Arquivo de Outubro do 2010

Out 27

O pasado venres 22 celebramos a Festa do Magosto no cole en compañía dos nosos papás, mamás, irmás,…

Primeiro participamos en distintos obradoiros : un de maquillaxe, outro de elaboración dun colar de castañas e noutro pintamos castañas para logo pegalas nun mural grande na entrada.

Despois de tanta participación e traballo, chegou a merenda, nela poidemos degustar castañas cocidas e tamén asadas….e…que rico que estaba todo!!

magosto

¡¡Moitas gracias a todas as mamás e papás pola vosa colaboración!!

Out 27

A semana pasada os nen@s de 2-3 anos fixemos a nosa primeira saída do curso “Na procura de ourizos”. Pero antes de todo iso, traballamos “O Outono”.

Pintamos unha árbore de outono

Pintamos as follas, para logo poñelas na árbore

Manipulamos follas secas que coa axuda dos nosos papás trouxemos para o cole, e despois pegámolas nunhas follas grandes de cartolina

Tamén traballamos outros elementos típicos desta data como os caracois e os cogomelos

E para estar guap@s elaboramos unhas coroas con castañas pintadas

Por último, chegou o xoves, o día que esperábamos tod@s ilusionados para saír a fóra buscar castañas. Acompañáronnos os nosos papás e mamás, puxémonos no tren e fomos todos moi tranquiliños. Unha vez que chegamos ó castaño, recollemos tódalas castañas que había e non deixamos ningunha, nin as que que habia nos ourizos

saida-ourizos

Out 21

Chegou o outono tamén ás Landras e para darlle a benvida os peques da escola fixemos moitas actividades. Botade un vistazo para ver o ben que o pasamos  :D

o-outono

Out 19

Esta semana os nenos e nenas de 2-3 anos coñecemos o conto popular de “Carapuchiña Vermella”

Cada día as educadoras contábannos o conto e nós facíamos distintas actividades relacionadas co mesmo:

-Pintamos unha Carapuchiña de cor vermella

-Cociñamos madalenas como as que lle levaba Carapuchiña á sua avoa

-Asistimos moi atentos cos demais nen@s do cole á representación que fixeron as educadoras do conto

lili