Mai 15

¡Hoxe temos invitados! É a policía local que mantén a orde na nosa cidade. Explicáronnos normas sinxelas de circulación e logo fomos a ver e probar os seus medios de locomoción. ¡Son xeniais!, e como podedes ver pasámolo moi ben.

Mai 15

 Chegou o tempo de por a nosa horta, e puxémonos mans a obra. Mentres uns axudan a sachar, outros imos espetando as cebolas, leitugas, tomates e pementos na terra. Non podían faltar tampouco as sabrosas fresas que tanto nos gustan.

Mai 15

Estamos a aprender normas de circulación a través dun circuito que nos puxeron as nosas profes cun semáforo e varias sinais. Fixemos de peóns, pero o máis divertido é conducir os coches.

Mai 15

No noso taller científico estamos a descubrir as posibilidades que nos brinda a manipulación de area seca e húmida, e as  formas que podemos facer con ela (bolboretas, coellos, árbores…), usando distintos tipos de moldes. Isto é moi divertido!

Mai 08

Estes días Noel, sala berce, cumpriu un aniño, e para celebralo, coronámolo…rei por un día. Parabéns Noel!!!

Abr 24

Temos que dar as grazas ás familias por colaborar con nós, estamos traballando os animais e trouxéronnos un precioso can chamado Pipo, unha tartaruga chamada Martín e un peixe Sirenita. A verdade é que o pasamos moi ben.

Abr 24

Na Farixa festexamos o aniversario de Leo e Quique. Leo tróuxonos unhas galletas feitas por el, e Quique unha gran piñata e globos. Moitas grazas nenos!!

Abr 24

Coa chegada da primavera, na aula da Fada Colorín decidimos facer uns xirasoles moi sabrosos, pintámolos e vestímolos de cereais e garavanzos, eso sí, tiñamos que probalos!

Mar 26

A mañá estabamos todos moi nerviosos porque iamos ir o instituto, así que puxemos os nosos carnés identificativos e alá fomos. Alí estabannos esperando as/os alumnas/os, tíñannos reservada unhas sorpresas:  xogaríamos  dunha maneira moi distinta,  seríamos patos, gatos, principiños e princesas,  nadar nun lago, xogar a bombeiros….e para rematar todos xuntos levantamos un globo moi grande e agochamonos debaixo del. Despois de tanto xogar, os rapaces agasalláronnos con “gusanitos”….¡Moitas grazas, pasámolo moi ben!

Mar 26

Na aula da Fada Colorín hoxe toca unha actividade distinta: facer unha pasta de sal e para iso collimos auga, fariña, sal e colorante e puxémonos mans a obra. ¡Qué divertido!