Arquivos da categoría ‘EXCURSIÓNS E SAIDAS’

VISITAMOS A BIBLIOTECA INFANTIL

Escrito por carral, o 3 Maio 2011 18:41

Hoxe foi un gran día para as aulas trompeta, frauta, violín e guitarra xa que fixemos a nosa primeira saida do curso. Visitamos a biblio que está pretiño da nosa escola, so temos que cruzar a rúa e camiñar uns metros.

Os dous niveis estivemos moi atentos o conto que narrou Isa, a da biblioteca, sobre os animais, e despois curioseamos os contos que atopamos nas baldas. Gustaronnos moito os libros da biblioteca, e moitos de nós quedamos con ganiñas de levalos. Seguriño que nuns días temos algún deses na escola, para disfrutar todos xuntos coas súas historias.

Moitas gracias a Isa polo conto, e de seguro que en breve a biblioteca terá novos socios.

OS DA TARDE VAMOS Ó CONTACONTOS

Escrito por carral, o 28 Marzo 2011 19:03

Preto da nosa escola abriu a biblioteca municipal infantil, e como somos pouquiños aproveitamos este venres para ir á sesión de contacontos todos xuntos. Estivemos moi caladiños escoitando o conto sobre a primavera, tamen cantamos e incluso algún atreveuse a participar na pequena obriña que se fixo ó final, fixo o papel de “cor amarelo”, e venceu con axuda a vergoña que tiña ó sair a escena. O rematar todo, regaláronnos un broche con forma de flor para levar de recordo a escola. Tamen levamos uns cantos contos para os nosos compañeiros, para así disfrutar de novas historias na escola, e así como funcionaba a biblioteca.

Moitas grazas a todo o persoal da biblioteca, e seguro que repetiremos esta saída.