Arquivos da categoría ‘AULAS’

CONCERTO DE VIOLÍN

Escrito por carral, o 3 Agosto 2010 13:30

O día 3 de agosto fumos obsequiados polo irmán de Brais, un dos nosos alumnos de 2-3, cun pequeno concerto de violín. Estivemos todiños moi atentos e caladiños.

Moitas grazas Jaider por ofrecernos o teu primeiro concerto con público, esperamos que segas así, moito ánimo.

BONECOS DE REFUGALLO

Escrito por carral, o 3 Xuño 2010 13:40

No nivel 1-2  levamos a cabo unha dinámica de aula moi divertida !!!!

Como lazo de unión entre o tema do corpo e o da familia aparecen no cole os bonecos de refugallo !!!  Todo comezou na escola e concluise no fogar.

Así foi… na escola fixemos botellas cheas de auga  de cores, primeiro botamoslle papeliños de celofan de distintas cores, despois coa axuda das mestras enchimolas de auga.

O mellor de todo foi a aportacion das familias !!!!   A través dunha circular con pequenas pinceladas, invitamos as familias a transformar as botellas … e  leváronnas para a casa, despois entre toda a familia crearon  nuns bonecos chulísimos !!! e como non  podería ser menos,  fixemos unha exposición.

¡Mirade, mirade…  que creativas son as nosas familias! … chulisimos !!! … menudos artístas !!!!