Publicados os manuais do sistema de blogues de centro

25 Nov 2008 | Por Rubén Míguez Pérez | Categoría: Novas

Para facilitar a aprendizaxe e manexo do sistema de blogues, o equipo técnico encargado do mantemento do portal, desenvolveu un conxunto de manuais que esperamos sexan de utilidade á comunidade de persoas usuarias da plataforma.

Pódese acceder a esta documentación, previa identificación no portal, a través da sección situada na parte superior dereita do portal “Documentación“, ou ben directamente a través das ligazóns que a continuación se mostran:

  • Introdución e navegación - Manual básico onde se explican os conceptos máis importantes detrás de calquera sistema de blogues. Recoméndase a súa lectura a aquelas persoas con poucos coñecementos informáticos.
  • Manual dos blogues dos centros - Este documento céntrase nos procesos de xestión, edición e mantemento dun blogue de centro. Recoméndase a súa lectura a calquera membro dos equipos educativos dos centros onde se manteña un blogue deste tipo.

Un comentario
Deixa un comentario »

  1. [...] Unha vez estean as imaxes no servidor, dende a mesma sección podemos ir seleccionando un a un os recursos subidos e engadilos á nosa anotación, premendo primeiro en amosar e logo en Inserir na anotación. Máis información ao respecto pódese consultar nos manuais dos blogues. [...]

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe