Arquivado da categoría ‘As Landras_ 0-3 anos’

Mai 02

Fai uns días tivemos unhas visitas moi especiais, algúns dos compañeiros trouxeron as súas mascotas:

Os primeiros en vir, foron BOLITA (unha tartaruga) e MORDISQUITOS (un hamster), que son as mascotas de Juan e Paula

Os hamster parecen boas mascotas!! Hugo L. tamén ten un, este chamase CUQUI, co pequeniño que é algunha escapou o velo (Patricia Garcia, escondeuse na cociña)

Esta é princesa, a cadeliña de Yaiza. Non parou quieta, correndo dun lado o outro!!! Parecese a sua dona ;p

Lola trouxo a súa gatiña Cash, portouse moi ben, deixose aloumiñar por todos e non protestou nada, moi quieta e tranquila, estivo maís nerviosa Lola que Cash!!!!

E por último, viñeron uns campeóns, estes con BALÚ e SIMBA, son os amigos de Xabi, son moi xoguetons coma os seu dono, sobre todo Simba q é moi noviña e non parou en todo o tempo!!!

PASAMOLO EN GRANDE!!!!!

Mar 22

Hoxe na escola tivemos unha visita moi esperada, a dos bombeiros de Carballo!!!! Trouxeron o seu camión, contáronnos que fan no seu traballo, deixáronnos probar os cascos, subimos ó camión, abriron as mangueiras, encenderon as sireas,…

Este só é un avance do ben que o pasamos, próximamente subiremos máis fotos

¡¡¡Moitas grazas pola visita!!!!

Mar 22

O pasado mércores 21, os nenos e nenas da E.I.As Landras celebramos o “DIA DA ARBORE”

Nunha árbore que se colocou na entrada da escola pegámoslle paxaros e flores que decoramos con pintura e gomets. Tamén decoramos con algúns paxariños as árbores que temos no patio. Para rematar, cada aula prantou a súa pranta no xardín do cole e que con moito cariño coidaremos día a día.

Feb 17

Levamos o que o Meco nos ía dicindo toda a semá, polo que onte saídiñas da cama, cos calcetíns, os pelos tolos, e co pixama!!!

FELIZ ANTROIDO A TODOS!!!!

Nov 07

FAI UNS DÍAS PREPARAMONOS PARA CELEBRAR O SAMAIN, TRABALLAMOS O LONGO DA SEMÁ, PINTAMOS CABACIÑAS, PANTASMAS, GATOS NEGROS, UNHAS CABAZAS XIGANTES…. FIXEMOS OSOS, QUE RICOS!!!! SOMOS UNS GRANDES CHEFS…… E COMO MANDA A TRADICIÓN VACIAMOS CABAZAS

Out 25

Tardou en asomarse!! Pero velaquí chegou!! Con el ven o frío, colleremos as luvas, bufandas, anoraks… pero o señor Outono ten máis cousas, pintamos árbores, traballamos con follas secas, esfollámolo millo…

PERO QUE TRABALLADORES!!!!

Out 25

Un novo curso, apenas rematado o período de adaptación, e aínda que algúns nen@s necesitan máis mimos, xa temos ganas de comezar a traballar, coa plastilina, cos cacharriños, a pintar, a mirar contos….

traballamos

Out 24

O período de adaptación é un momento de conflito para @s nen@s. A entrada na escola supón, no maior dos casos, a 1ª separación do entorno familiar. Planificamos este período como un proceso de familiarización, co obxectivo de establecer vínculos entre nós, as familias e @s nen@s, acadando unha adaptación que afecte o mínimo posible a tod@s @s implicad@s no proceso. Para isto, programamos 2 fases: unha primeira na que as familias veñen cos nenos á aula para que coñezan o seu novo entorno e @s titor@s tendo á figura de referencia próxima, e unha segunda na que xa veñen soíñ@s.

E pouco a pouco, conséguese un bo resultado!! A vista está

PROBA SUPERADA!!!!!!!!!