Mar 21
Aquí tedes un vídeo con algunha das fotos da “Festa do Entroido”, na que tod@s participastes vindo disfrazados, xogando, e traendo algúns doces típicos desta data.
¡¡Moitas gracias familias!!
blogue1
Publicado en Lele (2-3anos), Lili (2-3anos), Lolo (0-1ano), Lulu (1-2anos), tardes | Sen comentarios »
Mar 16
Como cada ano polo Antroido, recibimos unha visita moi especial, MECO; é un amigo moi especial que vén compartir estas datas con todos e todas nós. Chega dende moi lonxe, de Mecolandia, exclusivamente para vivir ó Antroido das Landras. E, como manda a tradicción, cada día tíñamos que traer un complemento que Meco nos mostraba o día anterior; o martes trouxemos unha garabata, o mércores un sombreiro e o xoves un bigote.
Ó longo destas semanas realizamos distintas actividades ónde o tema principal era a Festa do Antroido e os disfraces. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do moito que traballamos e o interese que puxemos pola nosa parte.
- Participamos na decoración da escola, xa que fomos disfrazados de Trogloditas, pintamos uns dinosaurios e un mamut, pintamos as covas coas nosas mans e colaboramos na elaboración do troncomóbil.
- Disfrutamos e pasámolo de marabilla disfrazándonos cos complementos, disfraces e roupa que temos no cole.
- Elaboramos unha máscara que levamos o día antes da festa
- E cociñamos unhas riquísimas rosquillas e algúns ósos de trogloditas
Publicado en Lele (2-3anos), Lili (2-3anos), Lolo (0-1ano), Lulu (1-2anos), tardes | Sen comentarios »
Xan 31
Nas Landras celebramos o Día da Paz o venres. Colgamos na entrada do cole unha gran manta que fixemos a semana anterior coas huellas blancas das nosas mans en tela negra, logo unímola e creamos a manta tan bonita que vedes a continuación.

O venres fixemos outra actividade, cada aula fixo a súa pomba da Paz. Bebés e medianos fixeron unha pomba con papel de seda branco, a aula de maiores (Lele) fixo a súa pomba con algodón, e Lili fixo a súa pomba con papel hixiénico. Unha vez rematadas as nosas pombas colgámolas no hall da entrada.
Publicado en Lele (2-3anos), Lili (2-3anos), Lolo (0-1ano), Lulu (1-2anos), tardes | Sen comentarios »
Out 27
O pasado venres 22 celebramos a Festa do Magosto no cole en compañía dos nosos papás, mamás, irmás,…
Primeiro participamos en distintos obradoiros : un de maquillaxe, outro de elaboración dun colar de castañas e noutro pintamos castañas para logo pegalas nun mural grande na entrada.
Despois de tanta participación e traballo, chegou a merenda, nela poidemos degustar castañas cocidas e tamén asadas….e…que rico que estaba todo!!
magosto
¡¡Moitas gracias a todas as mamás e papás pola vosa colaboración!!
Publicado en Lele (2-3anos), Lili (2-3anos), Lolo (0-1ano), Lulu (1-2anos), tardes | 3 comentarios »
Mai 21
O pasado luns 17 de maio foi o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Uxío Novoneyra, pero na escola adicámoslle toda a semana a este evento.
Contamos unha adaptación do conto “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín” e decoramos a entrada da escola con estes personaxes feitos por nós.
O mércores viñeron Cris (a nai de Alba), Marga e Milo coas súas pandeiretas e pandeiros a cantarnos muiñeiras e moitas máis cancións.
Tamén fixemos uns marcapáxinas coa caricatura do escritor lugués.
E rematamos a semana cunha sesión de contos en galego no Salón de Usos Múltiples, entre os que estaban Tío Lobo, O coelliño branco e Boa noite, meu bebé.
Publicado en tardes | 2 comentarios »
Abr 23
Hoxe, venres 23 de abril, é o DÍA DO LIBRO pero na escola non só o celebramos hoxe, se non que lle adicamos toda esta semana.
Este curso dedicámosllo a PACO de Paula Carballeira (Ed. Kalandraka) e traballamos con este conto tódolos días, comezando as mañás coa súa lectura.
O luns axudámoslle a Paco a facer unha nave espacial para viaxar á Lúa.
O martes decoramos lúas (con sal e azucre, papel aluminio, papel celofán,…)
O mércores pintamos cadanseu monicreque da nave, da Lúa ou do mesmo Paco.
O xoves comemos unha lúa de queixo fresco (mmmm!! que rica!!!)
E hoxe, venres, foi o día da grande representación: todos xuntos no Salón de Usos Múltiples atendemos a esta fermosa historia do rato Paco e a Lúa.
Publicado en tardes | 3 comentarios »
Mar 24
Os maiores da escola fixemos a nosa primeira saída este curso; fomos ao supermercado do centro comercial a mercar froita. Así puxemos guantes para elixi-las pezas de froita que queriamos, collemos bolsas para gardalas, demósllas á rapaza para que nolas pesara e finalmente pagamos na caixa.
Fixémolo tan ben que ata nos deron un regaliño (galletas e zumo para todos)
Pasámolo moi ben e portámonos aínda mellor!! 
Etiquetas: saídas
Publicado en tardes | 2 comentarios »
Mar 03
Este luns á tarde puidemos desfrutar duns raíños de sol, así que os aproveitamos moi ben e saímos ao xardín onde recollemos un pouco de perexil e unhas cenoiras.
Que ben o pasamos! Mágoa que non poidamos sair máis a miúdo…
Primavera, vén pronto!! Necesitámoste!!



Publicado en tardes | 2 comentarios »