Mai 19

A aula dos nos@s  maiores decidirin plantar, entre outras cousas, leituga. Primeiro deixaron que medraran un pouco antes de levalas a horta…

outro dia coa axuda das familias plantamos pementos e levamos as leitugas que xa estaban algo crecidas…mirarde que xeito de facer regos!!!

Mai 08

Hoxe este post vai adicado a unha escola veciña, a escola de FENE.

Teñen preparada unha exposición que pinta moi ben, e nunca mellor dito…asique dende aqui vaian os nosos parabens para FENE pola iniciativa e a vos animadevos a ir a vela..

as

Mai 08

A nosa hortiña xa está en marcha, agora tocalle o turno a Lourenzo as nubes (non moito mais, por deus) e as mangueiras.

Pero para levar a cabo o noso PROXECTO DE HORTA @s pequechos tuveron que traballar moito, si non o credes, mirade…

Antes de sair o xardín temonos que preparar. si fai sol poñemos as gorras e si o dia está algo pocho levamos as botas por si a terra está mollada

Alí antes de plantar traballamos un poco con pás, rastrillos e demais ferramenta…

E unha vez que a terriña esta en condicións…a poñer sementes ou plantar as plantiñas…

E despois a botar auga para que empecen a medrar cedo e colleitar amorodos, cenouras, patacas, xudias, leitugas e tomates…

Mai 06

O dia 16 de maio, festexaremos o dia das letras galegas e para iso estamos a preparar varias cousas.

Xa vos pedimos nas axendas que trouxerades a escola un anaquiño de tea branca onde podedes ecribir unha frase ou unha palabra que vos guste pero sempre en galego. Queremos coselas e facer unha bandeira das familias, asique si podedes traedea a tea antes do dia 9.

Imos interpretar o conto da Muiñeira de Chantada recollido no cd PELO GATO 24, no que o narrador é Paco Barreiro e Xurxo Souto pon voz a Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo. A historia céntrase no nacemento desa peza tan emblemática dentro do folclore galego.

e queremos contar con nais, pais, avós, avoas…e demais familias que queran vir tocar un instrumento tradicional galego. Ademais si Lourenzo o permite, imos facer unha romaria-foliada no xardín e para iso imos solicitar un cambio no menú para adaptalo a temática. Xa vos iremos contando.

Abr 30

Un mes mais aqui tedes os menús:

PURÉ

MIXTO

BASAL

MERENDAS

SIN LACTOSA