Arquivos da categoría ‘AULA TROMPETA (1-2B)’

AS FAMILIAS FAN INSTRUMENTOS

Escrito por carral, o 31 Maio 2011 19:15

Na escola durante a semana da familia propuxemos no centro que realizasen no fogar algún que outro instrumento, aproveitando así tamén a temática deste curso. Quedaron moi chulos, e incluso algún moi personalizado. Así que aproveitamos para facer unha exposición por toda a escola. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e imaxinación.

VISITAMOS A BIBLIOTECA INFANTIL

Escrito por carral, o 3 Maio 2011 18:41

Hoxe foi un gran día para as aulas trompeta, frauta, violín e guitarra xa que fixemos a nosa primeira saida do curso. Visitamos a biblio que está pretiño da nosa escola, so temos que cruzar a rúa e camiñar uns metros.

Os dous niveis estivemos moi atentos o conto que narrou Isa, a da biblioteca, sobre os animais, e despois curioseamos os contos que atopamos nas baldas. Gustaronnos moito os libros da biblioteca, e moitos de nós quedamos con ganiñas de levalos. Seguriño que nuns días temos algún deses na escola, para disfrutar todos xuntos coas súas historias.

Moitas gracias a Isa polo conto, e de seguro que en breve a biblioteca terá novos socios.

SEMANA DO LIBRO:”OS TRES PORQUIÑOS FALAN ALEMÁN”

Escrito por carral, o 2 Maio 2011 18:12

Durante estes días na escola fixemos diferentes propostas de traballo para celebrar esta semana: os nenos trouxeron contos da súa casa, as familias colaboraron na elaboración dun cancioneiro e como remate sorprendimonos cunha obra de títeres algo diferente. As educadoras coa axuda de Chus (a PSX) representaron para os niveis 1-2 e 2-3 os tres porquiños en alemán, sí, sí en alemán e aínda que non vos pareza estivemos moi atentos e queremos volver a repetir.

O ENTROIDO

Escrito por carral, o 14 Marzo 2011 19:30

Durante a semana do entroido na nosa escola o inicio da xornada foi toda unha sorpresa, cada un debía traer algún adorno (decoración) dalgunha parte do seu corpo. Así comezamos o luns ca cara para rematar o último día da semana, co noso disfraz completo. Animaronse moito todos incluso os máis pequeniños da escola; ademais como veredes a continuación algúns tomamonos moi en serio iso do disfraz, e actuamos como tal.

OBRADOIRO COAS FAMILIAS: ENTROIDO

Escrito por carral, o 25 Febreiro 2011 19:34

Este mercores e xoves fixemos un obradoiro coas familias, para preparar o disfraz do seu fil@, convidamos a aqueles pais que puidesen en horario de tarde, a achegarse o centro. A afluencia foi bastante boa, ademais o resultado foi moi creativo, e os nosos nenos seguro que van estar moi contentos, de que os seus pais lles fagan o disfraz da festa de entroido. Mirade canto traballaron, e moitos animos cos “deberes” a aqueles que non puideron asistir , que seguro que tamén nos sorprenderedes, tanto os vosos fillos como a nós.

FESTA NADAL

Escrito por carral, o 31 Decembro 2010 09:57

Como a nosa escola ten unha sala múltiple algo pequeniña dividimonos en niveis para poder celebrar as festas, así que os máis pequeniños da escola e os de 1-2 foron os primeiriños en celebrar a festa de Nadal.

Comeron lambonadas que trouxeron as familias da casa e tiveron a visita sorpresa dunha personaxe que todos recoñeceredes, quen sería?

FESTA MAGOSTO 2010

Escrito por carral, o 27 Decembro 2010 11:42

Xuntamonos as dúas aulas trompeta e frauta no patio da escola, maquillamonos a cara, xogamos coas follas do outono e como remate tomamos unhas castaniñas.