Arquivos da categoría ‘AULA VIOLÍN (2-3A)’
Escrito por carral, o 9 Xuño 2011 09:10
As aulas de guitarra e violín recibiron a semana pasada a visita dos animaliños dos seus alumnos. Tivemos de todiño; cans, pitiños, tartarugas, coellos, gatos, páxaros, peixes que foron moi ven acollidos nas aulas. Algúns nenos fixeronse os valentes e outros xa eran moito máis atrevidos e tanto lles tiña que fosen pitiños, gatiños, páxaros etc que querían tocar, coller, xogar coas nosas visitas.. je,je,je…de seguro que algunhas visitas foron algo agotadiñas de xogar tanto. Outros puxeronse bastante tristes cando tiveron que deixar voltar para o fogar o seu animaliño.
Publicado en AULA GUITARRA (2-3 B), AULA VIOLÍN (2-3A), Sen clasificar, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 31 Maio 2011 19:15
Na escola durante a semana da familia propuxemos no centro que realizasen no fogar algún que outro instrumento, aproveitando así tamén a temática deste curso. Quedaron moi chulos, e incluso algún moi personalizado. Así que aproveitamos para facer unha exposición por toda a escola. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e imaxinación.

Etiquetas:creatividade, FAMILIAS, instrumentos
Publicado en AULA FRAUTA (1-2 A), AULA GUITARRA (2-3 B), AULA MARACAS (0-1 A), AULA TAMBOR (0-1 B), AULA TROMPETA (1-2B), AULA VIOLÍN (2-3A), FAMILIAS, SAXOFÓN-GRUPO TARDES, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 24 Maio 2011 18:29
Nas aulas violín e guitarra convertemonos en pequenos pizzeros por un día. Por ser a nosa primeira pizza na escola a base xa viña feita, para darnos unha pequena axudiña, así que o que tiñamos que facer era extender primeiro a salsa de tomate, engadir o queixo e chourizo ademais adornámola con olivas e engadimoslle ourego. A pouquiños fomos a cociña a ver como se facían no forno da nosa escola. Como non, as pizzas estaban estupendas. Para a próxima, a ver se nos animamos a facer a masa.

Publicado en AULA GUITARRA (2-3 B), AULA VIOLÍN (2-3A), Sen clasificar, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 3 Maio 2011 18:41
Hoxe foi un gran día para as aulas trompeta, frauta, violín e guitarra xa que fixemos a nosa primeira saida do curso. Visitamos a biblio que está pretiño da nosa escola, so temos que cruzar a rúa e camiñar uns metros.
Os dous niveis estivemos moi atentos o conto que narrou Isa, a da biblioteca, sobre os animais, e despois curioseamos os contos que atopamos nas baldas. Gustaronnos moito os libros da biblioteca, e moitos de nós quedamos con ganiñas de levalos. Seguriño que nuns días temos algún deses na escola, para disfrutar todos xuntos coas súas historias.
Moitas gracias a Isa polo conto, e de seguro que en breve a biblioteca terá novos socios.

Etiquetas:biblioteca, contos, saida
Publicado en AULA FRAUTA (1-2 A), AULA GUITARRA (2-3 B), AULA TROMPETA (1-2B), AULA VIOLÍN (2-3A), EXCURSIÓNS E SAIDAS, Sen clasificar, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 2 Maio 2011 18:12
Durante estes días na escola fixemos diferentes propostas de traballo para celebrar esta semana: os nenos trouxeron contos da súa casa, as familias colaboraron na elaboración dun cancioneiro e como remate sorprendimonos cunha obra de títeres algo diferente. As educadoras coa axuda de Chus (a PSX) representaron para os niveis 1-2 e 2-3 os tres porquiños en alemán, sí, sí en alemán e aínda que non vos pareza estivemos moi atentos e queremos volver a repetir.

Etiquetas:conto, libro, titeres
Publicado en AULA FRAUTA (1-2 A), AULA GUITARRA (2-3 B), AULA TROMPETA (1-2B), AULA VIOLÍN (2-3A), curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 14 Marzo 2011 19:30
Durante a semana do entroido na nosa escola o inicio da xornada foi toda unha sorpresa, cada un debía traer algún adorno (decoración) dalgunha parte do seu corpo. Así comezamos o luns ca cara para rematar o último día da semana, co noso disfraz completo. Animaronse moito todos incluso os máis pequeniños da escola; ademais como veredes a continuación algúns tomamonos moi en serio iso do disfraz, e actuamos como tal.
Etiquetas:careta, disfraz, entroido
Publicado en AULA FRAUTA (1-2 A), AULA GUITARRA (2-3 B), AULA MARACAS (0-1 A), AULA TAMBOR (0-1 B), AULA TROMPETA (1-2B), AULA VIOLÍN (2-3A), SAXOFÓN-GRUPO TARDES, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 25 Febreiro 2011 19:34
Este mercores e xoves fixemos un obradoiro coas familias, para preparar o disfraz do seu fil@, convidamos a aqueles pais que puidesen en horario de tarde, a achegarse o centro. A afluencia foi bastante boa, ademais o resultado foi moi creativo, e os nosos nenos seguro que van estar moi contentos, de que os seus pais lles fagan o disfraz da festa de entroido. Mirade canto traballaron, e moitos animos cos “deberes” a aqueles que non puideron asistir , que seguro que tamén nos sorprenderedes, tanto os vosos fillos como a nós.
Etiquetas:disfraz, entroido, FAMILIAS, obradoiro
Publicado en AULA FRAUTA (1-2 A), AULA GUITARRA (2-3 B), AULA TROMPETA (1-2B), AULA VIOLÍN (2-3A), FAMILIAS, SAXOFÓN-GRUPO TARDES | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 3 Xaneiro 2011 19:49
No nivel 2-3 convidamos as familias dos nosos alumnos, para que xunto cos seus fillos decorasen unhas postais xigantes de Nadal. Os nenos estiveron moi participativos, tranquilos e colaboradores ; o peor foi o final xa que houbo algún que lle costou deixar marchar a papá e mamá. O resultado foi moi creativo e fixemos unha pequena exposición na rampa da escola. Moitas grazas a todos, os que ese día vos achegachedes pola mañá o centro a participar cos vosos fillos e con nós.
Etiquetas:familia, NADAL, obradoiro
Publicado en AULA GUITARRA (2-3 B), AULA VIOLÍN (2-3A), curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 3 Xaneiro 2011 18:50
No nivel 2-3 preparamos unaha obriña de títeres para celebrar esta festa, nela tivemos como personaxes a don violín e dona guitarra, asistiron tamén a este novidoso evento os nosos compañeiros do nivel 1-2. Estaban todos moi intrigados xa que era a primeira vez que viran o noso teatrillo, ademais tamén descubrimos que dona guitarra e don violín eran amigos dos tres Reis Magos, cantamos con eles a panxoliña de campana sobre campana.
Ademais como fin de festa, degustamos os doces de Nadal que trouxeron as familias da casa e bailamos.
Publicado en AULA GUITARRA (2-3 B), AULA VIOLÍN (2-3A), CELEBRACIÓNS E FESTAS, Sen clasificar, curso 10/11 | Non hai comentarios »
Escrito por carral, o 27 Decembro 2010 12:15
As aulas violín e guitarra celebramos a festa do magosto. Nas aulas os días anteriores fixemos unha coroa e ademais ensaiamos unha canción para cantar todos xuntos.
Doña castaña, doña castaña
ya no puede caminar
porque no tiene, porque le falta
el erizo para andar, cha, cha, cha.
Dada a situación as nosas mestras viñeron de velliñas castañeiras, ademais xuntos xogamos coas follas, bailamos e como non comimos algunha que outra castaña e doce.
Publicado en AULA GUITARRA (2-3 B), AULA VIOLÍN (2-3A), CELEBRACIÓNS E FESTAS, curso 10/11 | Non hai comentarios »