Arquivado da categoría ‘Experiencias’

Mar 29

Na aula dos caranguexos experimentamos con xelatina. Nun principio non nos gustaba demasiado a súa textura, pero en canto nos acostumamos foi todo un éxito. A Lucas lle encantaba tirala e espachurrala coas mans; Noa disfrutaba collendo anaquiños, pintando con ela no chan e votándoa nas súas pernas; e Lúa simplemente encantáballe comela, estaba riquísima!!

Xan 04

No periodo de adaptación os maiores fixeron unha actividade que lles encantou, foron a horta a recoller cenouras, tomates e pementos. Durante todo o verán comeron verduras e hortalizas que eles mesmos cuidan durante todo o ano. Mirade que boa pinta ten

Feb 25

Con motivo da chegada do entroido aproveitamos para enseñarlle aos nenos e nenas da escola algunhas das tradicións relacionadas con esta festa. Unha delas, e a que máis nos gusta son os postres, mmmmmm!!! Por iso, decidimos levar a cabo un obradoiro de ORELLAS DE ENTROIDO. Lles pedimos axuda ás familias e moi gustosas Beni e Marisa se ofreceron para axudarnos.

A través de este obradoiro tamén pretendemos que as crianzas experimenten e perciban sensacións cos ingredientes cos que se elaboran as orellas. Así pois, poderán percibir por si mesmos aspectos como: un pouquiño, unha culleradiña, salgado e doce, etc.

Estas que son as fotos que recollen ese momento e mirade o ben que o pasamos.

Mirade … este foi o resultado

E ben boas que estaban que non duraron nadiña…

Feb 15

Os pequechos e pequechas estes días atrás estivemos manipulando, xogando e diferenciando a variedade de temperaturas e estados da auga.

auga

Tamén enchemos globos de auga, metémolos no conxelador e ao día seguinte… Pintamos xeo!!

 

Esta experiencia pareceunos novidosa e moi divertida. Pasámolo xenial!!

 

Nov 24

“O xogo do viño consiste en pisar

as uvas moradas que hai no lagar.

As piso, as piso as volvo a pisar

as uvas moradas que hai no lagar”

Esta é a canción que cantabamos todos e todas mentres pisábamos as uvas para a elaboración do viño.

O primeiro que fixemos foi poñernos en contacto coa materia prima: a uva. As nenas e nenos as tocaron, as cheiraron, as probaron, quitáronlle as pepitas e dende logo as comeron.

 Posteriormente, no patio fixemos a nosa propia vendima, as mestras colocaron ramas de vide con uva e entre todos fixemos a recolleita.

 

E finalmente, o que máis ilusión lles facía que era pisar as uvas para facelo viño, a partir desta actividade as criaturas non só recrean unha das costumes máis extendidas da zona, senón que ademáis lles permite experimentar coas cores, os aromas, as sensacións que lles proporciona pisar as uvas cos pés, etc.

 

Mai 14

XOGOS E XOGUETES

A SEGUNDA SESIÓN DO ESPAZO DAS FAMILIAS FOI DO MAIS DIVERTIDO. PAIS E NAIS PARTICIPARON DE CHEO NOS XOGOS PROPOSTOS E TOMARON NOTA DE TÓDOLOS XOGUETES QUE SE PODEN FACER CON MATERIAL DE REFUGALLO COA AXUDA DAS SÚAS CRIANZAS.

Mai 13

PUXÉMONOS MANS A OBRA E NUN BOTE DE IOGUR SEMENTAMOS LENTELLAS. DURANTE VARIAS SEMANAS CANTÁMOSLLE, REGÁMOLAS E PUXÉMOLAS AO SOL, CONVERTÉMONOS NUNS PERFECTOS AGRICULTORES. CANDO ESTIVERON FORTES E ALTAS, LEVAMOS AS NOSAS PLANTAS PARA CASA.

img_0091

Mar 13

OS MÁIS PEQUENOS DESCUBRIMOS QUE DAS LARANXAS PODEMOS OBTER ZUME, E SE LLE ENGADIMOS PLÁTANO E O TRITURAMOS FACEMOS UN BATIDO TAN RICO COMA ESTE. MIRADE QUE BOA PINTA…

Mar 10

A AULA DOS MÁIS PEQUECHOS CHEGOU UNHA VISITA INESPERADA… O CROCODILO ANTÓN!!
A TRAVÉS DESTE FOMOS COÑECENDO AS FROITAS, AS VERDURAS, OS VEXEITAS, É DICIR, OS DIFERENTES ALIMENTOS.

Mar 09

PARA REMATAR, FESTEXAMOS UNHA GRAN FESTA CON MÚSICA CELTA: