Arquivo de Xuño de 2011

Semanas do medio ambiente e a familia nas aulas de bebés

Escrito por carral, o 14 Xuño 2011 14:48

Na semana do medio ambiente  visitáronnos diversas mascotas que nos fixeron desfrutar moito como: uns paxariños, unha tartaruga e uns peixes.. a algúns gustáronnos moito e a outros asustáronnos..aínda así foi unha bonita experiencia… gustaríanos repetir!!

Na semana da familia como xa vos amosamos colaboraron moito con nós os papás e mamás facendo instrumentos, tamén trouxemos as familias á nosa aula,, e ainda seguen aquí.. como podedes ver…

AS MASCOTAS VISITAN A ESCOLA

Escrito por carral, o 9 Xuño 2011 09:10

As aulas de guitarra e violín recibiron a semana pasada a visita dos animaliños dos seus alumnos. Tivemos de todiño; cans, pitiños, tartarugas, coellos, gatos, páxaros, peixes que foron moi ven acollidos nas aulas. Algúns nenos fixeronse os valentes e outros xa eran moito máis atrevidos e tanto lles tiña que fosen pitiños, gatiños, páxaros etc que querían tocar, coller, xogar coas nosas visitas.. je,je,je…de seguro que algunhas visitas foron algo agotadiñas de xogar tanto. Outros puxeronse bastante tristes cando tiveron que deixar voltar para o fogar o seu animaliño.