Arquivo do 2 de Setembro do 2010

Set 02

Onte, día 1 de setembro, comezamos o novo curso celebrando unha Xornada de Portas Abertas na que fixemos varios obradoiros para irmos coñecéndonos todos e todas.

Así fixemos un obradoiro de masaxes, xogamos con papel, fixemos unha flor con obxectos de refugallo e elaboramos unha riquísimas rosquiñas. Logo fomos ao Salón de Usos Múltiples onde tomamos un tentempié e xogamos un pouquiño todos e todas xuntos para rematar a mañá atendendo a un fermoso conto que nos contaron as educadoras: PACO, de Paula Carballeira.

Á tarde repetimos pero con outros obradoiros. Esta vez modelamos con barro e experimentamos cos sentidos a través de distintos elementos. Logo merenda e para remata-la tarde contamos o conto MONCHO E A MANCHA, de Kiko DaSilva.

Aquí vos deixamos un testimonio gráfico do ben que o pasamos. Moitas grazas a todos e todas por vir!!! :D