Set 29
O mes de setembro é dificil para tod@s adaptarnos ó cole, ós novos/as compañeiros/as, desprendernos da figura materna…; en fin, é un cúmulo de sensacións para as que non estamos preparad@s.
Aínda así, estando en setembro, non o levamos de todo mal. Comezamos coas rutinas e a Unidade Didáctica: A Escola.
Manipulamos pintura de dedos amarela impregnada nunha esponxa e participando todos con moito interese.
Tamén nos atrevemos cos mimos e arrumacos. Empregamos fitas (tiras de plástico), fixémonos cóxegas uns ós outros (brazos, pernas, cara,…) ja ja ja ja…
¡¡Que ben o pasamos!!
Esta entrada foi publicada
o Mércores, 29 Setembro do 2010 ás 17:25 e está arquivada como Lele (2-3anos), Lili (2-3anos), Lolo (0-1ano), Lulu (1-2anos). .
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
2 de Outubro de 2010 ás 16:17
mira que o pasamos ben, coas fitas de plástico,os nosos nenos reironse un montón…..Pouco a pouco chega a normalidade as landras, onde as crianzas, levan moito mellor despegarse da figura de apego,un saudo pa tod@s