, tróuxonos a castaña da sorte para o vindeiro ano!

Aínda que algúns o miraban con desconfianza…

Outros aproveitaban para desenvolver o paquete e comer a castaña.

O Apalpador ía preguntandolle a cada criatura se comían ben, pero aquí non había problema porque somos de bo dente.

Ata houbo castañas para as mestras!

Pero o que non nos podíamos imaxinar e que tamén traía  unha morea  de agasallos!!!

Mirade para aquí cantas cousas…!!!

Un piano, mordedores e unha fermosa bolboreta para os cacheliños,…

Un carriño da compra e unha cesta que tanta falta nos facía para ir ó noso mercado, …

Encaixables, puzles, etc, … MOITAS GRACIAS APALPADOR!!!

E unha vez rematada a súa visita, o apalpador despediuse de todos para seguir o seu camiño cara outras escolas. Queda todo un longo ano para que poidamos desfrutar de novo da súa presenza!

Ata o ano que ven!!!!

Pero aínda que o apalpador xa marchara, nos seguimos con moito baile!

VISITA AO PLANETARIO

Escrito por equipo educativo, o 19 Novembro 2012 08:18

A ANPA da escola infantil da Illa de Arousa, organizou unha saída ao planetario que se atopa en Vilagarcía de Arousa.

As crianzas foron acompañadas polas súas familias.

E para elas, era unha gran experiencia, mirade que caras de alegría!

Aquí está Alén, Hugo e Saleta, acompañados polas súas mamás.

Mon e Rafa coa súa mamá, así coma Laura.

Cando entramos dentro do planetario foi todo unha sorpresa, xa que había moitísimas imaxes diferentes e preciosas.

Aínda que tamén houbo algún que outro choro

A FESTA DE SAMAÍN !!!

Escrito por equipo educativo, o 13 Novembro 2012 08:21

Aquí comeza a gran festa de Samaín, entre escuridade, veas, bruxas, esqueletes, vampiros, etc…

O primeiro que fixemos foi preparar a nosa “queimada”. Para eso a nosa bruxa Carmen leu o conxuro, botou os ingredientes e comezou a remexer coa nosa axuda…

Mirade os maiores da escola que xeitiño lle damos á culler de barro. Somos uns expertos!!!

Aínda que ós “pementos de Padrón” tampouco se lle da nada mal !

E os demais non perdíamos detalle, xa que aquelo estábase poñendo moi interesante…

Por fin rematada a queimada chegou o momento máis esperado por todos nos: PROBALA!!! Estaba ben boa porque non deixamos nin gota no vaso.

E para acompañar á queimada, unhas pombiñas de millo recen feitas que desaparecían do prato nun abrir e pechar de ollos!

Aquí está o cacheliño Breixo que non quixo perderse a súa primeira festa de Samaín. Que pena que o resto dos cacheliños non puideran subir porque estaban durmindo.

Mirade as “filloas con mel” que guap@s están cos seus disfraces… Que medo!!!

Os “pementos de Padrón” estaban encantados cos seus disfraces de Samaín e posaron para a foto que daba gusto velos.

EXPOSICÓN DE CALACÚS

Escrito por equipo educativo, o 12 Novembro 2012 08:32

A finais de outubro, celebramos na escola a festa do Samaín.

E con motivo desta festa, fixemos unha gran exposicións de calacús no corredor.

As familias participaron con moitísimas gañas, e aquí podedes ver o magnífico resultado e o impresionante que quedaron todas elas.

E aquí temos a parte dos nenos/as da aula da “Empanada galega”, posando moi orgullosos cos sues calacús.

O PAPÁ DE XIANA

Escrito por equipo educativo, o 23 Setembro 2012 08:27

Ca chegada do novo curso, e cos cambios de aula, o pai de Xiana veu a axudarnos cuns pequenos arregliños na escola.

Moitísimas grazas papá de Xiana pola túa colaboración.

PORTAS ABERTAS

Escrito por equipo educativo, o 21 Setembro 2012 08:26

Como cada comezo de curso, facemos unha xornada de portas abertas, onde as familias, nenos/as e amigos/as poden visitar a nosa escola. Aquí temos a María, na aula de bebés que veu acompañada da súa nai.

Estes nenos/as tan guapos son da aula de 1-2 pequenos, que viñeron acompañados da súas familias.

Disfrutaron moito da súa clase nova, e unha das cousas que máis lles gustou foi a piscina de bolas.

Aquí temos a Mariña Atenea e a Laura na súa clase nova, elas pertencen a aula de 1-2 maiores.

O primeiro día de escola tíñamos moitísimas novidades que ver!

E logo de inspeccionar as diferentes aulas, fomos o patio xa que estaba un día fantástico!

Xogamos coas bicis, cos coches, cos carriños… cantos xoguetes novos!

E despois de pasalo tan ben, moitos dos nenos/as non querían marchar.

E despois deste gran día, mañá comezaremos co periodo de adaptación.

AARON TROUXONOS UNHA MOREA DE XOGUETES!

Escrito por equipo educativo, o 20 Setembro 2012 08:06

Atención! Unha morea de xoguetes chegaron á nosa escola…

E non os trouxo nin Papa Noel nin os Reis Magos…

Senón que foi Aaron e a súa nai, que nos trouxeron todos estos xoguetes que non ían usar… Moitísimas grazas por todo!

BENVID@S AO CURSO 2012-2013!

Escrito por Equipo Educativo, o 19 Setembro 2012 07:15

DENDE O EQUPO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL DE A ILLA DE AROUSA, QUEREMOS DAR A BENVIDA A TODAS AS NOVAS FAMILIAS.

ESPEREMOS QUE O NOSO TRABALLO SEXA DO VOSO AGRADO E QUE XUNTO COA VOSA LABOURA NA CASA, O DESENVOLVEMENTO DAS VOSAS CRIANZAS SEXA O CORRECTO.

iNFORMARVOS A TODAS AS FAMILIAS DA ESCOLA QUE A TEMÁTICA DESTE ANO VAI SER A GASTRONOMÍA GALEGA, POLO QUE OS NOMES DAS AULAS SERÁN AS SEGUINTES:

  • AULA DE BEBÉS: “OS CACHELOS”

  • AULA DE 0-1: “EMPANADA GALEGA”

  • AULA MIXTA: “PEMENTOS DE PADRÓN”

  • AULA DE 2-3: “FILLOAS CON MEL”

DESEXÁMOSVOS UN FELIZ CURSO NA ESCOLA!

A XUNTANZA COAS FAMILIAS…

Escrito por Equipo Educativo, o 18 Setembro 2012 07:48

A pasada semana tivo lugar na Escola unha xuntanza con todas as familias onde informouse do funcionamento e das normas da escola…

Asistiron case que todas as familias, as cales escoitaron moi atentamente as novas…

… mirade con que dedicación leían as normas…

Para todas aquelas familias que non puideron asistir á xuntanza que non se preocupen, xa que faremos outra coas novas familias a principios de outubro.

E para calqueira dúbida que teñades tedes á vosa disposición ao equipo educativo da escola!!!

Un saúdo e moitas gracias ás familias asistentes!

A GRAN MERENDA

Escrito por equipo educativo, o 17 Setembro 2012 08:08

E despois de tantas sorpresas, chegou a hora de repoñer forzar cunha gran merenda.

Biscoitos, doces, lambetadas…había moitas cousas!

E todo isto, acompañado duns grans amigos/as!

Todos/as gozamos coas colchonetas, coas actuacións e coa merenda.

Unha vez máis, darlle as grazas á ANPA polo seu traballo e dedeicación a escola. Moitísimas grazas!

O POLO PEPE E OS SEUS AMIGOS/AS

Escrito por equipo educativo, o 14 Setembro 2012 08:10

E aínda había máis sorpresas! Despois apareceron polo Pepe e Cocorico, acompañados das súas cancións…

E de bailes, onde todos os nenos/as participarón con moitas gañas.

E despois de bailar, aparecerón Bob Esponxa, Calamardo e Patricio, e con eles houbo máis bailes e música!

Vaia festa máis divertida! Foi todo un éxito!

A RATIÑA PRESUMIDA

Escrito por equipo educativo, o 13 Setembro 2012 08:12

E despois de saltar e saltar, fómonos ó outro patio onde nos agardaban máis sorpresas…

Disfrutamos das cancións que nos cantaban dúas grandes rás… Así como dos seus bailes.

Despois tivemos a representación do conto “A ratiña presumida”, con moitísimas personaxes.

Estábamos moi atentos gozando coa actuación.

Durante a festa tamén houbo un obradoiro de maquillaxe, donde nos puxemos ben guapos, senón mirade Iris que fermosa está.

E Sofía que tamén estaba guapísima!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Escrito por Equipo Educativo, o 31 Agosto 2012 07:02

DENDE A ESCOLA INFANTIL DE A ILLA DE AROUSA QUEREMOS INVITARVOS A TODOS E A TODAS A UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO MÉRCORES 5 DE SETEMBRO.

PODEDES VIR AS FAMILIAS, @S VECIÑ@S E TODO AQUEL QUE QUEIRA VER COMO É A NOSA ESCOLA E COMO TRABALLAMOS.

XUNTANZA COAS NAIS E COS PAIS

Escrito por Equipo Educativo, o 30 Agosto 2012 07:58

RECORDÁMOSVOS QUE O VINDEIRO MARTES 4 DE SETEMBRO TEREMOS UNHA XUNTANZA CON TODAS AS FAMILIAS DA NOSA ESCOLA ÁS 17:00 HORAS.

PEDÍMOSVOS QUE NON FALTEDES POLA IMPORTANCIA DA XUNTANZA E RECOMENDAMOS QUE VEÑADES SEN AS CRIANZAS XA QUE SE VAN A ABURRIR.

MOITAS GRACIAS, UN SAÚDO E VÉMONOS NA XUNTANZA!

FESTA DE DESPEDIDA ORGANIZADA POLA ANPA

Escrito por Equipo Educativo, o 27 Agosto 2012 07:50

A ANPA NEMO da nosa escola quere organizar unha festa o vindeiro venres 31 de agosto para despedir como se merecen ás crianzas que se van da nosa escola para o cole d@s maiores!

A FESTA SERÁ A PARTIR DAS 10:00 ATA ÁS 12:00 HORAS!!!

NON FALTEDES!!!

MERENDA E KARAOKE

Escrito por equipo educativo, o 17 Agosto 2012 08:27

E despois da entrega de orlas, avaliacións e representación dos contos, preparámonos para ir a merendar e repoñer forzas.

Pero houbo quen preferiu quedar no karaoke cantando e bailando.

E pouco a pouco, foron animándose todos a subir o escensario.

Mirade Xabi e Nicole, que non soltaban nin o micro, estaban moi animados cas cancións.

Acompañadas por bailes, como Bego ca mamá de Breogán, vaia dúas máis festeiras!

E despois a refescarse e a comer algo, que a tarde fora moi longa.

Aínda que Fany e Breogán preferían seguir de troula cas marionetas do conto do “Coelliño branco”.

Queremos agradecer a todas as familias a súa colaboración e participación, moitísimas grazas!

ORLAS DE “ONDE PERDEU LÚA A RISA”

Escrito por equipo educativo, o 16 Agosto 2012 08:18

E os últimos en recoller as orlas foron os da clase dos maiores, que foron entregadas por Carmen e Eva. Temos en primeiro lugar a Aaron e a súa nai, e a Iván coa súa.

Sofía coa sús nai, e Xabi coa súa.

Despois foi Marcos co seu pai e Noa co seu.

Jorge coa súa nai e Lucas co seu pai.

Despois foi Gustavo acompañado pola súa nai e Iris tamén.

Dani Pérez coa súa nai, e Diego coa súa.

Adrián coa súa nai, e Dani Diestre e María.

E por último Dani Pazos co seu pai, e o seu irmán Samu acompañado pola súa nai.

ORLAS DO “RATO PACO”

Escrito por equipo educativo, o 15 Agosto 2012 08:37

E as encargadas de repartir as orlas na aula do “Rato Paco”, foron Pili e Fany. Temos a Marta e a Sabela acompañada do seu irmán Lois.

Tamén estaba Rafa e Uxia.

Héctor acompañado da súa nai e por outro lado Raysa.

Diego acompañado pola súa nai e máis Gael acompañado de Rosi.

E por últimos Brais acompañado polo seu pai, e Breogán que como xa é moi maior xa foi el só.

ORLAS DA “EIRUGA LARPEIRA”

Escrito por equipo educativo, o 14 Agosto 2012 08:39

Os seguintes en recoller as orlas e as avaliacións foron os neons/as da clase da “Eiruga larpeira”, que foron repartidas polos seus profes Bego e David. Comezou recollendo a orla Rocio acompañada pola súa nai.

Logo foi Xiana acompoañada polo seu pai.

Vera co seu pai.

Sofía acompañada pola súa avoa.

Paula polo seu pai.

Hugo pola súa nai.

E Damián tamén pola súa nai.

ORLAS DA “CEBRA CAMILA”

Escrito por equipo educativo, o 13 Agosto 2012 08:28

Durante a festa de fin de curso, cada aula entregou unha orla de recordo para cada neno/a, así como un boletín informativo. Empezando pola aula de bebés, onde Pili e Laura repartiron as elaboradas polos máis pequenos.

m

Aquí temos a Christian acompañado por Jessica.

Blanca acompañada pola súa nai.

Adriana acompañada pola súa nai.

Olaia acompañada pola súa nai.

Marteo acompañado polo seu pai.

E por último, Alex acompañado pola súa tía.

XA TEMOS RADIOS!

Escrito por equipo educativo, o 9 Agosto 2012 08:47

Durante a festa de fin de curso recibimos a visita de Lola, como representante do concello de A Illa de Arousa, que nos trouxo un regaliño.

Tratábase dun aparato de música para cada aula, que recibimos con moita sorpresa e alegría.

Moitísimas grazas ó concello por este agasallo.

FESTA DE FIN DE CURSO

Escrito por equipo educativo, o 8 Agosto 2012 08:35

Un ano máis, celebramos unha gran festa como despedida do curso 2011-2012. Comenzamos cunha gran montaxe fotográfica para recordar as actividades e momentos máis interesantes que acontececeron durante este curso. A encargada de facelo foi Fany.

Todos/as estábamos moi atentos, e non perdemos ningún detalle do gran acontecemento.

E pouco a poucoco auditorio foise enchendo de nenos/as, pais, nais e familiares.

Foi moi emocionante, xa que tamén foi unha pequena despedida dos nenos/as que se van para a escola dos maiores.

TODOS A BAILAR

Escrito por equipo educativo, o 31 Xullo 2012 12:18

E despois da gran actuación musical que fixeron os nenos/as do grupo de música e baile tradicional galego “Dorna”, bailaron para todas as crianzas.

Estábamos todos encantados, sentados moi a gusto sin movernos do noso sitio.

Xa que estabamos impresionados cos nosos amigos/as.

E con tanta festa, nos tamén nos animamos a bailar!

Como auténticos bailaríns!

De novo agradecerlle os membros da ANPA a organización desta actividade ca que tanto desfrutamos.

MÚSICA NA ESCOLA

Escrito por equipo educativo, o 30 Xullo 2012 08:29

O grupo de música e baile tradicional galego “Dorna” de A Illa de Arousa fíxonos unha visita a escola donde representaron unha gran actuación.

Non perdemos detelle en ningún momento, xa que estábamos encantados de escoitar a música.

Cantamos, bailamos… e gozamos coa actuación.

Moitas grazas a ANPA polo seu traballo e pola organización da actividade.

HOXE TEMOS A VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Escrito por Equipo Educativo, o 21 Xuño 2012 08:42

Hoxe na nosa escola temos a gran fortuna de gozar coa gran artista da interpretación Paula Carballeira, que vai facer unha sesión de contacontos que de seguro fará as delicias das nosas crianzas!!

VISITA DA AUTORA DE MALA MALONA

Escrito por equipo educativo, o 9 Maio 2012 08:22

E despois de facer a representación do conto de “Mala Malona tiña tal… rabo”, recibimos a visata da súa escritora Cristina F.

Que nos fixo unha fermosa exposición cos seus contos.

Tamén podíamos ver as diferentes ilustracións que forman parte das historias de Mala Malona.

Este espazo foi moi ben acollido polas crianzas, xa que era moi accesible e podían desfrutar dos contos en calquera momento.

Moitas grazas Cristina F. pola túa visita e polo agasallo que nos deixaches na escola.

FESTA DE ENTROIDO: VIDEO A BAILAR!

Escrito por Equipo Educativo, o 24 Marzo 2012 09:05

Na seguinte ligazón podedes ver un video das crianzas bailando na festa de Entroido:

dscf2164

FESTA DE ENTROIDO: A BAILAR!

Escrito por Equipo Educativo, o 23 Marzo 2012 07:30

Despois de tanta actuación  e representación…

… as crianzas querían mover o seu esquelete…

Momento que aproveitaron  as profes para sacarse fotos coas crianzas!

Así bailaron dende a lambada…

… ata o Ai se te pegho!!!

FESTA DE ENTROIDO: REPRESENTACIÓN DO RATO PACO

Escrito por Equipo Educativo, o 16 Marzo 2012 07:31

A aula do Rato Paco quixo poñer o seu granciño de area na festa de Entroido…

… facendo unha representación do conto que da nome á súa clase!

Así que Fani e Pili puxéronse mans á obra…

… e disfrazadas do rato paco…

… e coa axuda de Rafa…

… fixeron unha magnífica representación!

FESTA DE ENTROIDO: ATA SE DISFRAZARON AS PROFES!

Escrito por Equipo Educativo, o 12 Marzo 2012 07:22

Como non podía ser doutra maneira, as profes das diferentes aulas tamén se disfrazaron en relación ao conto que representan.

Así, Carmen e Eva disfrazáronse dos animais que hai no conto “Onde perdeu lúa a risa?”…

…Pili ía de Cebra Camila…

… xunto con Laura.

Begoña e David foron de eirugas larpeiras…

E Fani e Pili de Ratos Pacos!

Ademais este ano tocoulle presentar o espectáculo a Laura, que o fixo moi ben!

FESTA DE ENTROIDO: REPRESENTACIÓN DA EIRUGA LARPEIRA

Escrito por Equipo Educativo, o 1 Marzo 2012 07:30

Despois da banda de música, Begoña e David (profes da aula da Eiruga Larpeira) representaron o conto que da nome á clase…

Mentras david contaba a historia…

Begoña facía de pequena eiruga larpeira que saía do ovo…

Tanto paseou que lle entrou unha fame enorme… e comezou a comer laranxas…

… tamén lle tiraba o doce, como este rico pastel…

… valíalle tamén un ovo frito…

… e ata unha piruleta!!

Tanto comeu que xa non podía volar para a súa casa da árbore, polo que tivo que facerse un capullo de seda e botarse a durmir:

Cando espertou, a eiruga larpeira converteuse nunha fermosa…. bolboreta!!!

BANDA DE MÚSICA

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Febreiro 2012 08:00

A primeira actuación que tivemos  na festa de Entroido deste ano foi a da Banda de Música Municipal…

… que nos deleitou con tres pezas…

… que fixeron as delicias de grandes e pequen@s!

A verdade é que non se notaba a xuventude dos seus compoñentes, xa que demostraron moita calidade…

Unha vez concluída a actuación, as crianzas da escola agasallamos á banda cun antefaz feito por nós.

MOITAS GRACIAS POR COLABORAR COA ESCOLA!!!

TOD@S AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA!

Escrito por Equipo Educativo, o 25 Febreiro 2012 08:34

Do 4 ao 31 de marzo de 2012

Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Este proxecto cultural que comezou a andar no ano 2000, constitúe unha das pezas máis prezadas da programación anual do Concello de Pontevedra. O Salón do Libro segue a ser un espazo marabilloso, creado grazas a implicación de moitas persoas que, coma vós, adicades parte do voso tempo a que esta sexa unha realidade que poder amosar orgullosos e orgullosas á cidadanía en xeral e aos nenos e nenas en particular.

O tema deste ano é 12 + 1

O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.

A presenza das supersticións é habitual tanto na tradición oral como na literatura contemporánea. Maniféstase de moitos xeitos. Cos números:12+1 (no canto de 13); con símbolos máxicos que funcionan coma amuletoss: a figa, a pata de coello…; coas accións que nos dan poder ou nos apartan do mal: cruzar os dedos, pasar a man pola barriga dunha preñada, atopar un trébol de 4 follas, botar o sal por enriba das costas, fregar o chepón dun concorvado… coa presenza de seres sobrenaturais como a Santa Compaña; co máxico poder de lugares especiais coma os cruces de camiños ou os camposantos; con elementos que nos dan medo ou nolo quitan: allos, cruces de madeira… con apócemas máxicas: a queimada e o seu conxuro… e mesmo con animais tan cotiáns coma os gatos. Se son negros, mellor que mellor!

Autor homenaxeado

O autor homenaxeado de 2012 é Paco Martín, escritor e mestre nado en Lugo en 1940 e cunha grande traxectoria de publicacións e premios. O seu primeiro libro, Muxicas no espello, apareceu en 1971. Publicou despois as novelas No cadeixo (1976) e E agora cun ceo de lama (1981) e o volume de relatos Dende a muralla (1990), obras todas elas obxecto de excelente acollida pola crítica. Mención aparte merece a súa contribución á literatura infantil e xuvenil, na que fixo acreedor do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1986 co libro Das cousas de Ramón Lamote e á que aportou libros como Lembranza nova de vellos mesteres (1988). Con Historias para ler á noite (1992) acadou dos seus maiores éxitos.

DESFILE DE DISFRACES DAS 4 AULAS

Escrito por Equipo Educativo, o 24 Febreiro 2012 07:58

Así de guapos e guapas estaban os bebés o día da festa do entroido, que ían disfrazados de cebras camilas, como a súa clase:

Os seguintes en desfilar foron os da clase da Eiruga Larpeira, que se disfrazaron de bolboretas as crianzas e de eirugas os profes:

Logo foi o turno da aula do Rato Paco que como non podía ser doutra maneira foron de ratos:

Por último, o turno d@s maiores, que se disfrazaron de vacas facendo referencia a unha personaxe do seu conto “Onde perdeu Lúa a risa”:

HOXE TOD@S Á FESTA DE ENTROIDO!

Escrito por Equipo Educativo, o 13 Febreiro 2012 10:37

XA CHEGOU O ENTROIDO NA ILLA DE AROUSA….

E COMEZA CUNHA GRAN FESTA DA NOSA ESCOLA NO AUDITORIO HOXE ÁS 16:30 HORAS!!!

ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!!!!

QUE RICA A CHOCOLATADA DE REIS!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 27 Xaneiro 2012 07:13

O día anterior ao día de Reis, a cociñeira da escola fíxonos unha gran caldeirada de chocolate que estaba boísimo…

… que ademais estaban acompañados duns churros que estaban para chuparse os dedos!

Tiñan unha cara de ledicia cando lles demos o chocolate…

… a verdade é que non se oía ningún ruido!

Algúns incluso pasaron de usar a culler para directamente meter a man…

Nin sequera os bebés se quixeron perder a chocolatada, mirade a Blanca e a Olaia!

Foi unha moi boa maneira de comezar o día no que os Reis Magos ían cumprir os desexos destas crianzas!

OS AGASALLOS DOS REIS MAGOS

Escrito por Equipo Educativo, o 18 Xaneiro 2012 07:18

A ANPA Nemo debe de ter algún tipo de contacto ou enchufe coas altas esferas, xa que non só conseguiron que viñeran anticipadamente os Reis Magos senón que ademais trouxeron un agasallo para cada neno e para cada nena!!!

Dende os máis pequenos ata os máis maiores recibiron un detalle!!!

Para as crianzas foi un momento espectacular…

… estaban nerviosísim@s e moi emocionad@s!

Unha vez que abriron o seu agasallo non o soltaban nin de broma!

Estas familias da ANPA Nemo como se moven!!!

Mirade que content@s quedaron!

TOD@S AO COLO DOS REIS MAGOS

Escrito por Equipo Educativo, o 16 Xaneiro 2012 07:55

Parecía que lles ía costar un montón subirse ao colo dos Reis Magos, pero pouco a pouco foron perdéndolle o medo e non quixeron perder a ocasión…

Os primeiros en pedirlles os seus desexos foron os bebés…

… que como vedes conversaron coas maxestades telepáticamente.

Logo xa os nenos e as nenas de 1-2 anos botáronse para diante e foron subindo ao colo de tres en tres:

Incluso tivemos algún invitade de excepción como foi Iván, que veu a darnos unha visita!

AS profes tamén quixemos aproveitar a oportunidade e pedimos algunhas cousiñas  que outras…!!!

OS REIS MAGOS VIÑERON Á ESCOLA

Escrito por Equipo Educativo, o 13 Xaneiro 2012 07:18

Esta foi a expectación que produciu nas crianzas e nas súas profesoras cando a ANPA Nemo nos informou de que os Reis Magos ían pasar pola nosa Escola…

E aquí están saudando ao persoal!!!

Ao principio non daban crédito de ter ás maxestades diante…

Como cortesía, as nosas crianzas leváronlle un pouco de turrón para que repuxeran forzas.

Pero a maior sorpresa foi cando os Reis Magos sacaron das súas grandes bolsas os diferentes agasallos que a ANPA Nemo lles escribiu na carta…

Volvéronse tolos e tolas cando recibiron cada un o seu agasallo!!!

A verdade é que moi ben se portaron estas crianzas durante todo o ano e os agasallos foron moi pero que moi merecidos…

MOITÍSIMAS GRACIAS AOS REIS MAGOS POR VIR DE TAN LONXE E TAMÉN A ANPA NEMO QUE FOI QUE LLES MANDOU A CARTA!!!

HOXE CHOCOLATADA DE REIS!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 5 Xaneiro 2012 09:50

Este novo ano recibímolo cunha grande sorpresa, como foi a visita dos Reis Magos. Pero ademais queremos comezalo dunha maneira moi pero que moi doce…

ASÍ QUE HOXE IMOS FACER A TÍPICA CHOCOLATADA DE REIS!!!


UMMMMM!!!!

VIDEOS DO APALPADOR

Escrito por Equipo Educativo, o 5 Xaneiro 2012 07:00

Aquí tedes en exclusiva uns videos do Apalpador visitando a nosa escola:

dscf1612

Neles podedes ver o campechano e boa xente que é:

dscf1655

XA ESTÁN CHEGANDO!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 4 Xaneiro 2012 07:00

ACABAN DE INFORMARNOS DENDE A ANPA QUE OS REIS MAGOS E MAILOS SEUS CAMELLOS ACABAN DE ATRACAR NO PORTO DO XUFRE NA ILLA DE AROUSA…

CALCÚLASE QUE SOBRE AS 10:30 HORAS CHEGARÁN Á ESCOLA!!!

NON FALTEDES!!!

ÚLTIMA HORA!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 3 Xaneiro 2012 15:26

DESPOIS DE HORAS DE DURAS NEGOCIACIÓNS, A ANPA DA ESCOLA CONSEGUÍU QUE MAÑÁN PASEN POLA ESCOLA OS REIS MAGOS DE ORIENTE!!!

VAI SER TODO UN ACONTECEMENTO, XA QUE CHEGAN DUNHA LARGUÍSIMA VIAXE NOS SEUS CAMELLOS:

PODEMOS ANTICIPAR A PRESENCIA DOS TRES REIS, QUE SEGUNDO A ANPA DO CENTRO, VAN TRAER ALGÚN QUE OUTRO AGASALLO!!!

A HORA ESTIMADA PARA A CHEGADA Á ESCOLA É ÁS 10:30H.

NON O PERDADES!!!

OS AGASALLOS SORPRESA DO APALPADOR

Escrito por Equipo Educativo, o 3 Xaneiro 2012 07:52

O mellor de todo foi que o Apalpador este ano portouse especialmente ben con nós, xa que non só nos trouxo castañas da sorte…

… nunha esquina do comedor deixou agochado unha morea de xoguetes para o patio, puzzles, pelotas, escaixables… Iso si, deixou unha notiña na que poñía que traia os xoguetes de parte das nais e dos pais das crianzas da escola!!!

Tróuxonos pelotas…

… motos novas para o patio…

… que a verdade é que nos facían moita falta!

Tamén deixou varios xogos de construccións…

… que xa de inmediato quixeron probar!

Incluso os bebés non se quixeron perder esta tan grata sopresa!

MOITAS GRACIAS FAMILIAS!!!

FELIZ ANO NOVO!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 2 Xaneiro 2012 14:48

O EQUIPO EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL DE A ILLA DE AROUSA DESÉXAVOS UN FELIZ ANO NOVO E QUE SE CUMPRAN TODOS OS VOSOS DESEXOS!!!

CHOCOLATE CON CHURROS!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Decembro 2011 08:18

Mañán venres 30 de decembro, todas as crianzas imos despedir o ano por todo o grande na escola, tomando un apetitoso chocolate con churros!!!

Queremos desta maneira, cambiar de ano da forma máis doce posible…

Que rico!!!!

BO NADAL!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 24 Decembro 2011 07:36

O PERSOAL EDUCATIVO DA ESCOLA INFANTIL DE A ILLA DE AROUSA QUEREMOS DESEXARVOS UN BO NADAL E UNHAS FELICES FESTAS!!!

MAÑÁN VEN O APALPADOR!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 21 Decembro 2011 08:00

Nenas e nenos, rapazas e rapaces, pequen@s e grandes…. mañán 22 de decembro imos recibir na escola unha visita moi especial: O Apalpador!!!

Vai baixar da Serra do Courel ata a Illa de Arousa para apalpar as barrigas das nosas crianzas para ver se están ben mantidas…

E esta vai ser a cara que se lles vai quedar ás crianzas cando reciban as castañas da sorte que lles vai dar o señor Apalpador!!