Arquivo de Marzo do 2012

Mar 31

Boas familias!! A continuación podedes visualizar o traballo de varios días para festexar “O día da árbore”. Unha das actividades xorde a partir dun artista chamado Ibarrola, que reflexa a súa arte mediante as árbores. Nun intento de representar esta forma de arte tan orixinal, realizamos os nosos propios árbores de Ibarrola. A continuación plantamos o cereixo o día da árbore, e para finlizar visualizamos nunha sesión de cine un video titulado “O bosque animado”.

ibarroladiadaarbore

Ademáis podedes ver neste video que se mostra a continuación, o obradoiro de sementes realizado na aula das bruxas. Tivo moito éxito!!!

videoobradoirosementes

Mar 25

Esta vez informamos dun contacontos con títeres e música en directo. Para os interesados, premer no enlace!!

dossier_contos_dende_a_xanela_galego

Mar 24

No seguinte enlace podedes consultar unha presentación da aula dos Mouchos (aula mixta), na que se documenta con imaxes e texto, todas as rutinas diarias, actividades e experiencias que se levan a cabo na escola. Esperamos que esta información sexa do voso agrado. Apertas.

presentacion-aula-mouchos

Mar 15

A continuación, se pinchades no seguinte enlace, poderedes atopar información acerca dunha nova emisora

chamada “Radio Baby”, que poderán escoitar e desfrutar os máis pequenos. Parécenos que é un recurso

novidoso que todos podemos utilizar!! Esperamos que vos guste!! Saúdos!!

Xa sei que é tarde para asistir ao evento, pero pode ser de moita utilidade!!!

radio-infantil

Mar 10

A No seguinte video mostramos a gran participación das familias na celebración do entroido!! Este ano

organizouse unha semana temática, que durou máis do previsto, na que cambiamos o noso aspecto de

diferentes formas moi divertidas. Esperamos que desfrutedes deste video que resume o traballo en equipo da

escola e as familias!! Gracias pola vosa colaboración, coma sempre!!!

entroido2012aresv

Nestes videos podedes ver, cómo animamos ás rúas de Ares, cós nosos disfraces e os nosos cantos!!!

salida-de-la-escuela

actuacionpacopapan

eusonunartista