Arquivo de Xuño do 2012

Xun 24

Boas familias!! Nesta ocasión, a aula das bruxas e a aula dos mouchos realizaron unha saída para visitar o colexio, ao que asistirán algúns nen@s, no próximo curso.

É un momento moi importante para eles, xa que deixan a escola á que asisten, nalgúns casos dende hai xa 3 anos, para comezar no cole dos maiores, entorno moi descoñecido para eles.

Pensamos que un contacto có colexio, xunto cós demáis compañeir@ e titoras, sería enriquecedor e lles proporcionaría unha certa seguridade no comezo do novo colexio.

Ademáis da visita ao colexio novo, desfrutaron xunto cós demáis nenos e nenas dun conto moi coñecido para eles e que lles gusta moito!! “A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS”.

Estas son algunhas fotografías, esperamos que vos gusten.

Xun 15

Moi boas familias!! Nesta ocasión mostramos a saída á praia de Ares coa “Aula das Rás” e a “Aula das Lúas”!!

Esta vez decidimos xuntar a saída da praia de final de curso, coa conmemoración do Día da Música, o cal adiantamos un pouco, xa que é o día 21 de xuño, pero nestas datas temos outras celebracións, como a festa de fin de curso, na que esperamos que participedes tod@s!!

Polo que este video mostra como puidemos desfrutar dun día estupendo, no que os nenos e nenas experimentaron cós diferentes recursos que  nos ofrece a praia, acompañados dun concerto musical de gaitas e tambores, e por suposto, unha boa merendola de zume con froita!!!

Ademáis, destacar unha estupenda imaxe de fondo, os mariscadores e  mariscadoras de Ares, que nos deleitaban mostrando unha profesión moi extendida na zona!!

Xa vedes que foi unha saída moi completa e enriquecedora, así como potenciadora de lazos afectivos e relacionais entre on nen@s, as familias e as educadoras!!

Esperamos que desfrutedes do video!!

Premede no enlace!!

saidaapraias

Xun 11

RECUNCHO SUPERMERCADO E SAÍDA AO MERCADO DE ARES

Como podedes ver nas fotos, esta vez tocounos unha actividade de xogo simbólico, onde desfrutamos de compras no super da galiña azul:

  • Primeiramente Alicia deunos a lista da compra.

  • Collimos as cestas e fixemos as nosas compras.

  • Pagamos.

  • Levamos cos carriños (que nos prestou unha nai…moitísimas grazas) a compra a Alicia.

Unha vez familiarizados có asunto, decidimos que os máis maiores fixeran unha saída ao mercado, onde unha vez alí nos dividimos en pequenos grupos para mercar: froita, verdura, peixe e flores…. como podedes ver nas fotos pasámolo en grande, e dende aquí queremos agradecer a aquelas familias que fan posible que estas saídas se leven a cabo, xa que sen a súa axuda sería imposible, e así mesmo agradecer a todas as traballadoras do mercado polo ben que se portaron conosco…seguro que para o vindeiro curso repetiremos!!

SAÍDA AO SUPERMERCADO DE ARES

Xun 03

Boas familias!! A continuación mostramos un enlace cara unha páxina na que vos axudan a atopar os contos que estades buscando.  Premede no enlace e introducide os vosos gustos ou intereses!!

http://www.tulabooks.es/