Arquivado da categoría ‘Lili (2-3anos)’

Dec 05

Despois da recolecta do millo, levámolo o muiñeiro para facer fariña, e sendo de Carballo, non podiamos quedar sen facer uns riquísimos boliños de pan!!!! Estamos seguros que con un pouquiño máis de practica, conseguirémolo seu punto perfecto!!

Abr 20

Os nenos e nenas das aulas de Lili e Lele traballamos a cor vermella realizando varias actividades. Pintamos en papel contínuo con pintura de dedos vermella, pegamos gomets cadrados vermellos nun cadrado grande vermello, manipulamos elementos desa cor: xelatina de fresa, tomate triturado, tomate natural e pintura vermella, xogamos cos obxectos vermellos que trouxemos da casa,…

Despois de tanta cor vermella, rematamos coa “Festa Vermella”: viñemos vestidos con roupa desa cor, decoramos a aula con papeis de cor vermella, xogamos cos obxectos que trouxemos da casa, comemos alimentos vermellos e bailamos ata fartar!!!

blogue3

Abr 19

Traballando os animais, decidimos invitar ós nosos papás e mamás a que trouxeran as nosas mascotas para presentarllas ós demais nen@s do cole. Cada día veu unha mascota diferente, e todos estábamos atentos e impacientes por tocarlles ou acariciarlles.

A mamá de Ángel Añón presentounos a “CHISPAS”, un Pastor Catalán moi bonito e moi peludo, portouse moi ben e cada vez que lle dician que se sentase, Chispas obedecía, e despois por facelo tan ben tiña de premio unha gominola.

Os papás de Daniel Marta trouxeron a “YANKO”, un Bulldog Fancés negro. Tamén é moi bonito e sobretodo moi xoguetón porque só quería xogar con nós. A súa mamá contounos qué come, e cómo se porta, e moitas máis cousas.

A mamá de Iria ensinounos algúns dos seus peixes “BIGOTES, FRUTIS E COMILÓN”, non os podía traer a todos xa que viven nun acuario. Estivemos moi atentos mentres nos explicou como os limpia e tamén participamos á hora de darlles de comer.

A mamá de Pablo Gundín presentounos a “RATIÑO”, un Gamster que vive nunha xaula, e dentro dela ten un calcetín para esconderse, tamén ten unha roda para facer ximnasia e un pratiño ónde ten a comida. Tamén nos contou que come mazá, non só pipas.

O papá de Xabi trouxonos o seu can “BALÚ” ó cole; un Labrador branco, moi grande e moi bonito. Tamén é moi bo porque se sentaba cada vez que lle mandaban e tamén xogaba cos nenos, ós que lle daba bicos. Xabi tamén nos ensinou como pasea a Balú coa súa correa.

O último día a mamá de Hugo Negreira presentounos as súas tartarugas “PIN E PON”. Son unhas tartarugas moi grandes, viven nun acuario pequeno con auga e unha isliña para non estar tanto na auga. Sacounas do acuario para o chan para velas mellor e escapaban andando moi rápido, e como todos tíñamos tantas gañas de velas e tocarlles, acabaron asustadas.

Aquí está unha mostra do ilusionados e interesados que estábamos por coñecer ás mascotas d@s nos@s compañeir@s

Mar 21

Aquí tedes un vídeo con algunha das fotos da “Festa do Entroido”, na que tod@s participastes vindo disfrazados, xogando, e traendo algúns doces típicos desta data.

¡¡Moitas gracias familias!!

blogue1

Mar 16

Como cada ano polo Antroido, recibimos unha visita moi especial, MECO; é un amigo moi especial que vén compartir estas datas con todos e todas nós. Chega dende moi lonxe, de Mecolandia, exclusivamente para vivir ó Antroido das Landras. E, como manda a tradicción, cada día tíñamos que traer un complemento que Meco nos mostraba o día anterior; o martes trouxemos unha garabata, o mércores un sombreiro e o xoves un bigote.

Ó longo destas semanas realizamos distintas actividades ónde o tema principal era a Festa do Antroido e os disfraces. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do moito que traballamos e o interese que puxemos pola nosa parte.

- Participamos na decoración da escola, xa que fomos disfrazados de Trogloditas, pintamos uns dinosaurios e un mamut, pintamos as covas coas nosas mans e colaboramos na elaboración do troncomóbil.

- Disfrutamos e pasámolo de marabilla disfrazándonos cos complementos, disfraces e roupa que temos no cole.

- Elaboramos unha máscara que levamos o día antes da festa

- E cociñamos unhas riquísimas rosquillas e algúns ósos de trogloditas

blogue

Mar 03

O xoves dia 24 de febreiro as familias tiveron a ocasión de participar nun Obradoiro para elaborar o disfraz de Troglodita. As familias que poideron acompañar ós seus nenos/as elaboraron este disfraz tan bonito que luciremos mañá.

Pegamos as manchas no disfraz, elaboramos un mazo con unha botella de leite e papel contínuo marrón, confeccionamos un colar con macarróns, e as nenas tamén pegamos un óso nunha diadema.

Aqui está unha mostra do moito que traballaron estas familias tan participativas que temos no cole

Feb 21

Nesta Unidade Didáctica, estamos traballando “A Vila” e dentro dela a casa e as distintas partes da mesma. As aulas de Lili e Lele están divididas en recantos: a habitación, o baño, a sala e a cociña. Proximamente amosarémosvos o ben que traballan os peques neles.

Desta vez traballamos na cociña, e como éramos tantos, decidimos ir para o comedor do cole e alí realizar a actividade proposta neste día: Elaboración de pan.

Ingredientes: fariña, sal, levadura, auga

Elaboración: Primeiro mezclamos todos os ingredientes, deixamos levedar un pouco (+-30min). Logo dámoslles forma ós bolos e volvemos a deixar levedar outros 30min+-…..E, por último, ó forno.

Todos os nenos e nenas gozamos manipulando a masa e desfrutamos coas sensacións que nos producía. Unha vez que todos tíñamos o noso bolo feito, agardamos impacientes a que saíran do forno. Despois levámolos para casa e algúns non resistimos a tentación e….tan pronto poidemos…metémoslle unha trincada ó noso pan!!!!!

¡¡¡Uhhhhmmmm que rico!!!

Feb 15

No mes de xaneiro festexamos moitos cumpreanos no noso cole. A todos os nenos e nenas que cumpriron anos axudámoslles a decorar a súa coroa, a soprar as velas e, sobretodo, a comer esa rica tarta que nos prepara Chelo.

Na aula de Lolo festexamos o primeiro aniño de Yago, Hugo e Julia Varela

Na aula de Lulu cumpriron 2 anos Manuel Yera, Xabier, Fernando e Anxo

Os maiores cumpriron 3 anos. Na aula de Lele estiveron de cumpre Brayan e Aitor, e en Lili estivo de cumpre Ainara.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Parabéns!!!!!!!!!

Xan 31

Nas Landras celebramos o Día da Paz o venres. Colgamos na entrada do cole unha gran manta que fixemos a semana anterior coas huellas blancas das nosas mans en tela negra, logo unímola e creamos a manta tan bonita que vedes a continuación.

O venres fixemos outra actividade, cada aula fixo a súa pomba da Paz. Bebés e medianos fixeron unha pomba con papel de seda branco, a aula de maiores (Lele) fixo a súa pomba con algodón, e Lili fixo a súa pomba con papel hixiénico. Unha vez rematadas as nosas pombas colgámolas no hall da entrada.

Xan 31

Xa está por fin o vídeo tan agardado polos papis e mamis do Obradoiro de fariña no que participaron os nenos maiores das aulas de Lili e Lele.

Neste obradoiro manipulamos fariña e algo de pan raiado, con eles desfrutamos de múltiples sensacións diferentes e fixemos trasvases, torres, colámolo,…. e, ó rematar,moitos deles non querían abandoar o obradoiro.

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron na manipulación destos elementos tan cotiás.

farina1