Tartarugas e Parruliños organizan un Espazo das familias
O pasado Xoves dous de Febreiro as familias de Tartarugas e Parruliños achegáronse a escola para celebrar un espazo das familias, no que nos adicamos á elaboración de disfraces para a festa do entroido.
Foi unha xuntanza na que pasamos un bo rato… compartimos información sobre o día a día dos nenos e nenas e como non, traballamos moito!!
Entre o frío e os catarros non puidemos estar todos e todas…
Pero a xornada resultou moi agradable e pasámolo ben!!
Dende a escola agradecemos ás familias a súa participación.
Grazas!!


