Arquivos da categoría ‘CURSO 2010-11’

Pechado por vacacións

Escrito por Equipo Educativo, o 12 Agosto 2011 20:01

Non, non está pechada a escola, só lle imos dar un breve descanso ao blogue despedíndonos de todos os nenos e nenas que se van, e agradecendo ás súas familias a confianza que depositaron en nos. Xa queda menos para o comezo do novo curso e queremos centrar todos os nosos esforzos en preparalo con esmero.

Felices vacacións a todos e todas!!!!!

PINTAMOS CON…

Escrito por Equipo Educativo, o 8 Agosto 2011 12:21

ANIVERSARIOS NA ESCOLA

Escrito por Equipo Educativo, o 5 Agosto 2011 11:30

Obradoiro de papel

Escrito por Equipo Educativo, o 2 Agosto 2011 17:58

A auga poliños e cabritiños!!!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 30 Xullo 2011 16:14

Aproveitando os días de calor de finais de xullo sacamos aos pequerrechos ao patio e sorprendémolos cunha minifesta con auga.

   E a volta á aula foi do mais singular: en transporte adaptado!!!! para os que precisan aínda dun chisco de axuda para camiñar.

Novas sensacións

Escrito por Equipo Educativo, o 26 Xullo 2011 19:24

Descubrindo novos conceptos

Escrito por Equipo Educativo, o 20 Xullo 2011 20:28

Hoxe, nas aulas de 2-3, estivemos experimentando con auga e con obxectos de diferentes materiais, descubrindo así cousas sorprendentes: chaves pequeniñas íanse para o fondo, e grandes piñas flotaban coma se fosen barcos! Logo xogamos a transportar cousiñas con barquiños de papel… Mírade o ben que nolo pasamos

Gaiteiros na Escola

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Xullo 2011 22:31

Como xa dixemos, o pasado martes tivemos a visita sorpresa duns gateiros moi simpáticos que viñeron festexar as festas de Boiro con nós. Aquí vos deixamos uns vídeos para que vexades o ben que o pasamos.

festas-de-boiro

festas-de-boiro-2

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Escrito por Equipo Educativo, o 5 Xullo 2011 09:09

A Galiña Azul de Boiro decideu pasar unha xornada diferente para festexar o final deste curso coas crianzas , as súas familias e o persoal da escola. Decidimos visitar uns antigos muíños restaurados e logo xantar no Parque Natural do Vilar.

Ás 10:00 horas…

ÁS 11:00 horas…

Ás 13:00 horas… a xantar

Xa son as 14:15 horas, chegou a búsqueda do tesouro

e como fin de festa … CONTACONTOS

Grazas a todas as familias por participar e compartir con nós este día tan especial.

Trebellando coa arte

Escrito por Equipo Educativo, o 11 Xuño 2011 22:23

Pollock, foi o autor escollido polo nivel 2-3 para facer un achegamento a arte, escollemos este autor pola forma que tiña de traballar, as súas cores e a expresión da súa arte, neste video intentamos ilustrar o que foi esta semana chea de pintura. Grazas as familias por ter paciencia xa que cada día íamos máis pintados para a casa

pollock