Arquivado da categoría ‘Curso 2010/2011’

Dec 05

Despois da recolecta do millo, levámolo o muiñeiro para facer fariña, e sendo de Carballo, non podiamos quedar sen facer uns riquísimos boliños de pan!!!! Estamos seguros que con un pouquiño máis de practica, conseguirémolo seu punto perfecto!!

Out 31

POUCO A POUQUIÑO, A PAXINA DAS LANDRAS VAI TENDO….. MOVEMENTO,

SABEMOS QUE VAI REMATANDO OUTUBRO, PERO EN SETEMBRO TAMÉN OS HOUBO ANIVERSARIOS, AQUI TEDES UNHA FOTOS DOS NENOS QUE CUMPRIRON ANOS…

PARABÉEEEEENS A TODOS!!

Xull 08

O pasado 30 de xuño celebramos a festa de “Benvido verán” na que graduamos ós nenos e nenas das aulas de Lele e Lili de 2-3 anos. Estos nen@s xa se fixeron maiores e por tanto para o curso que vén van para o “cole dos maiores” como eles mesmos din. Foi unha festa moi divertida e tamén moi emotiva. Estivo cargada de sorpresas, os papás e mamás dos nen@s de 2-3 anos fixéronnos un agasallo a todo o persoal da escola. E dende aquí agradecervos unha vez máis o ben que vos portastes con todas nós. Tampouco nos olvidamos dos máis peques do cole, das aulas de Lulu e Lolo que o fixeron xenial cantando as cancións que tiñan ensaiadas para a festa. A eles inda lles queda outro ano ou dous para graduarse.

A continuación un pequeno video coas fotos dos graduad@s do curso 2010/2011.

corcho

Moitas gracias a todos os papás e mamás

*Ao longo do verán iremos publicando no blogue algunhas actividades que fixemos durante o curso e non tivemos tempo de publicar.*

Abr 20

Os nenos e nenas das aulas de Lili e Lele traballamos a cor vermella realizando varias actividades. Pintamos en papel contínuo con pintura de dedos vermella, pegamos gomets cadrados vermellos nun cadrado grande vermello, manipulamos elementos desa cor: xelatina de fresa, tomate triturado, tomate natural e pintura vermella, xogamos cos obxectos vermellos que trouxemos da casa,…

Despois de tanta cor vermella, rematamos coa “Festa Vermella”: viñemos vestidos con roupa desa cor, decoramos a aula con papeis de cor vermella, xogamos cos obxectos que trouxemos da casa, comemos alimentos vermellos e bailamos ata fartar!!!

blogue3

Abr 20

No mes pasado estiveron de cumpre moitos nenos:

- Na aula de Lolo cumpriu un ano Diego Rama

-Na aula de Lulu cumpriu dous anos Diego Taibo

-E cumpriron 3 anos os nenos da aula de Lele: Iria, Sara, Eladio, Juan, Aarón e Hugo

¡¡Moitos Parabéns!!

Abr 19

Traballando os animais, decidimos invitar ós nosos papás e mamás a que trouxeran as nosas mascotas para presentarllas ós demais nen@s do cole. Cada día veu unha mascota diferente, e todos estábamos atentos e impacientes por tocarlles ou acariciarlles.

A mamá de Ángel Añón presentounos a “CHISPAS”, un Pastor Catalán moi bonito e moi peludo, portouse moi ben e cada vez que lle dician que se sentase, Chispas obedecía, e despois por facelo tan ben tiña de premio unha gominola.

Os papás de Daniel Marta trouxeron a “YANKO”, un Bulldog Fancés negro. Tamén é moi bonito e sobretodo moi xoguetón porque só quería xogar con nós. A súa mamá contounos qué come, e cómo se porta, e moitas máis cousas.

A mamá de Iria ensinounos algúns dos seus peixes “BIGOTES, FRUTIS E COMILÓN”, non os podía traer a todos xa que viven nun acuario. Estivemos moi atentos mentres nos explicou como os limpia e tamén participamos á hora de darlles de comer.

A mamá de Pablo Gundín presentounos a “RATIÑO”, un Gamster que vive nunha xaula, e dentro dela ten un calcetín para esconderse, tamén ten unha roda para facer ximnasia e un pratiño ónde ten a comida. Tamén nos contou que come mazá, non só pipas.

O papá de Xabi trouxonos o seu can “BALÚ” ó cole; un Labrador branco, moi grande e moi bonito. Tamén é moi bo porque se sentaba cada vez que lle mandaban e tamén xogaba cos nenos, ós que lle daba bicos. Xabi tamén nos ensinou como pasea a Balú coa súa correa.

O último día a mamá de Hugo Negreira presentounos as súas tartarugas “PIN E PON”. Son unhas tartarugas moi grandes, viven nun acuario pequeno con auga e unha isliña para non estar tanto na auga. Sacounas do acuario para o chan para velas mellor e escapaban andando moi rápido, e como todos tíñamos tantas gañas de velas e tocarlles, acabaron asustadas.

Aquí está unha mostra do ilusionados e interesados que estábamos por coñecer ás mascotas d@s nos@s compañeir@s

Mar 31

Neste mes de febreiro tamén festexamos o cumpreanos dalgún dos nosos compañeir@s. Na aula de Lolo cumpriron 1 ano: Ana Velo, Julia Varela, Araixa e Sergio. De Lulu: Luís, Lola e Olalla 2 anos; e cumpriron 3 anos na aula de Lele: Pedro, Mateo, Ariadna e Nahiara.

¡¡Moitos Parabéns!!

Mar 24

Os nenos e nenas  de 0-2 anos elaboramos os persoaxes do conto “Os tres porquiños” e despois participamos moi atentos á súa interpretación.

Aquí poñemos unha demostración do ben que o pasamos elaborando os porquiños e o lobo e tamén a explicación do conto

blogue2

Mar 21

Aquí tedes un vídeo con algunha das fotos da “Festa do Entroido”, na que tod@s participastes vindo disfrazados, xogando, e traendo algúns doces típicos desta data.

¡¡Moitas gracias familias!!

blogue1

Mar 16

Como cada ano polo Antroido, recibimos unha visita moi especial, MECO; é un amigo moi especial que vén compartir estas datas con todos e todas nós. Chega dende moi lonxe, de Mecolandia, exclusivamente para vivir ó Antroido das Landras. E, como manda a tradicción, cada día tíñamos que traer un complemento que Meco nos mostraba o día anterior; o martes trouxemos unha garabata, o mércores un sombreiro e o xoves un bigote.

Ó longo destas semanas realizamos distintas actividades ónde o tema principal era a Festa do Antroido e os disfraces. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do moito que traballamos e o interese que puxemos pola nosa parte.

- Participamos na decoración da escola, xa que fomos disfrazados de Trogloditas, pintamos uns dinosaurios e un mamut, pintamos as covas coas nosas mans e colaboramos na elaboración do troncomóbil.

- Disfrutamos e pasámolo de marabilla disfrazándonos cos complementos, disfraces e roupa que temos no cole.

- Elaboramos unha máscara que levamos o día antes da festa

- E cociñamos unhas riquísimas rosquillas e algúns ósos de trogloditas

blogue