FESTEXAMOS O NADAL
Escrito por carral, o 3 Xaneiro 2011 18:50
No nivel 2-3 preparamos unaha obriña de títeres para celebrar esta festa, nela tivemos como personaxes a don violín e dona guitarra, asistiron tamén a este novidoso evento os nosos compañeiros do nivel 1-2. Estaban todos moi intrigados xa que era a primeira vez que viran o noso teatrillo, ademais tamén descubrimos que dona guitarra e don violín eran amigos dos tres Reis Magos, cantamos con eles a panxoliña de campana sobre campana.
Ademais como fin de festa, degustamos os doces de Nadal que trouxeron as familias da casa e bailamos.























