Set 02
Onte, día 1 de setembro, comezamos o novo curso celebrando unha Xornada de Portas Abertas na que fixemos varios obradoiros para irmos coñecéndonos todos e todas.
Así fixemos un obradoiro de masaxes, xogamos con papel, fixemos unha flor con obxectos de refugallo e elaboramos unha riquísimas rosquiñas. Logo fomos ao Salón de Usos Múltiples onde tomamos un tentempié e xogamos un pouquiño todos e todas xuntos para rematar a mañá atendendo a un fermoso conto que nos contaron as educadoras: PACO, de Paula Carballeira.
Á tarde repetimos pero con outros obradoiros. Esta vez modelamos con barro e experimentamos cos sentidos a través de distintos elementos. Logo merenda e para remata-la tarde contamos o conto MONCHO E A MANCHA, de Kiko DaSilva.
Aquí vos deixamos un testimonio gráfico do ben que o pasamos. Moitas grazas a todos e todas por vir!!!
Esta entrada foi publicada
o Xoves, 2 Setembro do 2010 ás 10:51 e está arquivada como As Landras (0-3 anos). Etiquetas: As Landras (0-3 anos).
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
2 de Setembro de 2010 ás 22:45
bueno,o curso pasado foi un éxito o noso blogue, espero que siga asi este ano, e que os papis entren na páxina, deixen comentarios, participen….. pois esto é unha tarefa onde tod@s podemos enriquecernos, non creedes???,compis espero que teñamos un bo curso, un bico pa todas…..