Arquivado da categoría ‘Lulu (1-2anos)’

Abr 20

No mes pasado estiveron de cumpre moitos nenos:

- Na aula de Lolo cumpriu un ano Diego Rama

-Na aula de Lulu cumpriu dous anos Diego Taibo

-E cumpriron 3 anos os nenos da aula de Lele: Iria, Sara, Eladio, Juan, Aarón e Hugo

¡¡Moitos Parabéns!!

Abr 19

Traballando os animais, decidimos invitar ós nosos papás e mamás a que trouxeran as nosas mascotas para presentarllas ós demais nen@s do cole. Cada día veu unha mascota diferente, e todos estábamos atentos e impacientes por tocarlles ou acariciarlles.

A mamá de Ángel Añón presentounos a “CHISPAS”, un Pastor Catalán moi bonito e moi peludo, portouse moi ben e cada vez que lle dician que se sentase, Chispas obedecía, e despois por facelo tan ben tiña de premio unha gominola.

Os papás de Daniel Marta trouxeron a “YANKO”, un Bulldog Fancés negro. Tamén é moi bonito e sobretodo moi xoguetón porque só quería xogar con nós. A súa mamá contounos qué come, e cómo se porta, e moitas máis cousas.

A mamá de Iria ensinounos algúns dos seus peixes “BIGOTES, FRUTIS E COMILÓN”, non os podía traer a todos xa que viven nun acuario. Estivemos moi atentos mentres nos explicou como os limpia e tamén participamos á hora de darlles de comer.

A mamá de Pablo Gundín presentounos a “RATIÑO”, un Gamster que vive nunha xaula, e dentro dela ten un calcetín para esconderse, tamén ten unha roda para facer ximnasia e un pratiño ónde ten a comida. Tamén nos contou que come mazá, non só pipas.

O papá de Xabi trouxonos o seu can “BALÚ” ó cole; un Labrador branco, moi grande e moi bonito. Tamén é moi bo porque se sentaba cada vez que lle mandaban e tamén xogaba cos nenos, ós que lle daba bicos. Xabi tamén nos ensinou como pasea a Balú coa súa correa.

O último día a mamá de Hugo Negreira presentounos as súas tartarugas “PIN E PON”. Son unhas tartarugas moi grandes, viven nun acuario pequeno con auga e unha isliña para non estar tanto na auga. Sacounas do acuario para o chan para velas mellor e escapaban andando moi rápido, e como todos tíñamos tantas gañas de velas e tocarlles, acabaron asustadas.

Aquí está unha mostra do ilusionados e interesados que estábamos por coñecer ás mascotas d@s nos@s compañeir@s

Mar 31

Neste mes de febreiro tamén festexamos o cumpreanos dalgún dos nosos compañeir@s. Na aula de Lolo cumpriron 1 ano: Ana Velo, Julia Varela, Araixa e Sergio. De Lulu: Luís, Lola e Olalla 2 anos; e cumpriron 3 anos na aula de Lele: Pedro, Mateo, Ariadna e Nahiara.

¡¡Moitos Parabéns!!

Mar 24

Os nenos e nenas  de 0-2 anos elaboramos os persoaxes do conto “Os tres porquiños” e despois participamos moi atentos á súa interpretación.

Aquí poñemos unha demostración do ben que o pasamos elaborando os porquiños e o lobo e tamén a explicación do conto

blogue2

Mar 21

Aquí tedes un vídeo con algunha das fotos da “Festa do Entroido”, na que tod@s participastes vindo disfrazados, xogando, e traendo algúns doces típicos desta data.

¡¡Moitas gracias familias!!

blogue1

Mar 16

Como cada ano polo Antroido, recibimos unha visita moi especial, MECO; é un amigo moi especial que vén compartir estas datas con todos e todas nós. Chega dende moi lonxe, de Mecolandia, exclusivamente para vivir ó Antroido das Landras. E, como manda a tradicción, cada día tíñamos que traer un complemento que Meco nos mostraba o día anterior; o martes trouxemos unha garabata, o mércores un sombreiro e o xoves un bigote.

Ó longo destas semanas realizamos distintas actividades ónde o tema principal era a Festa do Antroido e os disfraces. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do moito que traballamos e o interese que puxemos pola nosa parte.

- Participamos na decoración da escola, xa que fomos disfrazados de Trogloditas, pintamos uns dinosaurios e un mamut, pintamos as covas coas nosas mans e colaboramos na elaboración do troncomóbil.

- Disfrutamos e pasámolo de marabilla disfrazándonos cos complementos, disfraces e roupa que temos no cole.

- Elaboramos unha máscara que levamos o día antes da festa

- E cociñamos unhas riquísimas rosquillas e algúns ósos de trogloditas

blogue

Mar 03

O xoves dia 24 de febreiro as familias tiveron a ocasión de participar nun Obradoiro para elaborar o disfraz de Troglodita. As familias que poideron acompañar ós seus nenos/as elaboraron este disfraz tan bonito que luciremos mañá.

Pegamos as manchas no disfraz, elaboramos un mazo con unha botella de leite e papel contínuo marrón, confeccionamos un colar con macarróns, e as nenas tamén pegamos un óso nunha diadema.

Aqui está unha mostra do moito que traballaron estas familias tan participativas que temos no cole

Feb 15

No mes de xaneiro festexamos moitos cumpreanos no noso cole. A todos os nenos e nenas que cumpriron anos axudámoslles a decorar a súa coroa, a soprar as velas e, sobretodo, a comer esa rica tarta que nos prepara Chelo.

Na aula de Lolo festexamos o primeiro aniño de Yago, Hugo e Julia Varela

Na aula de Lulu cumpriron 2 anos Manuel Yera, Xabier, Fernando e Anxo

Os maiores cumpriron 3 anos. Na aula de Lele estiveron de cumpre Brayan e Aitor, e en Lili estivo de cumpre Ainara.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Parabéns!!!!!!!!!

Xan 31

Nas Landras celebramos o Día da Paz o venres. Colgamos na entrada do cole unha gran manta que fixemos a semana anterior coas huellas blancas das nosas mans en tela negra, logo unímola e creamos a manta tan bonita que vedes a continuación.

O venres fixemos outra actividade, cada aula fixo a súa pomba da Paz. Bebés e medianos fixeron unha pomba con papel de seda branco, a aula de maiores (Lele) fixo a súa pomba con algodón, e Lili fixo a súa pomba con papel hixiénico. Unha vez rematadas as nosas pombas colgámolas no hall da entrada.

Xan 28

Por problemas técnicos tardamos en subir novas ó blogue pero xa estamos de volta.

O 17 de decembro de 2010 celebramos a Festa do Nadal no noso cole coas familias. Primeiro tivemos a oportunidade de participar en 4 obradoiros:

- Decoración de estrelas para a árbore de Nadal

-Pintar debuxos para decorar o cole

-Escribir a “Carta dos Desexos”

-Elaborar un boneco de neve con rolo de papel hixiénico e un calcetín

Despois visitounos o Carteiro Real, entregámoslle as nosas cartas dos Bos Desexos e el a cambio dounos caramelos, uhhhmmm

E, para rematar, unha gran chocolatada con churros…ahi si que nos puxemos as botas tod@s!!!

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos tod@s xunt@s!!

festa-nadal

Moitas gracias a todas as familias pola vosa participación