Escrito por Equipo Educativo, o 23 Abril 2012 17:00
Con este motivo, e para compensar ás familias polos traballiños que lles solicitamos, decidimos agasallalos cuns marcapáxinas personalizados, confeccionados polos seus propios fillos e fillas para que, cando estean enfrascados na lectura poidan sinalizar o punto no que a abandoan para atender a outros menesteres….

Publicado en CURSO 2011-12, KIWIS | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 20 Abril 2012 16:30
Fai xa uns dias que decidimos sorprender aos nosos alumnos e alumnas con unha actividade de caixas. Estas contiñan unha gran diversidade de materiais para que descubriran, observaran, interactuaran con eles e, como de costume, non nos defraudaron. As imaxes dan boa conta do que aconteceu…


Publicado en CURSO 2011-12, KIWIS | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 20 Abril 2012 16:30
De novo venres festeiro na aula dos kiwis; nesta ocasión é Julián o que está de aniversario e nos agasallámolo como de costume, con coroa, biscoito e… feeeesta por todo o alto. Moitas felicidades!!!!!


Publicado en ANIVERSARIOS, CURSO 2011-12, KIWIS | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 20 Abril 2012 16:15
O pasado venres resultou moi festeiro pois tivemos aniversario de mañan e de tarde. Adriana cumpliu os dous anos e a festa non se fixo agardar… Felicidades Adri!!!!

Publicado en ANIVERSARIOS, CURSO 2011-12, PIÑAS | 1 Comentario »
Escrito por Equipo Educativo, o 20 Abril 2012 13:21
Hoxe estivemos xogando cos pinceis, e cando rematamos coa actividade xogamos un pouquiño cas cousas do super por que é fin de semana e hai que comprar provisións.
Publicado en As miñas anotacións, CEREIXAS, CURSO 2011-12, PEXEGOS | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 19 Abril 2012 16:00
Ainda que as fabas e os garavanzos forman parte dos nosos menús, nesta ocasión tivemos a oportunidade de observalos, manipulalos, experimentar con eles crudos e descubrir os sons que producen cando os metemos nunha lata de metal… e de paso exercitamos a pinza dixital. Que actividade mais completa!!!

Publicado en CURSO 2011-12, KIWIS | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 17 Abril 2012 16:00
Estes días estamos a experimentar cos sentidos e a semana pasada tocoulle á vista nesta tócalle ao tacto, seguide o blog que este venres tamén toca obradoiro.

Publicado en As miñas anotacións, CEREIXAS, CURSO 2011-12, PEXEGOS | 1 Comentario »
Escrito por Equipo Educativo, o 16 Abril 2012 15:55
ESTIVEMOS DE FESTA ESTE VENRES EN COCOS. O MOTIVO DE TANTA CELEBRACIÓN FOI QUE DANIELA CUMPLE XA 3 ANIÑOS!! PASÁMOLO EN GRANDE CON MÚSICA, BAILE E UN RIQUÍSIMO BISCOITO!! DESEXAMOSCHE TODOS MOITOS PARABÉNS!!!

Publicado en COCOS | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 16 Abril 2012 15:00
Celebramos o 2º aniversario de Pedro e Mauro. Para tan especial ocasión decorámoslles unhas coroas, axudámolos a soprar as velas, tomamos biscoito e fixemos.. feeeesta!!! Parabéns chicos!!!!


Publicado en ANIVERSARIOS, CURSO 2011-12, KIWIS | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo Educativo, o 13 Abril 2012 16:58
En plena tempada de fresas non podiamos deixar pasar a ocasión de elaborar e degustar un sabroso batido e de ver a batidora en plena acción!


Publicado en CURSO 2011-12, KIWIS | Non hai comentarios »