Mai 02
Fai uns días tivemos unhas visitas moi especiais, algúns dos compañeiros trouxeron as súas mascotas:
Os primeiros en vir, foron BOLITA (unha tartaruga) e MORDISQUITOS (un hamster), que son as mascotas de Juan e Paula




Os hamster parecen boas mascotas!! Hugo L. tamén ten un, este chamase CUQUI, co pequeniño que é algunha escapou o velo (Patricia Garcia, escondeuse na cociña)



Esta é princesa, a cadeliña de Yaiza. Non parou quieta, correndo dun lado o outro!!! Parecese a sua dona ;p



Lola trouxo a súa gatiña Cash, portouse moi ben, deixose aloumiñar por todos e non protestou nada, moi quieta e tranquila, estivo maís nerviosa Lola que Cash!!!!



E por último, viñeron uns campeóns, estes con BALÚ e SIMBA, son os amigos de Xabi, son moi xoguetons coma os seu dono, sobre todo Simba q é moi noviña e non parou en todo o tempo!!!




PASAMOLO EN GRANDE!!!!!
Publicado en As Landras_ 0-3 anos, CURSO 2011/2012
Mar 22
Hoxe na escola tivemos unha visita moi esperada, a dos bombeiros de Carballo!!!! Trouxeron o seu camión, contáronnos que fan no seu traballo, deixáronnos probar os cascos, subimos ó camión, abriron as mangueiras, encenderon as sireas,…
Este só é un avance do ben que o pasamos, próximamente subiremos máis fotos
¡¡¡Moitas grazas pola visita!!!!

Publicado en As Landras_ 0-3 anos, CURSO 2011/2012
Mar 22
O pasado mércores 21, os nenos e nenas da E.I.As Landras celebramos o “DIA DA ARBORE”

Nunha árbore que se colocou na entrada da escola pegámoslle paxaros e flores que decoramos con pintura e gomets. Tamén decoramos con algúns paxariños as árbores que temos no patio. Para rematar, cada aula prantou a súa pranta no xardín do cole e que con moito cariño coidaremos día a día.
Publicado en As Landras_ 0-3 anos, CURSO 2011/2012
Feb 17
Levamos o que o Meco nos ía dicindo toda a semá, polo que onte saídiñas da cama, cos calcetíns, os pelos tolos, e co pixama!!!
FELIZ ANTROIDO A TODOS!!!!
Publicado en As Landras_ 0-3 anos, CURSO 2011/2012
Feb 17
Traballando os sentidos dunha forma moi divertida!!!!

Empezamola semá, facendo unha rica salsa de tomate……. Ulimos, Tocamos, Saboreamos……




Manipulamos patacas:
O chegar a usos múltiples había unha morea de patacas cocidas!!! A traballar, quitamos a pel, trituramolas co tenedor e un pouquiño de leite quedaralle xenial o noso puré




Seguimos traballando os nosos sentidos……con laranxas e limóns, que ben ule a laranxa, e mmmmm!! que rico o zume, todos queriamos repetir pero houbo unha pequena sorpresiña, o de limón non esta tan rico….ollade QUE CARAS!!!!!




O sentido do olfato…..que millor maneira de saber como ulen as cousas que gardadiñas nunha botella!!
Agora gardadiño temos o cheiro da malua, do eucalipto, allos, canela….


COMO DESFRUTAMOS DESTAS ACTIVIDADES!!!!!
Publicado en CURSO 2011/2012, LILI-LELE (2-3 anos)
Xan 19
Fai uns meses que fixemos esta actividade, pero co frio destes dias que mellor momento para que vexades que ven o pasamos comprobando a diferenza entre frío-quente. TAMÉN NOS VIÑERON VISITAR OS NENOS DE LOLO: EN CUEIROS!!!! CHAPOTEAMOS NA AUGA, CHUCHAMOS O XEO…. ADEMAIS DE APRENDER, PASÁMOLO EN GRANDE!!!!!
Publicado en CURSO 2011/2012, LOLO (0-1 ano), LULU (1-2 anos)
Dec 05
Deixamos voar a nosa imaxinación…..mentres escoitamos “O Inverrno” de Vivaldi, disfrutamos facendo unhas obras de arte
el-invierno_0002
Publicado en CURSO 2011/2012, LILI-LELE (2-3 anos)
Dec 05
DESPOIS DUNS DIAS DE DURO TRABALLO, NOS TAMEN TEMOS DEREITO A UN POUQUIÑO DE RELAXACIÓN, E QUE MILLOR MANEIRA QUE CUNHA SESIÓN DE CHOCOLATERAPIA…. Que suave o TACTO, como ULIA, só faltaban os churros para que fose perfecto!!



Publicado en CURSO 2011/2012, LOLO (0-1 ano)
Dec 05
Despois da recolecta do millo, levámolo o muiñeiro para facer fariña, e sendo de Carballo, non podiamos quedar sen facer uns riquísimos boliños de pan!!!! Estamos seguros que con un pouquiño máis de practica, conseguirémolo seu punto perfecto!!


Publicado en CURSO 2011/2012, LILI-LELE (2-3 anos), Lele (2-3anos), Lili (2-3anos)
Nov 14
Ainda que sexamos os pequeniños, tamén nos gusta experimentar, e que millor maneira que saboreando, ulindo, tocando….











Publicado en CURSO 2011/2012, LOLO (0-1 ano)