O pasado luns 17 de maio foi o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Uxío Novoneyra, pero na escola adicámoslle toda a semana a este evento.
Contamos unha adaptación do conto “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín” e decoramos a entrada da escola con estes personaxes feitos por nós.
O mércores viñeron Cris (a nai de Alba), Marga e Milo coas súas pandeiretas e pandeiros a cantarnos muiñeiras e moitas máis cancións.
Tamén fixemos uns marcapáxinas coa caricatura do escritor lugués.
E rematamos a semana cunha sesión de contos en galego no Salón de Usos Múltiples, entre os que estaban Tío Lobo, O coelliño branco e Boa noite, meu bebé.



























24 de Maio de 2010 ás 22:14
bueno bueno que dia tan fermoso,moitas grazas a CRIS,a MILO e a MARGA fixeronnos pasar unha mañá moi emotiva,emocionante,todo perfecto,o dito moitas grazas.Bo traballo compis.
25 de Maio de 2010 ás 16:33
a nos tamén nos gustou moito pasar ese tempo cos nenos. A verdade é que se portaron de maravilla , non choraron e estiveron caladiños. Eu creo que lles impresionaba o ruido das pandeiretas e os nosos traxes.A miña pequerrecha Alba doulle un pouco de vergoña pero estaba moi guapa.Xa sabedes que cando queirades repetimos, ja, ja.Grazas por ser tan especiais con nenos.