Mai 21
O pasado luns 17 de maio foi o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Uxío Novoneyra, pero na escola adicámoslle toda a semana a este evento.
Contamos unha adaptación do conto “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín” e decoramos a entrada da escola con estes personaxes feitos por nós.
O mércores viñeron Cris (a nai de Alba), Marga e Milo coas súas pandeiretas e pandeiros a cantarnos muiñeiras e moitas máis cancións.
Tamén fixemos uns marcapáxinas coa caricatura do escritor lugués.
E rematamos a semana cunha sesión de contos en galego no Salón de Usos Múltiples, entre os que estaban Tío Lobo, O coelliño branco e Boa noite, meu bebé.
Publicado en tardes | 2 comentarios »
Mai 14
O pasado venres 7 de maio celebramos o Día da Familia. Esta festa é o día 15 de maio pero nós adiantámolo para que non coincidise coas Letras Galegas.
Nas Landras decidimos festexar só este día e non o Día da Nai nin o Día do Pai xa que temos moitos tipos de familia (con mamá e papá, con só unha mamá ou papá, cos avós,…).
Para iso realizamos unha festa cunha merenda que trouxeron as familias con comidas típicas da súa infancia dos nosos pais, recordamos xogos desa época e, para rematar, tivemos unha sesión de contacontos.
Nesa semana, os nenos e nenas elaboramos un agasallo para as nosas familias. Fixemos un tres en raia.
1º Fixemos as pezas con barro e pintámolas

2º Decoramos a base do xogo

3º Elaboramos uns corazóns de papel pintándoos e pegándolles gomets

4º Creamos un mural da familia entre tódolos nenos e nenas do cole

E por fin chegou o gran día…
festa-familias-blogue
Etiquetas: As Landras (0-3 anos), festa familia
Publicado en As Landras (0-3 anos) | 3 comentarios »