Anecdotario
Febreiro 2009
ALEX CHEGOU ENTUSIASMADO A AULA PORQUE TIÑA ALGO MOI IMPORTANTE QUE CONTARNOS: OS MEUS PAIS LEVARONME A VISITAR OS CASTROS DE A GUARDA!!!
PERO CAL FOI A NOSA SORPRESA CANDO DIXO:
“PERO OS CELTAS NON ESTABAN…!!!”
Abril 2008
Visionando imaxes de animais salvaxes, atopamos a foto dun bisonte. Cando lle preguntamos aos/ás nenos/as que animal estabamos a ensinar, Lía respondeu: “é unha vaca enfadada!”.
Marzo 2008
Teñen xoguetes pero eles/as atopan a maneira de disfrutar de todo o que atopan ao seu redor, e a nos gústanos ver como crecen sans e felices desenvolvendo a súa imaxinación.
Día 15 de febreiro de 2008
Hoxe Marcos contounos que xa non tiña o chupete. A súa mestra preguntoulle:
Que fixeches co chupete?
“Dinllo ao porco”- contestou o neno.
Que vai facer o porco co chupete?
“O porco vai morrer. Vai matalo o meu avó dentro duns días”- contestoulle Marcos todo cheo de razón.
Día 12 de febreiro de 2008
Boísima estaba a tarta de améndoas que nos trouxo a nai de Noa. Gústanos que nos mimen e sobre todo que esteades contentos/as coa educación que están recibindo as crianzas!!
Día 11 de febreiro de 2008
Á nosa benxamina tardáronlle moito en sair os dentes pero agora estanlle a sair todos xuntos. Catro!!

Día 1 de febreiro de 2008
Paiasos de neve
O noso Entroido deu para moitas anécdotas unha delas, moi habitual, é que os máis cativos e cativas choraron cando os quixemos disfrazar. Unha mágoa, estaban tan lindos/as!!

Outra foi que o noso disfraz, que partiu coa idea inicial de ser un moneco de neve, convertiuse nun paiaso de cor branca. Quixemos que participaran na súa elaboración e o mellor que saben facer é pegar gomets. Así, con tanto colorido o moneco de neve pasou a ser un paiaso de neve. Aínda así quedaron moi guapos e guapas e pasámolo moi ben!!
Mirade que guapa unha das nosas nais!!

A nai de Noa puxo unha nota de cor durante toda a semana de Entroido. No cole de Oia festexárono levando cada día unha cousa. A verdade é que ela ten moi bo humor!!!
3 de Xaneiro de 2008
Onte, na aula dos caracois, no momento da mañá que se len os nomes de cada un escritos nunhas tarxetas que ensinan as mestras, a Brais da Silva cando lle tocou dicir o seu nome, en vez de dicir “Brais” recoñeceuno e dixo “Eu”.
