Arquivo de Xaneiro de 2012
Escrito por carral, o 24 Xaneiro 2012 15:07
As FAMILIAS dos “MAGOS”..
Escrito por carral, o 22 Xaneiro 2012 02:04
Dada a importancia que teñen para nós as familias na escola, realizamos unha actividade cos nen@s para incluír ás mesmas no día a día da escola e mantelas na aula ó longo de toda a xornada ainda que so sexa de forma visual. Para eso pedimos a colaboración das familias traendo á escola unha foto de familia, os nen@s decoraron un fondo de cores para colocar nel as fotos de familia semellando as fiestras dunha casiña. Quedou preciosa… cada día os nen@s abren e pechan as fiestras da casiña cando senten desexos de ver ás súas familias ou cando deciden amosarllas ós compañeir@s.
Xa está aquí o inverno… e o frío tamén..
Escrito por carral, o 19 Xaneiro 2012 22:03
Co comezo do inverno temos que ser previsores para non pasar frío, polo tanto os Magos da escola de Carral xa comezaron a traballar coa roupa e complementos de inverno. A actividade principal foi vestirse e espirse solos, aprender vocabulario, partes do corpo e ademáis de un montón de cousas máis. Os cambios que se producen no contorno en canto a temperatura, cor, etc..







