Arquivado da categoría ‘As miñas anotacións’

Mai 14

Outro material que utilizamos para as actividades de experimentación e descubrimento é o papel. Calquera tipo de papel é válido: revistas, papel de baño, panos do nariz, papel de diferentes cores, tamaños e texutras.

Para o desenvolvemento desta actividade o que fixemos foi colocar os distintos tipos de papeis na aula para que as crianzas os manipularan de forma libre.

Como vedes nas fotos o pasaron pipa!!

Mai 14

Na aula dos caranguexos encántanos emporcanos, e sempre acabamos sucios ata arriba. Nesta ocasión o material elixido foi a fariña. Este non é un alemento alleo para as crianzas, xa que noutras ocasións, como no obradoiro de orellas de entroido, xa traballaron con ela. Pera esta ocasión foi especial xa que puderon manipular e experimentar de forma libre sen que ninguén lles dixera o que tiñen que facer.

Desta forma, as crianzas van descubrindo as propiedades dos obxectos: as cores, a textura, o cheiro, as formas… que forma ten a fariña?

 

Mai 07

Velaí deixo os menús do mes de maio.

Un saúdo

menu-de-maio-21012

Abr 09

Na aula das estrelas aproveitamos a merenda de media mañá para probar diferentes sabores. A verdade é que todos nos gustaron moito:

Froita con chocolate

     

Froita con mel

     

Xelatina

     

Mazapán

     

Granada

     

Mar 29

Na aula dos peixes (1-2) pintamos unha árbore de cor marrón. O pasamos pipa, porque nos gusta moito cando podemos pintar coas mans. Ao rematar a actividade a colocamos na clase e así os nosos papás, mamás, avós, irmáns,… poden ver o chula que nos quedou.

Mar 29

Na aula dos caranguexos e dos peixes a psicomotricidade trabállase moi a miúdo. Unha das cousas que máis lle gusta aos cativos é pasar polo túnel. Mirade que ben o pasamos!!

Mar 29

A distribución espacial da aula das Estrelas é por recantos. Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasan xogando no recanto da perruquería. Están feitos uns verdadeiros estilistas profesionais!!

Ao longo do curso os recantos van variando. Tivemos os recantos dos bebés e nos encanta exercer de papás e mamás, levalos de paseo, darlles de comer, vestilos,… Tamén nos gusta moito o recanto da comida, do supermercado e da cociniña, somos uns excelentes amos de casa. O recanto da educación viaria e da biblioteca o sabemos empregar moi ben, porque como xa somos moi maiores sabemos que debemos estar en silencio, que temos que cuidar os contos, sabemos facer trens cos coches e coñecemos algunhas señais de circulación.

Mar 05

Aquí vos deixamos o menú de marzo

menu-de-marzo-2012-1

Un saúdo

O Equipo Educativo da Escola Infantil de Oia

Mar 05

As máis pequenas e pequenos da escola “Os caranguexos” están a experimentar coa pintura!!!! Ao principio tíralles un pouco para atrás a textura e a sensación que lles provoca, pero despois… non hai quen os pare!!

Nestas sesión de pintura aproveitamos para pintar un mural do outono, unha castaña xigante, un mural do magosto… O máis importante é que as crianzas se familiaricen coa textura da pintura, coas distintas cores… para que se vaian introducindo no mundo da expresión artística.

SODES UNS ARTISTAS!!!

Mar 05

As cativas e cativos da aula dos Peixes levaron a cabo unha actividade moi divertida: experimentaron e manipularon con pasta. Xogaron con ela, a tiraron polo aire, a meteron en botes,… fixeron unha morea de cousas. A partir desta activade as crianzas descubren as propiedades dos obxectos (duro - brando); conceptos de cantidade cando fan monteciños coa pasta (moito - pouco); nocións espaciais ao meter e sacar a pasta dentro dos botes (dentro - fora), etc. En definitiva que o pasaron pipa ao tempo que aprendía unha morea de cousas… É que as nosas cativas e cativos aprenden xogando!!!!