Arquivado da categoría ‘Obradoiro dos sentidos’

Xun 09

En primeiro lugar, as crianzas visualizaron distintas láminas de animais, esparcíndoas despois polo chan. 

            IMG_0178.JPG         IMG_0173.JPG  

A continuación, escoitamos os sons destes animais no aparato de música.

           IMG_0179.JPG         IMG_0175.JPG  

E por último, os/as nenos/as identificaron estes sons coas súas láminas correspondentes. 

     IMG_0191.JPG     IMG_0180.JPG     IMG_01862.JPG

Quedounos clarísimo que todos/as saben como fai a vaca, o can, o gato, o cabalo, a ovella, … demostrándonos tamén a súa agudeza auditiva.

Mai 14

Para experimentar que as froitas se poden comer de diferentes xeitos, decidimos que os/as nenos/as vivenciasen como se vai transformando un plátano dende que se pela ata que se pode comer en estado líquido. Os/as nenos/as disfrutaron moito nesta experiencia e mostráronse moi participativos.

IMG_0032.JPG    IMG_00382.JPG

O primeiro que fixemos foi manipular e observar o plátano, tamén o abrimos. Non é tan difícil como parece!!!.

IMG_00431.JPG  IMG_00531.JPG  IMG_00542.JPG

Puxemos mans a obra para facer o batido, uns botamos o plátano, outros o leite e por último batémolo!!!.

IMG_00591.JPG  IMG_00581.JPG  IMG_00611.JPG

Cando rematamos, enchemos os nosos vasos e que bo estaba!!!. Case todos repetimos.

IMG_00641.JPG  IMG_00671.JPG

Para finalizar a nosa experiencia decidimos pintar un plátano, así poderémolo colgar na habitación para lembrarnos do rico que estaba e pedir na casa que tamén nos fagan un batido.

Abr 23

Para que as crianzas coñecesen as sensacións que lles provocan diferentes texturas fixemos varios paneis empregando materiais da vida cotiá: lá, lixa, feltro, plástico de embalaxe e esponxa.

En primeiro lugar, as nenas e nenos tocaron coas súas mans experimentando así as distintas sensacións.

      IMG_0052.JPG          IMG_0054.JPG

A continuación, tocoulle o turno aos pés. Tiñades que ver as súas caras: cando se afundían na esponxa, cando quedaban pegados no plástico, o suaviña que estaba a lá, …

      IMG_0066.JPG        IMG_0076.JPG        IMG_00831.JPG

Abr 21

Esta actividade estivo encaminada a que os nenos e nenas de 0-2 gozaran todo o posible tocando e manipulando diferentes materiais/productos ao tempo que, inconscientemente, aprendían moitas cousas (textura, cor, peso, …). Os materiais seleccionados foron fariña, area e “polispán” que depositamos en tres gavetas.

 IMG_0129.JPG      IMG_0139.JPG      IMG_0135.JPG

A continuación, as educadoras agochamos varios obxectos non moi grandes para que as crianzas os atopasen remexendo. A verdade é que lles gustou moitísimo e repetían continuamente: “Outra vez, outra vez”.

IMG_0138.JPG      IMG_0133.JPG      IMG_0140.JPG

Abr 08

Nesta ocasión, os alumnos e alumnas da aula de 0-2 tiveron que traballar con imaxes, iso sí, moi próximas a eles/as para facer a actividade máis sinxela.

Nun primeiro momento, a educadora foi a encargada de irlles mostrando, unha a unha, as diferentes imaxes e explicando o que se vía en cada unha delas. 

    IMG_0027.JPG    IMG_0028.JPG

A continuación, as crianzas convertéronse nas protagonistas tendo que atopar, cada unha delas, a imaxe que a educadora lles pedía en cada momento. É incrible o ben que o fixeron todos/as.

IMG_0030.JPG   IMG_00341.JPG   IMG_0031.JPG

Por último, os nenos e nenas puideron observar e manipular libremente todas as imaxes. A verdade é que estiveron moi inxeniosos/as e graciosos/as nos comentarios que se dicían entre eles/as.

    IMG_0041.JPG      IMG_0038.JPG

Abr 07

Nesta sesión do obradoiro dos sentidos as crianzas descubriron, nun primeiro momento, o son dos instrumentos. Para isto, a educadora foi mostrándollos un a un e contándolles como había que facer para que soaran.

IMG_0017.JPG           IMG_0018.JPG
A continuación, os nenos e nenas manipuláronos libremente facéndoos soar.

IMG_0025.JPG           IMG_00241.JPG
Por último, todos/as xuntos/as acompañamos a canción “Pi, pi, pi, pita o longo tren” cos diferentes instrumentos seguindo o mellor posible o compás da música.

                        IMG_0034.JPG

Mar 15

Os tubos de papel hixiénico servíronnos esta vez para construir uns anteollos para descubrir un mundo de cores.

                              SENSION 4 VISTA (11).JPG

Pero as crianzas atoparon outro xeito de xogar co novo material. Fixérono rodar, metérono na boca, xogaron as espadas,…,en fin, deixamos que xogaran coa súa imaxinación. 

      SENSION 4 VISTA (8).JPG             SENSION 4 VISTA (27).JPG    

O mesmo pasou cando lle tocou o turno as follas de cores de papel transparente.

                                SENSION 4 VISTA (34).JPG

Mar 06

Na sesión de hoxe fixemos fincapé nos sabores das froitas que lles presentamos aos/ás nenos/as. Case todas coñecidas por eles/as: a mazá, o plátano, a ameixa, a pera e, para rematar, fixemos zume de laranxa.

Tivemos moita sorte de contar no obradoiro cun estupendísimo postre con peras feito, de xeito moi orixinal, pola nai de Xiana. 

O primerio que fixemos foi falar na asemblea do bo que é comer froita. Logo, mostramos láminas onde saían as súas imaxes. Tamén as tocaron e as uliron e, por último, deron boa conta delas. Aínda que algunhas froitas non tiveron o mesmo éxito, todos/as nenos/as quixeron probar parte delas.

DSCF5687.JPG     SESIÓN 3 O GUSTO (16).JPG     SESIÓN 3 O GUSTO (25).JPG

Por certo, o zume debía de estar boísimo porque Xoán aproveitou ata o do espremedor.

Mar 06

Hoxe tiñamos unha sorpresa na aula: unha caixa vermella con debuxos! Maite e Patri contáronnos que na caixa había unha sorpresa: unha morea de cousas distintas para tocar. Que ben, gústanos moito descubrir novos materiais! Había cousas suaves, duras, rugosas,…

                            IMG_4822.JPG

Mar 04
Hoxe comezamos a nosa andaina neste novo obradoiro que imos levar a cabo ao longo do curso. Con el pretendemos estimular de forma creativa e divertida as capacidades sensoriais das nosas crianzas. 

A actividade de hoxe consistiu na elaboración de instrumentos musicais empregando para iso diferentes materiais naturais (fideos, lentellas, macarróns,…) e botellas de plástico valeiras recollidas do noso punto de reciclaxe.

A verdade é que disfrutaron moito e sorprendeunos a estupenda motricidade fina das nosas crianzas. Mirade!

DSCF5317.JPG    DSCF5330.JPG      DSCF5321.JPG