Xun 11

RECUNCHO SUPERMERCADO E SAÍDA AO MERCADO DE ARES

Como podedes ver nas fotos, esta vez tocounos unha actividade de xogo simbólico, onde desfrutamos de compras no super da galiña azul:

  • Primeiramente Alicia deunos a lista da compra.

  • Collimos as cestas e fixemos as nosas compras.

  • Pagamos.

  • Levamos cos carriños (que nos prestou unha nai…moitísimas grazas) a compra a Alicia.

Unha vez familiarizados có asunto, decidimos que os máis maiores fixeran unha saída ao mercado, onde unha vez alí nos dividimos en pequenos grupos para mercar: froita, verdura, peixe e flores…. como podedes ver nas fotos pasámolo en grande, e dende aquí queremos agradecer a aquelas familias que fan posible que estas saídas se leven a cabo, xa que sen a súa axuda sería imposible, e así mesmo agradecer a todas as traballadoras do mercado polo ben que se portaron conosco…seguro que para o vindeiro curso repetiremos!!

SAÍDA AO SUPERMERCADO DE ARES

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe