Escrito por carral, o 18 Maio 2012 14:08
O Antroido…
Escrito por carral, o 22 Febreiro 2012 22:24
Na semana do antroido todos os nen@s da escola de Carral viñeron disfrazados libremente o xoves día 16 de febreiro. Estaban todos guapísimos.. cada un no seu estilo.. aquí vai unha foto dos Magos, foi moi moi divertido!!.
Facemos rosquiñas de antroido..
Escrito por carral, o 15 Febreiro 2012 23:44
No antroido o importante é a troula, os choqueiros, o cocidiño pero como non as filloas e especialmente as Rosquiñas!! Pois os Magos de Carral decidimos poñernos mans á masa e facer un postre moi moi rico para todos… Misturamos fariña, ovos, azúcre, levadura, aceite e raiadura de limón… e como cousa de maxia fixemos unhas rosquiñas para chuparse os dedos… ensinámosvos un pouquiño do segredo…prestade atención:….
Os Magos de Carral proban as filloas con chocolate…..qué ricas!!
Escrito por carral, o 15 Febreiro 2012 22:08
Os nen@s da aula dos Magos comeron filloas con sirope de chocolate, un postre riquísimo.. Grazas a “Pura” por esas filloas tan ricas.
As aulas dos acróbatas e dos domadores xúntanse para ver “A galiña pita”
Escrito por carral, o 24 Xaneiro 2012 15:07
As FAMILIAS dos “MAGOS”..
Escrito por carral, o 22 Xaneiro 2012 02:04
Dada a importancia que teñen para nós as familias na escola, realizamos unha actividade cos nen@s para incluír ás mesmas no día a día da escola e mantelas na aula ó longo de toda a xornada ainda que so sexa de forma visual. Para eso pedimos a colaboración das familias traendo á escola unha foto de familia, os nen@s decoraron un fondo de cores para colocar nel as fotos de familia semellando as fiestras dunha casiña. Quedou preciosa… cada día os nen@s abren e pechan as fiestras da casiña cando senten desexos de ver ás súas familias ou cando deciden amosarllas ós compañeir@s.
Xa está aquí o inverno… e o frío tamén..
Escrito por carral, o 19 Xaneiro 2012 22:03
Co comezo do inverno temos que ser previsores para non pasar frío, polo tanto os Magos da escola de Carral xa comezaron a traballar coa roupa e complementos de inverno. A actividade principal foi vestirse e espirse solos, aprender vocabulario, partes do corpo e ademáis de un montón de cousas máis. Os cambios que se producen no contorno en canto a temperatura, cor, etc..
Chegou a Navidad a Carral
Escrito por carral, o 13 Decembro 2011 14:54
Uvas, granadas, mandarinas.. e momentos divertidísimos!!
Escrito por carral, o 9 Decembro 2011 15:04
A AULA DOS DOMADORES XA ESTÁ EN ACCIÓN
Escrito por carral, o 24 Novembro 2011 14:39
Superado o periodo de adaptación dos nosos novos compañeiros xa puidemos facer moitas cousas e empezar coas nosas rutinas, para que vos fagades unha idea ¡ahí van unhas fotos!






































