Arquivo do 29 de Setembro do 2010

Set 29

O mes de setembro é dificil para tod@s adaptarnos ó cole, ós novos/as compañeiros/as, desprendernos da figura materna…; en fin, é un cúmulo de sensacións para as que non estamos preparad@s.

Aínda así, estando en setembro, non o levamos de todo mal. Comezamos coas rutinas e a Unidade Didáctica: A Escola.

Manipulamos pintura de dedos amarela impregnada nunha esponxa e participando todos con moito interese.

Tamén nos atrevemos cos mimos e arrumacos. Empregamos fitas (tiras de plástico), fixémonos cóxegas uns ós outros (brazos, pernas, cara,…) ja ja ja ja…

¡¡Que ben o pasamos!!